viernes, 30 de octubre de 2009

Awesome

Posiblemente un dos momentos máis grandiosos e divertidos da televisión, cando menos no que respecta as series de comedia dos últimos anos. Sitúovos: capítulo 14 da cuarta tempada de How I met your mother, titulado The Possimpible.

Robin, de orixe canadiense, está a piques de ser enviada de volta a Canadá porque perdeu o seu traballo de presentadora de noticias nunha canle local. Precisa atopar un traballo en poucos días antes de que venza o seu visado de traballo. Cando lles ensina o seu videocurrículum ao resto do grupo, Barney decide amosarlle un auténtico videocurrículum awesome. Disfrutade desta verdadeira xoia de 2 minutos e 11 segundos:




Barney: "All my life I have dared to go past what is possible"
Voz-Off: "To the impossible?"
Barney :"Actually, past that. To the place where the possible and the impossible meet to become the possimpible".
.....
Barney: "Nothing and everything is possimpible".

Na páxina web http://www.barneysvideoresume.com podedes ver un resumo do videocurrículum en calidade awesome. E nesta outra páxina podedes vistiar o divertidísimo blog de Barney Stinson.


THAT GUY'S AWESOME !!!!!!

miércoles, 28 de octubre de 2009

Real triplete

O 2 de Maio de 2009 será unha data difícil de esquecer para tódolos aficionados do Real Madrid, despois de presenciar como un dos equipos máis mediocres da historia do Madrid era aplastado, no seu propio estadio, por un dos equipos máis brillantes da era moderno do fútbol, o seu eterno rival, que lle infrinxía unha contundente goleada (2-6) e que lle daba un baño de xogo, para deixar sentenciada a liga 08-09. Se nos remitimos á diferencia de calidade que existía entre ambos equipos e, especialmente, a mellor preparación táctica, a sensación de equipo e de saber a que xogaba que transmitía o Barcelona, o resultado, sen deixar de ser abultado, entra dentro do posible. O que non ten ningunha explicación lóxica, nin xustificación, é o que aconteceu onte na ida dos dezaseisavos de final da copa do rei.

O mellor clube da historia do fútbol, a plantilla máis completa da liga, a entidade que gastou 260 millóns de euros en fichaxes galácticas, o equipo que busca a exelencia no xogo a base de talonario, o equipo que quere gañar o triplete, ... foi humillado, ridiculizado e desprestixiado por un humilde conxunto da segunda división B, o Alcorcón. Un equipo que conta cun presuposto de 1 millón, fronte aos 400 do Madrid, cantidade que non daría para pagarlle nin un mes a Cristiano, e que xoga nun estadio con aforo para 3000 persoas (Estadio de Santo Domingo). Para esta vergonzosa derrota non existe xustificación posible, nin os árbitros, nin as rotacións, nin o villarato, nin o entrenador, nin que sigan sen un esquema de xogo definido, nin as lesións, nin tan sequera o bruxo Pepe. Sinxelamente, VERGONZOSO.

As portadas dos principais diarios deportivos españois resumen a perfección o que se viviu onte no modesto campo do Alcorcón e quedaran para a historia:

O 27 de Outubro de 2009 pasará a ser outra data que, seguramente, lles gustaría esquecer aos desencantados aficionados madridistas. Fronte ao famoso triplete que acadou o FC Barcelona a tempada pasada, o Madrid pode presumir do seu particular triplete en 2009: o 4-0 de Anfield, o 2-6 no Santiago Bernabéu e o 4-0 fronte ao Alcorcón na noite de onte.

lunes, 26 de octubre de 2009

Agora (y III)

Terceira e prometo que derradeira entrega da enciclopedia que me estou a escribir sobre a nova película de Alejandro Amenábar. Logo de analizar no post anterior algúns dos aspectos clave, como a profundidade das persoaxes principais ou as confrontación relixiosas que tiveron lugar en Alexandría, vamos a intentar cerrar esta crítica comentando outros dos puntos fortes que se tratan na película e que contribúen a convertir a Ágora nun excelente film, máis tendo en conta como está a industria do séptimo arte.

Astronomía:
Hipatia, a filósofa máis famosa de Alexandría nesa época, aparece como unha muller racional, intelixente, continuamente intrigada por entender cómo funcionan as cousas que a rodean, obsesionada por atopar unha explicación lóxica para descifrar os misterios do universo. Cegada polas ensinanzas que pregoaron os sabios da grecia clásica durante séculos, basadas nun modelo ególatra que sitúa a Terra como o centro inmóvil do universo sobre o que xiran os demais corpos, describindo órbitas circulares, acepta o modelo de Ptolomeo como a xustificación máis plausible para explicar, de maneira global, todo o que acontece no universo. Un modelo que lle confire unha esencia máis armoniosa, centrado no círculo, símbolo da perfección e da divinidade, pero que presenta sustanciais incoherencias con algunhos fenómenos que se podían observar habitualmente, como os movementos dos planetas Venus e Mercurio, ou a variación de tamaño do Sol segundo a época do ano.

Estas contradiccións faran que Hipatia se cuestione a exactitude do modelo xeocéntrico e inicie a búsqueda dun modelo máis lóxico que permita explicar, de forma máis sinxela e racional, o que se pode observar no ceo de Alexandría. Esa búsqueda vaina levar a desempolvar as hipóteses de Aristarco de Samos, un dos filófosos teóricos antigos que máis me chamaron a atención dende sempre. Un home que foi capaz de obviar as conviccións socias da súa época e plantexar un modelo heliocéntrico no que o sol era o centro e o resto de planetas xiraban entorno a el seguindo unha órbita circular. O interesante de Aristarco, ademais de ir en contra da pensamento popular, é que foi capaz de imaxinar un universo heliocéntrico 20 séculos antes de que Nicolás Copérnico demostrara empíricamente que a Terra xiraba ao redor do Sol, coa significativa desvantaxe de que os aparellos empregados por Aristarco eran sensiblemente máis rudimentarios e menos precisos que os empregados polos astrónomos do século XVI.

Hipatia, seducida polo heliocentrismo, comeza a afastarse das irracionais crenzas paganas que a acompañaron ata ese momento e das erróneas ideas herdadas ao longo da historia, para buscar probas que corraboren as súas revolucionarias teorías. Eses plantexamentos contrarios á fé cristiana e a súa negativa a aceptar os preceptos e aseveracións que nela se predican, convírtena nunha perigosa enemiga do obispo Cirilio, quen non dubidará en acusala públicamente de muller impía e de feiticeira, o que desencadeará o seu asasinato a mans da obediente masa parabolana. Un feito que se repetiu ao longo de toda a historia con outros librepensadores, físicos, astrónomos, ... que foron asasinados por soster ideas contrarias ao dogma cristiano.

Resulta especialmente conmovedora a escea onde, unha exaltada e feliz Hipatia, tenta explicarlle, de forma sinxela, ao seu sorprendido axundante a razón pola que se ve o Sol con diferentes tamaños en diferentes épocas do ano, debuxando unha elipse sobre a area que emula a órbita que describe a Terra. O mesmo acontece coa escea da morte desta brillante muller, satisfeita por comprender un pouco mellor a realidade que a rodea, é asasinada a mans do escravo Davo, quen evita desa forma o posterior sufrimento que lle pretendían infrinxir os misericordiosos parabolanos.

Algunha das frases que xa pasaron a formar parte da historia do séptimo arte:
"Debemos ver el mundo tal y como es. Dejemos atrás las ideas preconcebidas".
"Te das cuenta de que podemos ser las dos únicas personas en el mundo que saben que ahora mismo se están moviendo".
"El círculo, la figura más perfecta, no es más que una elipse en la que sus dos focos principales se han acercado tanto que forman uno sólo".

Ágora preséntase como unha crítica feroz contra os fanatismos relixiosos e condena a irracionalidade das súas accións. Busca eloxiar as virtudes humanas através da filosofía e da ciencia encarnadas na figura dunha muller intelixente, brillante e que cuestiona o pensamento popular imposto, basado na minupalación exercida por uns poucos.

Ambientación:
Para todos aqueles que caemos presos da maxia da cidade de Alexandría, Ágora permítenos pasear polas súas rúas, sobrevoar o seu Faro, unha das sete maravillas do mundo antigo da que apenas se conservan restos, visitar a súa impoñente Biblioteca e o Serapeo, disfrutar dos seus templos ou da súa ágora, ... Disfrutar da recreación da Alexandría do século IV d.c. na gran pantalla supón todo un luxo, difícil de expresar con palabras. Amenábar combina hábilmente planos impregnados por unha intensa e, por momentos, sublime luz cando Hipatia contempla a cidade dende o alto dun edificio e Alexandría se extende aos seus pés, o que realza o seu misterioso encanto, con planos escuros das zonas máis sombrías dos templos paganos, da Biblioteca, do Serapeo, ... que contribúe a enfatizar os claros e escuros que se vivían nesa época de decadencia cultural. Independientemente da polémica xerada pola vehemencia coa que a película ataca o suposto fanatismo cristiano, resulta incuestionable a brillantez que acada en tódolos aspectos técnicos.

Outro tipo de recurso moi utilizado por Amenábar, ao longo de todo o film, son os planos nos que progresivamente nos vamos alonxando da Terra ata que ésta se perde na inmensidade do universo. Aínda que nun principio non acaba de entender o seu próposito no conxunto da película, segundo avanza a trama, a sensación de inmensidade do universo fronte a insignificancia da trascendencia humana e a imposibilidade de comprender os seus recónditos segredos faise máis presente e esta sucesión de planos reforzan esa idea.

Aínda que Ágora non se pode definir estrictamente coma unha película de acción, as violentas loitas que tiñan lugar entre os diferentes colectivos relixiosos, nesa época tan convulsa, conforman unha peza esencial dentro do conxunto total do film. Á hora de rodar estas esceas, Amenábar decide apostar por dotalas dunha maior sensación de realismo, evitando abusar do retoque por ordenador tan común neste tipo de films pseudohistóricos, conseguindo ademais que eso non supoña unha pérdida sensible de espectacularidade.

O resultado final é un apaixoado retrato dos violentos episodios vividos en Alexandría, narrados cunha desgarradora crudeza, e acompañando cada un destos momentos pola tradicional banda sonara épica que tanto gusta no cine americano, e que axuda a crear unha atmósfera máis vibrante e emocionante para o espectador. Desta forma, Amenábar da un paso ao fronte e, ademais do seu habitual coidado polo detalle en cada plano, decide impregnar o seu cine dunha forte compoñente emocional que se fai máis presente no relato a medida que se acerca o desenlace do film.

Valoración personal: 8.0

PD: Para pechar definitivamente esta crítica, mencionar dous pequenos apuntes sobre algunhas das críticas que escoitei nada máis saír do cine. A pretensión de Ágora non é mostrarnos unha fiel descripción da historia, senón que podemos dicir que pertence a ese xénero que me gusta denominar pseudohistórico porque colle elementos da historia coñecidos e verídicos e confecciona unha historia de ficción entorno a eles. Polo que non se pode censurar a película simplemente porque non se ciña milimétricamente á realidade histórica. E por outro lado, os razoamentos e as exposicións que se fan sobre astronomía soan evidentes e ñoñas dende a perspectiva actual, pero se somos capaces de imaxinarnos por un momento esa época, marcada por imposicións ideolóxicas e falsas crenzas, descifrar algúns dos pequenos enigmas do universo era toda unha odisea.

viernes, 23 de octubre de 2009

Agora (II)

Pasaron preto de dúas semanas dende o estreo máis esperado do "cine español" en 2009, pero por diversas razóns non puiden atopar un oco para ir ao cine e disfrutar de Ágora ata esta semana. Así que agora xa estou en condicións de completar a crítica da nova película de Amenábar, pero antes un par de avisos para aos readers. A crónica non é que conteña spoilers da película senón que a destripa, literalmente, así que senón tivestes a oportunidade de vela, abstédevos de seguir lendo. Se despois de acabar de ler o post tedes a sensación de que son gay e estou enamorado de Amenábar, probablemente estedes no certo, pero as miñas críticas son subxetivas e máis nesta peli que toca algunhos temas que me encantan:
  • Todo o relacionado co mundo antigo, especialmente o referente á cultura grega e Alexandría.
  • Retrata aos cristianos como foron ao longo da historia (e seguen sendo), aniquiladores do resto de credos, censuradores da razón e a intelixencia humana para saciar a súa necesidade de poder.
Persoaxes
Soberbios e perfectamente caracterizados os tres persoaxes principales, Hipatia, Davo e Orestes, o que lles permite acadar a profundidade necesaria para que o espectador participe das súas emocións, dos seus sentimentos, dos seus pensamentos,... Hipatia, interpretada por unha excelente Rachel Weisz, é unha muller racional, intelixente e piadosa que se atopa no medio dunha sociedade decadente que loita por impoñer sen piedade e sen escrúpulos as súas crenzas irracionais. A súa meta é a búsqueda da verdade, entender como funciona este mundo sen preocuparse por vaguedades espirituales.

Davo, interpretado por Max Minghella, o esclavo bondadoso namorado da súa ama, Hipatia, sen unha fé férrea, acaba abrazando o cristianismo para apaciguar a ira que lle produce ser rexeitado pola súa namorada. A súa intelixencia e as ensinanzas de Hipatia fan que durante toda a película cuestione a fé cristiana e os seus actos parezan movidos exclusivamente polos sentimentos cara a súa mestra. É o reflexo de como un home bondadoso e con aptitudes intelectuais acaba matando polas súas crenzas, abusando da súa ama, destruíndo as obras que antes alimentaban a súa curiosidade..., por citar algunhas atrocidades, cando o fanatismo relixioso lle nubla a razón.

Orestes, interpretado por Oscar Isaac, o home pragmático, díscipulo de Hipatia, mostra escaso respeto polo físico e o metafísico, o que lle fai cuestionarse as ensinanzas dos sabios griegos e a suposta perfección atribuida aos dioses paganos. Acaba converténdose ao cristianismo e escalando no concerto político durante a ocupación romana de Alexandría. Enamorado de Hipatia dende que era o seu díscipulo, acaba sucumbindo á presión cristiana e abandónaa cando ela é acusada de impía e hechiceira, nun intento desesperado por manter o poder fronte a Cirilio, quen representa, maxistralmente, a ambición sen límites do cristianismo por convertirse na relixión única e no estamento político máis importante na decadencia de Alexandría.


Relixión
Un dos aspectos máis destacados do film é o retrato social da Alexandría do século IV d.c, caraterizado polo diversidade cultural e, sobre todo, polo diversidade relixiosa, convivindo nas súas rúas cidadáns cristianos, paganos e xudíos. Esta confrontación relixiosa provacaba continuas revoltas que contribuiron decididamente ao final do esplendor da cidade e eso queda perfectamente reflexado na película de Amenábar. As familias acomodadas, que copaban o poder político da cidade, practicaban ritos paganos, mentres as clases socias máis desfavorecidas poñían as súas esperanzas nunha nova relixión que xustificaba as penurias desta vida con vagas promesas no máis alá. Esta desigualdade social e económica acentúabase no plano intelectual, posto que só os paganos tiñan acceso as grandes obras dos sabios griegos, custodiadas na gran Biblioteca de Alexandría e no Serapeo, e só os fillos de paganos recibían unha educación axeitada. Esa ignorancia foi aproveitada polos cristianos ansiosos de poder para crear unha masa social descontenta, ansiosa de vinganza contra os paganos, para provacar unha revolta que culminaría coa aniquilación dunha fé milenaria e co saqueo da Biblioteca de Alexandría e do Serapeo.

Unha das esceas máis impactantes e emocionantes de Ágora é cando os paganos abandonan a defensa da biblioteca, namentres Hipatia e os seus díscipulos tentan salvar as obras máis importantes, ante a inminente entrada dos cristianos enfurecidos. Centos de miles de obras que contiñan todo o coñecemento acumulado durante séculos, miles de anos de historia, queimados nuns poucos minutos por unha masa ignorante, manipulada por unha igrexa que proclama a piedade e a existencia dun máis alá, pero que non mostra piedade e o único que desexa é controlar o mundo terrenal (en nome de Deus, eso sí). Os cristianos acaban por convertir a biblioteca máis importante da antigüedade nun lugar para realizar cultos relixiosos e nunha corte para dar cobixo aos animais.

Pero que se pode esperar dunha igrexa ególatra que proclamou durante séculos que eramos o centro do universo, que fomos creados a imaxe dun Deus perfecto, o que nos convirte na obra máis maravillosa do universo. Que se pode esperar dunha igrexa de ignorantes, que non era capaz de comprender o mundo que os rodeaba e xustificaba todo o que non entendían como a creación dun ser superior. Que se pode esperar dunha igrexa que tratou de borrar os avances logrados durante séculos e frear o progreso para encerrarnos na máis profunda escuridade intelectual durante a Idade Media. Que se pode esperar dunha igrexa que xustificaba a miseria e desgracia humana como unha proba terrenal para unha vida eterna idílica, en lugar de facer algo para mellor as inxustizas. Que se pode esperar dunha igrexa que tentou aniquilar a pluralidade relixiosa para convertirse no credo único, matando sen compasión a todo aquel que se permitira pensar por sí mesmo (en nome de Deus).

Esta sucesión de virtudes históricas do cristianismo queda perfectamente reflexado neste film, moi presentes nas persoaxes do obispo Cirilio e do axitador social e, finalmente, "mártir", Amonio. Resulta curioso como os cristianos xustifican as masacres de paganos e xudíos, cando Davo se cuestiona se estarán a facer o correcto, respondéndolle que se Deus o permite é porque é a súa vontade. Finalmente, os cristianos logran o seu obxetivo, acabar cos ritos paganos e cos xudíos, instaurando o seu réxime de obediencia dictatorial, a necesidade de suprimir as inquitudes intelectuais e dedicarse a adorar o trascendental e espiritual, o que remata por condenar ao olvido unhas das páxinas máis brillantes da nosa historia.

To be continued ...

jueves, 22 de octubre de 2009

Agora (I)

Quinta película do director español, recoñecido internacionalmente, Alejandro Amenábar, que ve a luz despois de máis de 4 anos de intenso traballo para dar forma a esta superproducción, a máis cara da historia do "cine español". Tralo éxito acadado polas súas predecesoras, comezando pola súa ópera prima, Tesis (1996), onde se acercaba ao macabro mundo das películas snap, logo a sorprendente Abre los ojos (1998), donde nos ofrecía a súa peculiar visión da crionización, Los otros (2001), a súa obra mestra, onde o terror psicolóxico acada a perfección e, finalmente, o drama sobre Ramón Sampedro, Mar Adentro (2004), Amenábar volve demostrar a súa valentía ao embarcarse nun proxecto tan alonxado dos seus anteriores traballos e tan arriscado. Analizando a súa traxectoria como director podemos sacar dúas cousas en claro:

1. Amenábar non encaixa no perfil da maioría de directores actuales, que abogan por sacar o maior número de films que poidan, independientemente da calidade, para facer taquilla. Eso provoca que algúns directores fagan unha ou, incluso, máis películas cada ano de escasa calidade e que se nota que non están demasiado traballadas nos aspectos ténicos, no guión, nas interpretacións,... A ambición recaudadora sen límite e a escasa paciencia de compañías cinematográficas, productores, ... obriga aos directores a ofrecer resultados a curto prazo1 para poder sacar adiante os seus proxectos. Quen paga sempre manda! Sen embargo, observando as datas das súas películas, podemos ver como Amenábar se desmarca dos seus colegas de oficio e dedica moito tempo antes de completar e estrear cada un dos seus proxectos.

2. A filmografía de Amenábar é incataloable, non podemos dicir que se encadre nun xénero determinado. Dende o terror psicolóxico ata a ciencia-ficción, pasando polo drama, parece reinventarse en cada nova película. Por eso resultan tan agradables os seus films, nunca sabes con que te vai a sorprendar a seguinte vez; cando escoitei que ía facer un película histórica, na que recreaba a antiga Alexandría, quedeime sinxelamente a cadros. Supoño que o seguinte será a comedia romántica ou o gore, que é do pouco que lle queda por explorar. No principio da súa carreira comparábano con Shyamalan, o tipo que só sabe facer pelis de suposto terror coa súa peculiar visión dos fantasmas, superheroes, extraterrestres, mostruos irracionais, ninfas, ... As comparacións son odiosas, sobre todo para quen leva as de perder.


Ágora2 narra a historia de Hipatia, unha brillante astrónoma que trata de evitar a destrucción da Biblioteca da antiga Alexandría, debido as violentas revoltas que se producen durante a ocupación romana da cidade. A película ofrece unha interesante combinación de historia, astronomía, relixión, ... situándonos na decadencia da enigmática e apaixoante antiga Alexandría, famosa pola súa beleza e por ser o principal foco cultural e intelectual nesa época. Ese desenfreo intelectual que tiña como epicentro Alexandría convertiu a súa biblioteca na máis grande e máis importante do mundo antigo, nela estaba almacenada e centralizada a maioría da saiduría acadada durante os séculos anteriores. Expertos estiman que chegou a contar con máis de 700.000 volumes, incluíndo as obras máis importantes da antigüedade. Foi destruída nalgún dos numerosos saqueos da cidade, en circunstancias aínda descoñecidas, que rodean dun certo halo de misterio todo o relacionado coa biblioteca, en particular, e coa decadencia de tan esplendorosa cidade, en xeral.

Todos estos ingredientes fan do film un apetitoso manxar que non me perdería por nada do mundo. Sumándolle a esto a miña admiración confesa polo traballo de Amenábar, todas as súas películas me gustaron, en maior ou menor medida, e o gran interés que desperta en min tódolos misterios do mundo antigo e, en especial, de Alexandría, fan que as miñas expectativas respecto de Ágora sexan moi elevadas.

(1) Algo parecido acontece no mundillo da investigación. Antes publicábanse menos papers que agora, pero os que se publicaban eran realmente dignos e representaban importantes avances nos distintos campos da investigación. Agora os investigadores están obrigados a publicar un número mínimo de artículos para poder recibir a pasta que lles permita continuar co seu traballo (pero eso é carne doutro post).

(2) Nas antigas polis gregas, ágora era unha praza pública, situada no centro da cidade, na que os cidadáns exercían o libre intercambio cultural e comercial sen ningún tipo de participación do goberno.

Ágora de Atenas

viernes, 2 de octubre de 2009

Unha breve reflexión sobre ...

A política lingüística en Galicia

Ler o periódico "de buena mañana" perxudica seriamente a miña saúde ou polo menos ponme de moi mal humor as veces. Habitualmente, despois de chegar ao traballo e lanzar as primeiras simulacións do día, consulto algún periódico de tirada nacional na súa versión online, pero nunca periódicos galegos no seu formato tradicional. Sen embargo, esta mañá, na entrada da facultade, unha moza, "muy guapa por cierto", estaba repartindo a edición en papel do Xornal de Galicia para "La Coruña". Despois de votarlle un ollo por riba á primeira páxina, atópome cun titular que atrae a miña atención: "Feijoó abre a porta a cambiar a Lei de Normalización polo "L" de A Coruña", así que abro o periódico pola páxina onde se profundizaba sobre esta noticia e comezo a ler prestando maior atención.


Resumindo un pouco, a noticia ven a dicir que segue aberta a polémica sobre a castelanización do topónimo da cidade dos fachas,... quero dicir do Facho de Hércules e que Núñez Feijoó quere reformar a Lei de Normalización para permitir a dobre vertente, galega e castelán, de tódolos topónimos. Ademais, acompañan esta información dun resumo da política lingüística levada a cabo polo PP galego dende que chegou á Xunta. Transcribo literalmente:
  • Fin da obrigatoriedade de acreditar o coñecemento do galego nos procesos de selección administrativa mediante un exame na lingua propia.
  • Eliminación da identidade corporativa das Galescolas e creación da denominada “Galiña Azul” que relaxa o contacto dos máis pequenos co galego na escola infantil.
  • Estáse a preparar o borrador que define o novo marco para a regulación do galego no ensino que elimina a repartición equitativa das asignaturas que se deben dar en galego e castelán.
  • Utilizando a excusa da contraversia entorno a topónimo A Coruña, propónse unha reforma da Lei de Normalización Lingüiística de 1983.

Comezando porque penso que existen problemas máis urxentes e máis importantes para a poboación galega que satisfacer as necesidades retrógradas de certos sectores conservadores, que seguen anclados na mentalidade dos séculos escuros ou dos anos da postguerra, permitídime dicir que a política lingüística en Galicia está completamente a deriva nestos últimos anos. Enfrascados nunha absurda loita por definir as competencias dos dous idiomas oficiais, os tres partidos principais non se poñen dacordo.

O PP, moi amigo da pluralidade e do potenciamento da diversidade cultural das distintas rexións españolas, segue na súa cruzada por desfacer os cambios levados a cabo polo anterior goberno e, incluso, polo goberno popular anterior que asentou as bases do galego como idioma oficial.

O BNG segue obsesionado por reinventar a historia e convertir a Galicia nunha sociedade con sensibilidade nacionalista artificial, empregando un discurso apocalíptico onde se nos atemoriza falando dun exterminio do galego, nun intento de acercarnos perigosamente á Cataluña ou ao País Vasco. Esto provoca recelo dentro e fóra das nosas fronteiras, con medidas no ámbito lingüístico demasiado trasgresoras para unha xente acostumada a vivir atemorizada pola ameaza da represión durante tantos anos.

E que dicir do PSOE, que varía a súa postura dependendo da dirección na que sople o vento. Con este panorama, a situación semella compricada e a manifestación máis clara da incertidume que existe entorno a este asunto é a absurda loita por impoñer o seu criterio de cada grupo sobre a forma correcta do topónimo de Coruña.

Na miña humilde opinión, este tema debería ser ben sinxelo de resolver sen darlle tantas voltas e sen malgastar tanto tempo útil para resolver problemas máis importantes e que nos afectan en maior medida a tódolos galegos. Está claro que tódolos topónimos deben ter unha denominación oficial para todo tipo de trámites burocráticos. Se en 1983 se decidiu, por consenso de tódalas forzas políticas, que éste fóra en galego, pois xa está, non ten maior importancia. Cando empregamos un idioma tendemos a utilizar o topónimo nese idioma, cando falamos en galego ou castelán non soemos dicir London ou New York, así que se os castelán-falantes queren dicir La Coruña, Arteijo, Ordenes, Sanjenjo, Puerto del Son... están no seu dereito a pesar de que me chirríen os oídos ao escoitalo.

No caso da regulación do uso do galego no ensino obrigatorio a solución semella igual de sinxela e lóxica. Tendo en conta que, galego e castelán comparten un mesmo rango como idiomas cooficiais dentro do territorio galego, sería xusto que a metade de asignaturas, sen ter en conta Lingua Galega, Lingua Castelá e as correspondentes Literaturas, fosen impartidas en galego e a outra metade en castelán para fomentar o uso por igual de ambas linguas, sen importar as preferencias dos pais dos alumnos. Ben distinto sería o caso da universidade na que se debe preparar aos estudiantes para un mundo laboral específico, lingüísticamente hetereoxéneo, no que a responsabilidade de saír adecuadamente preparado para as necesidades idiomáticas debe recaer no propio alumno.

En resumo, o idioma debe ser un vehículo para permitir a comunicación entre individuos, debe verse coma unha manifestación histórica da pluralidade dun sector da sociedade, coma a representación tanxible dunha cultura diferente, ... Nunca debe interpretarse coma un mero instrumento de manipulación política, nin debe servir de cortina para desviar a atención sobre outros asuntos máis importantes. Non debe servir de excusa para cerrar as nosas fronteiras, para renegar da nosa, histórica e xeográfica, condición española ou europea, para acentuar o menosprecio e o desexo de vinganza contra un estado que cometeu innumerables erros históricamente, nin para definir a nosa personalidade política basada no extremismo e, deste xeito, discutir con todo aquel que non comparta a nosa idea. Non debe ser empregado coma unha arma arroxadiza entre as distintas formacións políticas e, moito menos, para dificultar o desenrolo normal das actividades daqueles que non coñecen o idioma autóctono, como ocurre a miúdo en Cataluña.

Dito todo esto, no meu caso síntome claramente galego e sei que son español e europeo, a pesar de que non o sinta, do mesmo xeito que me sinto lucense e non coruñés a pesar de vivir nesta cidade durante tantos anos.

Noite de adiviñanzas (II)

Segundo post dedicado a este tipo de adiviñanzas, un tanto máis modernas e sofisticadas. Como vos avancei na primeira entrada, coñezo bastantes acertixos deste tipo gracias ao meu excompañeiro de habitación na residencia universitaria así que, cada certo tempo, ireivos propoñendo novos misterios que confío en que intentedes resolver.

Recórdovos un pouco en que consiste o xogo. Eu cóntovos os detalles máis relevantes dunha escea que se corresponde co final dunha pequena historia e vos tedes que intentar esclarecer a secuencia de sucesos que desencadearon ese final. Para conseguir esto tedes que irme facendo, sucesivamente, preguntas sobre esos detalles da escea final que se deben poder respostar exclusivamente con sí/non. A partir da información que vades extraendo das miñas respostas debedes ser capaces de reconstruir toda a historia.

"Anarky vai camiñando polo deserto cando de repente se atopa cun home morto sobre a area, sen aparentes signos de violencia, completamente espido e cun palito na súa man. ¿Que lle aconteceu a ese home?"

jueves, 1 de octubre de 2009

Yo soy mongolo

A nova parella cómica dos informativos deportivos, os novos expoñentes do periodismo deportivo basura e do amarillismo español, os últimos en incorporarse ao clube dos pseudoperiodistas deportivos do absurdo, encabezados por Tomás Roncero e Roberto Gómez, os tonechos de Cuatro co seu humor arcaico, desfasado, facilón e patético, os Jorge Javier Vázquez e Belén Esteban da desinformación deportiva, os futuros sustitutos do gran Pipi Estrada ... teñen vídeo promocional, Yo soy mongolo!!! Aquí tedes o enlace onde podedes disfrutar deste excepcional vídeo.

Promo deportes cuatro

PD: Que será o seguinte? Un vídeo promocional do home enamorado de Villa (Juanma Castaño) facendo o mongolo como cando retransmitía a Eurocopa de Suiza e Austria.

PD2: Atención aos vídeos de youtube dos señores Roncero e Gómez que podedes ver pinchando nos correspondentes enlaces.

Descubrindo sensacións ...

Despois de levar preto de dous anos asistindo, de xeito máis ou menos continuado, a carreiras populares por toda Galicia, estas dúas últimas semanas, as carreiras do Facho de Hercules en A Coruña e As Dores en Lalín, permitíronme experimentar sensacións como corredor que ainda non vivira, a pesar de que non foran demasiado agradables.

Vaiamos por partes e comecemos pola primeira delas, a I Carreira Popular Torre de Hércules, que se disputou o domingo 20 de setembro nunha cidade "engalonada" para festexar que a UNESCO, por fin, declarou patrimonio da humanidade o Facho de Hércules, algo que lle fai sacar peito a todos esos coruñeses que tan orgullosos están de vivir na Alexandía contemporánea. A carreira constaba dun percorrido de aproximadamente 6,3 kms que comezaba na explanada do Facho, transcorría polo paseo marítimo dirección castelo de San Antón onde se xiraba para voltar cara o Facho pola zona de Adormideras, rematando ao pé de tan maxestuoso monumento que moitos corredores comparaban co final na praza do Obradoiro da pedestre de Santiago (se comparamos o Facho de Hércules co Faro de Alexandría, pois sí ...). Na fotografía podedes apreciar o recorrido completo.


A súa corta distancia e o feito de coñecer perfectamente o recorrido, por onde habitualmente adestro, convertíaa no escenario perfecto para probar o meu estado de forma de cara as carreiras de outubro, especialmente, Coruña10, a pesar de que a última parte contara con varias subidas que rompían o ritmo. Sen embargo, as cousas nunca saen como a un lle gustaría e todo se foi compricando. En primeiro lugar, as molestias no talón esquerdo, no canto de cesar, íanse facendo máis difíciles de soportar durante os adestramentos. Despois, saída nocturna non planificada o venres pola cidade na que se dorme de pé, coas súas consecuencias: falta de descanso, alcol + tabaco, ... E para rematar, un catarro que me impedía respirar con normalidade.

A pesar de todas estas trabas e cunhas condicións climatolóxicas ideais, diluviando, a ilusión da postcarreira puido máis e presenteime na saída xunto con Panchito "el glu glu" e GasMan, disposto a dalo todo coma sempre sen importarme o tempo final. Primeira sensación novedosa: correr baixo a choiva a todo o que che dan as pernas (non como en Negreira), con resaca diferida(*) e sen poder respirar profundamente. O mellor foi sen dúbida rematar enteiro, sen pillar unha pulmonía e cun tempo bastante aceptable, 28:09, a algo máis de 4:25 min/km. Como premio a este esforzo, o resto do domingo outorgoume a posibilidade de disfrutar dunha excelente postcarreira (legendaria) con copiosa comida e moitas risas con GasMan e Panchito "el glu glu".

Despois do esforzo do domingo esperaba recuperarme ben do catarro e comezar a incrementar a intensidade dos adestramentos para chegar en mellor forma a Coruña10. Sen embargo, ese luns pola mañá deparoume unha desagradable sorpresa: correr a un ritmo alto, forzando, con tantas molestias no talón, fixo que variara a miña forma de correr e, como consecuencia, apareceron molestias no muslo esquerdo, xustamente na zona na que estivera lesionado en primaveira. Así que tocaba parar uns días para evitar lesión máis severas. Como son un cabezota, ou un Bilardo se preferides, e sabendo que o sábado tocaba carreira en Lalín, non me dei por vencido e decidín probar a ir, vendando de xeito compresivo o muslo. Mala idea!!!

Nestas precarias condicións físicas acudín este pasado sábado pola tarde á carreira de As Dores en Lalín. Era o segundo ano que participaba e acordábame perfectamente do percorrido,uns 7,5 kms polo paseo fluvial do río Pontiñas, cun primeiro km descendente, uns 1500 m finais en subida e o resto bastante chan. En compañía de GasMan e Josef acercámonos despois de comer ata Lalín para "disputar" a proba co único obxetivo de acabar, recoller a camiseta e ir a Santiago para despedir ao noso amigo Jaichachu que se nos foi durante case un aniño a terras italianas.

Sen embargo, a sinxela empresa de acabar 7,5 kms convertiuse nunha odisea dende o primeiro kilómetro. A vendaxe compresiva non deixaba subir as tensión do golpeo dos pés contra o chan cara a zona superior do muslo, evitando así a rotura fibrilar, pero todas estas tensións acumulábanse no cuadríceps de tal xeito que, a medida que avanzaba a carreira, cada zancada semellaba un puñetazo nesa zona, ata chegar un punto, ao redor do km 5, no que a dor se fixo insufrible e foi necesario parar. Segunda sensación novedosa: a necesidade de parar de correr durante unha carreira popular e plantexarse o abandono. A pesar de todo, despois de parar durante un par de minutos e andar uns 100 metros, decidín reanudar a carreira dun xeito lento e penoso para evitar o abandono e chegar o antes posible, sendo superado pola maioría de participantes. Sería a miña cabezonería (bilardismo) ou inspirado polo espíritu do grandísimo campeón Pedro Nimo, icono do atletismo galego, admirado polos tifosis populares, o noso Fernando Alonso, un deses grandes homes que forma parte do olimpo dos que nunca se rinden, aqueles que, a pesar das circunstancias, son capaces de superarse a sí mesmos e non poñen excusas... pero, en definitiva, conseguín chegar a meta. E para qué? Para que me deran esa preciosa camiseta conmemorativa diseñada pola Agatha Ruiz de la Prada de Lalín en talla XL, que me queda polas rodillas.

Despois desto, só me queda descansar por un tempo para recuperar a lesión do talón e despois comezar con máis forzas os adestramentos para as vindeiras carreiras.


(*) Término privado co que nos referimos a esa sensación de certa deshidratación e cansanzo que aparece aos dous días despois de saír e que se comeza a notar a medida que avanzan os anos.