martes, 11 de septiembre de 2007

Tradicións nas vodas

Este fin de semana tiven a oportunidade de asistir a unha voda en Portugal. Ante esta nova experiencia, comezou a aflorar un sentimento de curiosidade por ver se a ceremonia e as tradicións propias das vodas galegas se mantiñan noutros países. Puiden comprobar que ambos eventos comparten a maioría de tradicións, se ben a ceremonia varía un pouco (son moi cantaríns os portugueses).

Unha das tradicións que máis me chamou sempre a atención foi a de tirar arroz aos noivos cando saen da igrexa. Sempre me preguntei cal sería a súa orixe e se ten algún significado particular. Se tedes as mesmas inquedanzas, aquí vos ofrezo as respostas.

Está tradición ten a súa orixe en Oriente, onde abundan os cultivos de arroz, converténdose este cereal no alimento base da súa dieta. Por iso, o arroz é considerado como un símbolo de prosperidade e fertilidade. A costume de tirar arroz aos noivos foi introducida en Europa na Idade Media, expresando desa forma o desexo de prosperidade e fertilidade para os recén casados. Na actualidade, ademais de arroz é común tirar tamén pétalos de rosa, que simbolizan o anhelo dun futuro doce e pleno.

Buscando información referente a esto atopeime con outro dato curioso. ¿Por qué se chama lúa de mel? Neste caso a orixe atópase en centroeuropa. Antigamente, os teutóns só celebraban vodas durante a lúa chea e ademais os noivos tiñan que beber licor de mel (unha bebida fermentada de mel coñecida como augamel) nos 30 días que seguían a la boda. Esta tradición perdeuse co tempo pero, sen embargo, perdurou o nome para referirse o intervalo de tempo posterior a voda, na que os noivos disfrutan do seu recente matrimonio. O único que varía é a forma na que disfrutan, aínda que non vexo inconveniente en que se poidan combinar ambos deleites: descansar 15 días nun lugar paradisíaco, entregándose aos placeres físicos, e bebendo licor de mel.

3 comentarios:

Peque dijo...

Tanto falar de tradicións nas vodas... non andarás pensando en casar,non?

Pareceriame fatal se Maria e ti casades mentras eu estou en Pekín.

Se tal, podedes ir facendo outras cousas antes da boda, como ter un cativo, que eu quero ser padriño! :P

Peque

Anarky dijo...

Creo que agora non teño tempo nin para casarme nin para coidar dun cativo (o blog que me gasta moito tempo). De todas formas non te preocupes que, a menos que te quedes a vivir bastante tempo en Pekin, porderas asistir. Con respecto o tema do padriño, creo que o neno vai unha colección de padriños para recibir unha adecuada educación social.¡Pobre neno, entre eu, ti, David, Carlos, Dario, ..., está condenado!

Peque dijo...

Penso que coa educación que lle vamos dar o cativo os respectivos individuos, sairá presidente dos Estados Unidos, ou actor porno.

Se sale pequena... vai salir moi desviada a cativa. Pobre!