Breve crítica de ¡Cásate Conmigo!
Debo comezar aclarando que ¡Cásate Conmigo! trátase dunha película que, sen pretender caer no machismo, pero sen poder ignorar a verdade, só as tías ou os tíos cun lado femenino moi desenrolado acaban vendo. Outros, como eu, facémolo polo simpre feito de acompañar a aguén que pertence a un dos grupos anteriores.
Esta "comedia romanticona" resúmese en 90 minutos de delirantes situacións subrealistas, incluso absurdas por momentos, que despertan a risa doada do espectador, que ante tal desplegue de situacións disparatadas (e as certas evidencias de falta de inxenio do guionista) non pode evitar esbozar unha carcaxada. Dende un comezo inverosímil, onde un rapaz, disfrazado de Cupido nun restaurante, provoca un infarto na súa moza cando lle pido que se case con él, ata o curioso desenlace... (que non vou desvelar), sucédense de forma frenética todo tipo de secuencias cómicas. Resulta un intento infructuoso de achegarse a outras comedias que fan da extravagancia e as situacións absurdas a súa identidade como a esperpéntica pero divertida "El gran lío" ou a fantástica "Airbag".
Sen ningunha outra pretensión que facer pasar un bo rato ao espectador, menosprecia os aspectos técnicos e presenta un guión simplón que a fai máis soportables que outras comedias románticas que buscando a trascendia acaban por resultar empalagosas e ata estridentes. A duración, 90 min, a falta de profundidade argumental e a intepretación dos excéntricos persoaxes nas subrealistas situacións propostas polo guión é, sen dúbida, o máis destacado do film.
Para finalizar, ensalzar a labor dun reducido, pero suficiente, reparto que da vida aos extravagantes persoaxes da película. Este grupo de actores pouco coñecidos, excepto Jason Biggs (American Pie), ao que acompañan Isla Fisher, Joanna Gleason, Edward Herrmann, Joe Pantoliano, Chris Diamantopoulos, Margo Martindale, ... ofrécennos unha interesante interpretación que logra transmitir as excentricidades dos estrafalarios persoaxes plantexadas inicialmente sobre o papel. Destacan especialmente Edward Herrmann e Margo Martindale, como proxenitores pervertidos.
4 comentarios:
Se Maria te quere levar a este tipo de pelis... ¿ti non colles a indirecta?
Estas a tempo de pedirlle matrimonio na cena do mercores...
Jajajajaja, non quero roubarche protagonista na túa noite, sería moi feo pola miña parte...
Nada... eu feliz de que me robes protagonismo. Mentras ti lle pides matrimonio eu poido ir tranquilamente a potar os chupitos de absenta o baño sen que ninguen se decate :P
Estou encantado de que te preocupes , pero se nos prometemos tan pronto, a voda vaite pillar en Beijing... e eso non podo permitilo.
Publicar un comentario