Real triplete
O 2 de Maio de 2009 será unha data difícil de esquecer para tódolos aficionados do Real Madrid, despois de presenciar como un dos equipos máis mediocres da historia do Madrid era aplastado, no seu propio estadio, por un dos equipos máis brillantes da era moderno do fútbol, o seu eterno rival, que lle infrinxía unha contundente goleada (2-6) e que lle daba un baño de xogo, para deixar sentenciada a liga 08-09. Se nos remitimos á diferencia de calidade que existía entre ambos equipos e, especialmente, a mellor preparación táctica, a sensación de equipo e de saber a que xogaba que transmitía o Barcelona, o resultado, sen deixar de ser abultado, entra dentro do posible. O que non ten ningunha explicación lóxica, nin xustificación, é o que aconteceu onte na ida dos dezaseisavos de final da copa do rei.
O mellor clube da historia do fútbol, a plantilla máis completa da liga, a entidade que gastou 260 millóns de euros en fichaxes galácticas, o equipo que busca a exelencia no xogo a base de talonario, o equipo que quere gañar o triplete, ... foi humillado, ridiculizado e desprestixiado por un humilde conxunto da segunda división B, o Alcorcón. Un equipo que conta cun presuposto de 1 millón, fronte aos 400 do Madrid, cantidade que non daría para pagarlle nin un mes a Cristiano, e que xoga nun estadio con aforo para 3000 persoas (Estadio de Santo Domingo). Para esta vergonzosa derrota non existe xustificación posible, nin os árbitros, nin as rotacións, nin o villarato, nin o entrenador, nin que sigan sen un esquema de xogo definido, nin as lesións, nin tan sequera o bruxo Pepe. Sinxelamente, VERGONZOSO.
As portadas dos principais diarios deportivos españois resumen a perfección o que se viviu onte no modesto campo do Alcorcón e quedaran para a historia:
O 27 de Outubro de 2009 pasará a ser outra data que, seguramente, lles gustaría esquecer aos desencantados aficionados madridistas. Fronte ao famoso triplete que acadou o FC Barcelona a tempada pasada, o Madrid pode presumir do seu particular triplete en 2009: o 4-0 de Anfield, o 2-6 no Santiago Bernabéu e o 4-0 fronte ao Alcorcón na noite de onte.
4 comentarios:
Te harías una paja después de escribir este post, no?
Non me fixo falta, xD... xa acabei bastante satisfeito. De todas formas, todo o que poño no post é verdade, mira que me está dando alegrías este ano o Real Madrid.
Otro orgasmo que tuve después del 2-6, y eso que pensaba que era insuperable.
Eu non son do Madrid, pero ten coidado, que á liga faltanlle moitos partidos, e pode acabar o ano de forma totalmente distinta a como empezou...
Publicar un comentario