miércoles, 19 de septiembre de 2007

Selección española de baloncesto

Durante as dúas últimas semanas disputouse en Madrid, do día 3 ao día 16 de Setembro, o Campionato de Europa de baloncesto. Gracias a canles que apostan plenamente polo deporte, como a Sexta, puidemos disfrutar dun fermoso espectáculo e de apaixoantes partidos con finais vibrantes entre as mellores seleccións do vello continente. A única mala nova foi que a selección española non puido completar o dobrete tan ansiado e que durante semanas semellou tan preto, xa que perdeu na final do domingo fronte a Rusia por un apretado 60-59.

É evidente que a conquista da prata supoxo un importante revés nas esperanzas que todos os aficionados tiñan depositados na consecución do ouro. Sen embargo, esto non motiva crítica algunha para xogadores ou equipo técnico, senón todo o contrario; é obrigado recoñecer a súa valía e o seu esforzo por encumbrar a España a un lugar, no mundo do baloncesto, co que fai uns anos non se atrevían a soñar; é preciso loar o traballo deste conxunto de persoas que conseguiron, encontro tras encontro, unir, emocionar e facer soñar a unha afición tan acostumada ao fracaso no deporte rei.

A pesar da derrota na final, a afición española, lonxe de darlle a espalda ao equipo (non como algúns medios), seguiu a brindarlle o seu cariño e a demostrarlle o orgullo que sinte por poder disfrutar dunha selección coa que, por fin, se sinten totalmente identificados e que, espero, seguirá a brindarnos moitos éxitos durante bastantes anos.


Analizando o Eurobasket, podemos sacar varias conclusións. Por un lado, o equipo español ofreceu unha sensación de enorme superioridade fronte aos restantes rivais. Nunha primeira parte do campionato pecou de exceso confianza e, case se podería dicir, de exceso de "chulería". A partir da inesperada derrota coa sempre impredecible Croacia, o equipo asentouse e pareceu ofrecer a súa mellor cara contra os equipos, en teoría, máis potentes en Europa, coma Grecia ou Rusia. E dunha maneira case imperceptible xa estaba clasificada como primeira de grupo para cuartos de final.

E dese xeito chegou o partido decisivo, aquel que determina se vas a loitar polas medallas ou caes no olvido, independentemente de todo o que acadeses previamente. No mellor partido da selección no campionato, humillamos á Alemania de Nowitzki e volveu a crecer o noso ego e a sensación de que non era preciso xogar, que o codicioso metal xa estaba asignado. Grave erro que nos puido costar moi caro nas semifinais, pero unha desafortunada Grecia non puido aproveitar a desfachatez que a selección española demostraba, en certos momentos dos partidos, co rival, e que se veu convertindo na tónica xeral cando o noso ego pasaba por riba da confianza. Momento difícil salvado e España na gra final.

Chegou o domingo e logo da "inquietante" carreira de fórmula 1, España enteira comezou a prepararse para celebrar o título de campiona de Europa, moito antes de xogar, namentres pasaba olímpicamente da histórica conquista dese mesmo título en voleibol. Sen embargo, as victorias hai que certificalas na area do Coliseo, pero Espartaco Reyes e o resto de gladiadores españois non foron capaces de impoñer o seu xogo rápido, vistoso e eficaz, quizais moi atenazados pola presión. Aínda que pareza íncrible, os xogadores son seres humanos e teñen que facer fronta a presión das grandes citas. E por máis íncrible que pareza, este conxunto de 12 xogadores non está demasiado acostumado a afrontar esas grandes citas, e moito menos partindo como grandes favoritos con todo un país festexando por anticipado o seu éxito, e aínda menos sendo os afitrións cunha afición hambrenta de títulos. Non había máis que mirar para Pau Gasol, "a gran estrela", como lle tembraban as súas mans cando tiña que tirar os tiros libres decisivos. En toda esta mar de dúbidas españolas, unha "resacosa" Rusia pescou unha victoria con moita sorte e cun halo de intriga.

Polo tanto, resumindo, España subcampiona de Europa. Como nova positiva, que esta selección posúe un enorme talento e ano tras ano segue a madurar e a asentarse. Como nova negativa, ademais do evidente inconveniente de non conquistar o ouro, que estas cousas marcan aos deportistas, perduran no seu recordo e aparecen cando o xogador ten que volver enfrontarse a unha situación onde antes fracasou. Ogallá cheguemos á final dos xogos e non teña que acordarme desta frase.

Non me gustaría rematar o comentario sen meterme un pouco coa afición española de baloncesto, esa afición que se multiplicou desque España conquistou o ouro o ano pasado en Xapón, e que antes non sabía que se podía xogar unha pelota coas mans. Ante tanto fracaso futbolístico e indiferencia por outros deportes nos que España tamén triunfa como selección (ou sexa, en todos menos fútbol: balonmano, fútbol sala, hockey, waterpolo e agora voleibol), decidiu volcar as súas ilusións no deporte da euforia.

Sen embargo, resulta que, ante calquera revés, surxe a vea futbolera do aficionado español e deixa de animar, e súmese na certeza do fracaso (demasiados anos de fútbol). Cando España máis necesitaba do apoio da súa afición, ésta enmudeceu para agravar a agonía na que estaba sumerxida a nosa selección, alí polo terceiro cuarto da final. En lugar de encher o pavillón cos seus cánticos de ánimo cando atacaba España e enxordar cos seus silbidos aos rusos, o silencio apoderouse da final e acompañounos ata a derrota. En lugar de presionar aos árbitros para conseguir, nos momentos decisivos, favoritismos, decidiu dar o beneplácito ao "pésimo" arbitraxe realizado por éstos. Con esto non quero dicir que nos pitaran en contra, senón que non nos pitaron "escandalosamente" a favor, como ocorrería en outros países como Grecia ou Turquía, onde unha afición apaixoada é capaz de desmoralizar ao rival, levar en volandas aos seus e, se todo eso non chega, acobardar (ou case mellor "acojonar") aos colexiados, quenes saben que, como non piten tirando para casa, non saen do pavillón, (se non se poñen a tirarlles de todo antes). Ogallá aprendamos un pouco, tampouco sen chegar a certos extremos, xD.

No hay comentarios: