Etimoloxía da expresión "echar un polvo"
Nun dos habituais descansos que acostumo a facer durante a miña xornada laboral, atopeime cun blog moi interesante onde destaca un artículo sobre a etimoloxía dunha expresión que utilizamos con enorme frecuencia, "echar un polvo". Realmente, ata que me atopei por puro azar (que conste que non estaba buscando nada relacionado) con este artículo sobre a procedencia desta expresión, nunca me plantexara tal cuestión trascendental, aínda que despois de comezar a lelo, despertoume enorme curiosidade. Polo que espero que teña ese mesmo efecto en vos.
Podedes acceder ao artículo completo no blog, Tradición Clásica, pero aquí resumo aqueles aspectos que nel se mencionan.
As primeiras referencias históricas que falan da utilización desta expresión, coa connotación sexual coa que actualmente se utiliza, datan de principios do século pasado, xa que aparece recollida esta acepción na Enciclopedia Espasa, na súa edición de 1922; e xa antes, no diccionario de léxico malsoante de L. Besses, Diccionario de argot español. É lóxico pensar, polo tanto, que esta aceptación polos diccionarios da época estivera motivada pola xeneralización da expresión durante mediados do século XIX.
A explicación sobre as orixes desta palabra non parecen estar demasiado claras, aínda que no artículo plantéxanse varias posibilidades que, dende o meu punto de vista, representan intentos bastante coherentes de ofrecer un explicación acerca desto. O creador dese blog, Gabriel Laguna, apunta a que a orixe está na fórmula litúrxica, Memento homo, quia pulvis es, et in pulverem reverteris, "Recuerda, hombre, que eres polvo, y que al polvo regresarás". Esta fórmula frecuentemente é parafraseada como "Polvo somos, del polvo venimos y en polvo nos convertiremos". A partir de este punto semella inmediato establecer a equivalencia entre polvo e acto sexual, xa que éste último supón a orixe da vida, e polo tanto determina a nosa procedencia, no mesmo sentido en que do polvo procedemos.
Esta explicación resulta sobradamente convincente, basada na interpretación histórica da palabra polvo, aínda que nos propios comentarios do artículo se poden ler outras explicacións gratamente inxeniosas. Nunha delas relaciónase a expresión "echar un polvo" co tabaco (de ahí que,logo de levar a cabo o acto que suxire a expresión, moitos opten por fumar). No comentario explícase que esta expresión facía referencia nun principio a "echar tabaco pols o rapé" sobre a man para logo aspiralo; pero esta extendida costume de “echar el polvo” en certos salóns, onde os nobles dialogaban íntimamente sobre o divino e o humano, foi tamén aproveitada para outras actividades máis placenteiras.
Incluso se fala de que "echar un polvo" ten que ver coa palabra latino polluo, que significaba manchar, ensuciar, e establecendo unha sinxela asociación, basada nos típicos remilgos morales que conleva o acto sexual, máis acentuados nas épocas nas que se centra a xeneralización desta expresión, resulta sinxelo obtener unha nova referencia respecto á súa orixe.
P.D: As últimas tres entradas fan referencia a temiñas un pouco salidos de tono, debe ser que se está a acabar o verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario