miércoles, 5 de septiembre de 2007

Acerca de Lost

Resulta incuestionable o éxito acadado pola serie de televisión Lost, da cadena estadounidense ABC (como Anatomía de Grey), en tódolos países nos que se emite, chegando a convertirse en escaso tempo en prácticamente unha serie de culto. Ante esta avalancha, foime imposible resistir a tentación de comprobar cos meus propios ollos se estaba xustificada tal devoción. É teño que afirmar con placer que quedei gratísimamente sorprendido, maravillado e totalmente enganchado ao universo creado por JJ Abrams e Damon Lindelof (e polos guionistas).

Trátase dunha serie fresca, innovadora, orixinal na que, a pesar de manter unha estructura idéntica para cada un dos capítulos que conforman as 3 tempadas xa emitidas, supón un reto constante apartar os ollos da pantalla. Cada capítulo é, se cabe, máis interesante, máis intenso e presenta maior intriga que o anterior, rodeando todo dun ambiente de misterio e dunha incertidume que por momentos resulta maxistral. Todo esto fai que Lost se convirta nunha serie adictiva, por intres desconcertante e definitivamente apaixoante de inicio a fin.

Como sabedes, a trama inicial da serie relata a historia dun grupo de superviventes dun accidente de avión que, tras o accidente, comviven nunha isla que agocha un incontable número de segredos que, pouco a pouco, se irán revelando segundo avanzan os capítulos e as tempadas. A simpre vista, o argumento parece sinxelo e non excesivamente orixinal pero, sen embargo, o posterior desenrolo da acción proporciónanos unha trama repleta de todas esas cualidades que enunciaba anteriormente.

A estructura de cada capítulo é fixa. Preséntase un flashback dalgún dos individuos que pululan pola isla máxica na que acabaron os supervivente do accidente aéreo e, dunha ou doutra forma, enlázase coas diversas experiencia as que ten que facer fronte ese personaxe na isla. Estos flashback permítenos coñecer detalles relevantes ou non (en Lost é imposible saber nada) sobre a súa vida antes de sufrir o accidente. Todos e cada un dos personaxes, atormentados na súa vida fóra da isla, teñen así a oportunidade de comezar unha "nova vida" na isla máxica, onde hai osos polares nun clima tropical, mostruos "invisibles", enerxías ocultas rexeneradoras, cabalos negros, persoas reales mortas, vivas, persoas imaxinarias e seguramente a filla de Albano y Romina, Elvis, Luck Skywalker, Goku, ...

Como podedes apreciar é importante distinguir entre orixinalidade e sucesión de "fumadas". Ata o de agora Lost pende dun fío moi fino, xa que, cada nova idea "extravagante", ven normalmente sucedida por unha explicación, en ocasións pouco convincente, e logo por unha nova "fumada" e así sucesivamente. Confío en que chegue un certo punto de inflexión, a partir do cal se resolvan de xeito coherente as arriscadas apostas plantexadas e se retome unha liña argumental máis próxima a realidade que coñecemos, ou senón que se abandone por completo toda lóxica e todos quedemos coa boca aberta.

Un dos aspectos máis forte de Lost é a consistencia dos personaxes da serie, se ben aquí habería que facer unha aclaración. Non se trata, para nada, dunha serie coral, senón, máis ben, dun protagonismo repartido entre uns poucos principais. E logo os secundarios que, en moitas ocasións, parecen ser máis un recheo para completar a trama que ter un importante peso na historia. No caso dos protagonistas absolutos, destacan as interpretacións de Josh Holloway como Sawyer e Terry O'Quinn como John Locke, sen quedarse atrás, Evangeline Lilly como Kate e Matthew Fox como Jack, se ben os personaxes destes dous últimos semellan máis convencionais. E no caso dos secundarios destacar a interpretación de Naveen Andrews como Sayid.

Recoméndovos "encarecidamente" que comecedes a ver Lost, dende o primeiro capítulo. Na primeira tempada quedaredes totalmente desconcertados segundo avance a súa estadía na isla e necesitaredes, sen remedio algún, devorar capítulo tras capítulo ata alcanzar o espectacular desenlance. Debedes saber que, chegados a este punto, atoparédesvos xa nun punto de non retorno e sen vontade para abandonar a serie. Disfrutaredes do xenial comezo da segunda tempada coa aparición de novos persoaxes (impresionante Henry Ian Cusick como Desmond), e desta forma chegaredes a un certo estancamento da serie que rápidamente é olvidado gracias ao apaixoante deselance da segunda tempada e inicio da terceira. É aínda queda o mellor por ver.


PD: Preferiblemente en inglés subtitulada.

No hay comentarios: