martes, 25 de septiembre de 2007

Vantage Point

Atrapado no halo de fantasía e misterio do universo Lost, onde todo ten un significado, onde existe unha conexión entre os elementos que o compoñen e que presentan un destino rexido por unha única ecuación que desafía a máis poderosa fé, esta mañá comecei a sumerxirme de novo neste apaixoante universo a través doutro sistema enormente intrincado, o seguimento de links en internet. Deste xeito atopei algo que despertou a miña curiosidade.

Recurrindo a un recurso literario moi figurativo, da mesma maneira que en Lost, por arbitarias que parezan, existen relacións entre todo, tamén existe un conexión entre este parafraseo inútil e o título da entrada. E neste caso resulta tan sinxela como que un dos protagonista da película "Vantage Point" é o noso amigo Matthew Fox, actor encargado de interpretar o persoaxe de Jack Shepard en Lost. Semella deste xeito que Matthew decidiu dar o salto a gran pantalla con esta película, aroveitando o parón entre a rodaxe da terceira e a cuarta tempada de Lost.

En canto a película, observando o argumento e vendo o trailer, semella que vai a convertirse noutro thriller máis de acción, tan fácil de dixerir polos espectadores como de olvidar por éstos mesmos en poucas horas. A acción desenrólase en Salamanca, onde o presidente dos EEUU (¿de visita?) sufre un atentado que será narrado dende diferentes puntos de vista. O reparto está encabezado por Dennis Quaid, ven secundado por Matthew Fox, Forest Whitaker, gañador este ano do Oscar á mellor interpretación, e Sigourney Weaver. Tamén aparece no reparto Eduardo Noriega, encargado de dar o toque español á película. Aquí podedes ver o trailer do film que se estreará en EEUU o día 15 de Febreiro.



Como supoño que apreciaredes polo trailer, esta película non parece ofrecer máis reclamo que ver a Matthew Fox que, a pesar da posible falta experiencia, destaca pola súa máis que loable interpretación en Lost, a pesar das limitacións que ofrece un persoaxe como Jack. E por suposto o atractivo de ver volar polos aires a Plaza Mayor de Salamanca e as persecucións, tiroteos e explosións por toda a cidade, recreada a gran escala para a rodaxe do film.

PD: Sinceramente, unha das cousas que máis me chama da película é ver como cometen algunha "garrulada", estilo Mision Imposible II.

No hay comentarios: