viernes, 2 de octubre de 2009

Noite de adiviñanzas (II)

Segundo post dedicado a este tipo de adiviñanzas, un tanto máis modernas e sofisticadas. Como vos avancei na primeira entrada, coñezo bastantes acertixos deste tipo gracias ao meu excompañeiro de habitación na residencia universitaria así que, cada certo tempo, ireivos propoñendo novos misterios que confío en que intentedes resolver.

Recórdovos un pouco en que consiste o xogo. Eu cóntovos os detalles máis relevantes dunha escea que se corresponde co final dunha pequena historia e vos tedes que intentar esclarecer a secuencia de sucesos que desencadearon ese final. Para conseguir esto tedes que irme facendo, sucesivamente, preguntas sobre esos detalles da escea final que se deben poder respostar exclusivamente con sí/non. A partir da información que vades extraendo das miñas respostas debedes ser capaces de reconstruir toda a historia.

"Anarky vai camiñando polo deserto cando de repente se atopa cun home morto sobre a area, sen aparentes signos de violencia, completamente espido e cun palito na súa man. ¿Que lle aconteceu a ese home?"

33 comentarios:

Iago Porto dijo...

Hai sangre?

Anarky dijo...

En principio non, pero o importante é que non hai signos de violencia.

Iago Porto dijo...

¿O palito é de madeira?

¿O fulano morreu dun ataque ó corazón?

¿O cadáver está fresco?

Anarky dijo...

Non relevante, segursmente sí.

Non.

Non relevante.

Josef Stalin dijo...

Fue sodomizado por el palito?

Anarky dijo...

Ata donde eu sei non, pero non teño toda a información sobre o suceso, xD. De todas formas é un pensamento bastante enfermizo.

Josef Stalin dijo...

tiene el culo rojo?

El palito está manchado de "caca"?

Peque dijo...

Jajaja...

¡Estás enfermo Stalin!

Anarky dijo...

Non ten o cú vermello.
E o palito non foi introducido por ningún dos orificios do home morto.

Iago Porto dijo...

Buah tío, olvidárame desto.

¿Matárono para roubarlle todo?

¿Roubáronlle ata a roupa?

¿Era un fulano moi rico?

¿Os que o mataron (se o mataron) ían en camellos/dromedarios?

Iago Porto dijo...

¿Hai un oasis cerca?

¿Anarky atópase ben ou ten sede e está todo jodido?

Anarky dijo...

¿Matárono para roubarlle todo?
Non

¿Roubáronlle ata a roupa?
Non lla roubaron

¿Era un fulano moi rico?
Non relevante

¿Os que o mataron (se o mataron) ían en camellos/dromedarios?
Nin de coña, xD.

Anarky dijo...

¿Hai un oasis cerca?
Nin idea.

¿Anarky atópase ben ou ten sede e está todo jodido?
????? Anarky está ben, o tío da adiviña está morto.

Iago Porto dijo...

O tío tiña moita calor e sede, entón quitou a roupa toda para soportalo mellor. O palito usábao para buscar auga, como fan nas aldeas cos paos estes especiales que non sei moi ben como funcionan.

Anarky dijo...

Quik a túa historia dista moito de ser correcta, xD. Por un lado o tío non quitou a roupa pq tivera calor e, por outro, o palito non ten ningunha propiedade especial que permita localizar auga.

Iago Porto dijo...

¿O fulano quitou a roupa el mesmo ou quitoulla outra persoa?

¿O palito son os restos dun bastón?

Anarky dijo...

¿O fulano quitou a roupa el mesmo ou quitoulla outra persoa?

O fulano sí quitou a roupa por el mesmo, pero non creo q fora a súa decisión.

¿O palito son os restos dun bastón?
Non.

Iago Porto dijo...

¿O fulano viaxaba so orixinalmente ou formaba parte dun grupo?

¿Cando quitou a roupa, estaba so?

Se non estaba so cando quitou a roupa, ¿alguén o obligou a quitala?

Anarky dijo...

¿O fulano viaxaba so orixinalmente ou formaba parte dun grupo?
Formaba parte dun grupo.

¿Cando quitou a roupa, estaba so?
Non.

Se non estaba so cando quitou a roupa, ¿alguén o obligou a quitala?
Foi unha decisión común (é lóxica).

Iago Porto dijo...

Cando o fulano quitou a roupa, ¿os demais do grupo quitárona tamén?

¿O fulano quitou a roupa para deixarlla a alguén que tiña frío?

¿A roupa estaba contaminada ou infectada por algo e por iso houbo que quitala?

¿Quitou a roupa antes de entrar no deserto ou xa estaba no deserto cando a quitou?

O dato do deserto é máis ben desorientativo, podía haber pasado o mesmo en calquera zona do planeta.

Iago Porto dijo...

¿O fulano non lles caía ben ós demais do grupo e por eso o abandonaron?

¿Había malos rollos entre os do grupo?

¿Quitaron a roupa por algún motivo sexual?

¿Quitaron a roupa para construir algunha cousa con ela?

Anarky dijo...

¿O fulano non lles caía ben ós demais do grupo e por eso o abandonaron?
Sí lles caía ben.

¿Había malos rollos entre os do grupo?
Non.

¿Quitaron a roupa por algún motivo sexual?
Non.

¿Quitaron a roupa para construir algunha cousa con ela?
Non.

Iago Porto dijo...

¿O fulano abandonou ó grupo para que o grupo sobrevivira a algunha situación?

¿O grupo abandonou ó fulano para que o grupo sobrevivira a algunha situación?

¿O fulano xa tiña o pao de madeira cando estaba co grupo?

¿O pao de madeira era parte dun pao máis grande?

¿Os do grupo tiñan un pao de madeira cada un?

Anarky dijo...

¿O fulano abandonou ó grupo para que o grupo sobrevivira a algunha situación?
Sí.

¿O grupo abandonou ó fulano para que o grupo sobrevivira a algunha situación?
Sí.

¿O fulano xa tiña o pao de madeira cando estaba co grupo?
Un tempo antes de que se separaran fulano e grupo xa tiña o pao de madeira.

¿O pao de madeira era parte dun pao máis grande?
Seguro.

¿Os do grupo tiñan un pao de madeira cada un?
Sí.

Anónimo dijo...

¿Ten algo que ver cun avión? Non pregunto máis...

Anarky dijo...

¿Ten algo que ver cun avión?
Non exactamente...

Iago Porto dijo...

¿O grupo estaba a morrer de fame?

¿O grupo estaba a morrer de calor?

¿O grupo voaba nalgún aparato e levaba moito peso?

¿O grupo obligou ó fulano a abandonar o grupo ou o fulano abandonou ó grupo por decisión propia ou foi de mutuo acordo?

Non me quedou claro: ¿Había un pao de madeira ou varios?

Asumindo que había varios, ¿os paos eran trozos dunha construcción feita polo home?

¿Tiñan un pao moi grande e partírono en anacos, un para cada un?

Anarky dijo...

¿O grupo estaba a morrer de fame?
Non.

¿O grupo estaba a morrer de calor?
Non.

¿O grupo voaba nalgún aparato e levaba moito peso?
Si.

¿O grupo obligou ó fulano a abandonar o grupo ou o fulano abandonou ó grupo por decisión propia ou foi de mutuo acordo?
Digamos que foi de mutuo acordo pero obrigado polas circunstancias non lle kedaba outra.

Non me quedou claro: ¿Había un pao de madeira ou varios?
O pao de madeira era parte de un máis grande.

Asumindo que había varios, ¿os paos eran trozos dunha construcción feita polo home?
Non.

¿Tiñan un pao moi grande e partírono en anacos, un para cada un?
Sí.

Iago Porto dijo...

¿Voaban nun aparato?

¿O fulano saltou dun aparato volador que tiña exceso de peso?

¿Era un avión?

¿Era un helicóptero?

¿Globo?

¿Ala delta?

¿O paíño era parte dun paracaidas artesanal?

Anarky dijo...

¿Voaban nun aparato?
Si

¿O fulano saltou dun aparato volador que tiña exceso de peso?
Si

¿Era un avión?
No

¿Era un helicóptero?
No

¿Globo?
Si

¿Ala delta?
No

¿O paíño era parte dun paracaidas artesanal?
Non

Iago Porto dijo...

Entón o fulano sacrificouse para que o grupo sobrevivira, saltando desde un globo con sobrepeso. Quitou as roupas porque ía frío arriba e el non as ía necesitar abaixo.

Anarky dijo...

"Entón o fulano sacrificouse para que o grupo sobrevivira, saltando desde un globo con sobrepeso."
Correcto.

"Quitou as roupas porque ía frío arriba e el non as ía necesitar abaixo" En realidade tódolos membros do grupo quitaron as súas roupas para alixeirar peso.

Aínda che queda por descifrar o mistrio do pauciño.