viernes, 23 de octubre de 2009

Agora (II)

Pasaron preto de dúas semanas dende o estreo máis esperado do "cine español" en 2009, pero por diversas razóns non puiden atopar un oco para ir ao cine e disfrutar de Ágora ata esta semana. Así que agora xa estou en condicións de completar a crítica da nova película de Amenábar, pero antes un par de avisos para aos readers. A crónica non é que conteña spoilers da película senón que a destripa, literalmente, así que senón tivestes a oportunidade de vela, abstédevos de seguir lendo. Se despois de acabar de ler o post tedes a sensación de que son gay e estou enamorado de Amenábar, probablemente estedes no certo, pero as miñas críticas son subxetivas e máis nesta peli que toca algunhos temas que me encantan:
  • Todo o relacionado co mundo antigo, especialmente o referente á cultura grega e Alexandría.
  • Retrata aos cristianos como foron ao longo da historia (e seguen sendo), aniquiladores do resto de credos, censuradores da razón e a intelixencia humana para saciar a súa necesidade de poder.
Persoaxes
Soberbios e perfectamente caracterizados os tres persoaxes principales, Hipatia, Davo e Orestes, o que lles permite acadar a profundidade necesaria para que o espectador participe das súas emocións, dos seus sentimentos, dos seus pensamentos,... Hipatia, interpretada por unha excelente Rachel Weisz, é unha muller racional, intelixente e piadosa que se atopa no medio dunha sociedade decadente que loita por impoñer sen piedade e sen escrúpulos as súas crenzas irracionais. A súa meta é a búsqueda da verdade, entender como funciona este mundo sen preocuparse por vaguedades espirituales.

Davo, interpretado por Max Minghella, o esclavo bondadoso namorado da súa ama, Hipatia, sen unha fé férrea, acaba abrazando o cristianismo para apaciguar a ira que lle produce ser rexeitado pola súa namorada. A súa intelixencia e as ensinanzas de Hipatia fan que durante toda a película cuestione a fé cristiana e os seus actos parezan movidos exclusivamente polos sentimentos cara a súa mestra. É o reflexo de como un home bondadoso e con aptitudes intelectuais acaba matando polas súas crenzas, abusando da súa ama, destruíndo as obras que antes alimentaban a súa curiosidade..., por citar algunhas atrocidades, cando o fanatismo relixioso lle nubla a razón.

Orestes, interpretado por Oscar Isaac, o home pragmático, díscipulo de Hipatia, mostra escaso respeto polo físico e o metafísico, o que lle fai cuestionarse as ensinanzas dos sabios griegos e a suposta perfección atribuida aos dioses paganos. Acaba converténdose ao cristianismo e escalando no concerto político durante a ocupación romana de Alexandría. Enamorado de Hipatia dende que era o seu díscipulo, acaba sucumbindo á presión cristiana e abandónaa cando ela é acusada de impía e hechiceira, nun intento desesperado por manter o poder fronte a Cirilio, quen representa, maxistralmente, a ambición sen límites do cristianismo por convertirse na relixión única e no estamento político máis importante na decadencia de Alexandría.


Relixión
Un dos aspectos máis destacados do film é o retrato social da Alexandría do século IV d.c, caraterizado polo diversidade cultural e, sobre todo, polo diversidade relixiosa, convivindo nas súas rúas cidadáns cristianos, paganos e xudíos. Esta confrontación relixiosa provacaba continuas revoltas que contribuiron decididamente ao final do esplendor da cidade e eso queda perfectamente reflexado na película de Amenábar. As familias acomodadas, que copaban o poder político da cidade, practicaban ritos paganos, mentres as clases socias máis desfavorecidas poñían as súas esperanzas nunha nova relixión que xustificaba as penurias desta vida con vagas promesas no máis alá. Esta desigualdade social e económica acentúabase no plano intelectual, posto que só os paganos tiñan acceso as grandes obras dos sabios griegos, custodiadas na gran Biblioteca de Alexandría e no Serapeo, e só os fillos de paganos recibían unha educación axeitada. Esa ignorancia foi aproveitada polos cristianos ansiosos de poder para crear unha masa social descontenta, ansiosa de vinganza contra os paganos, para provacar unha revolta que culminaría coa aniquilación dunha fé milenaria e co saqueo da Biblioteca de Alexandría e do Serapeo.

Unha das esceas máis impactantes e emocionantes de Ágora é cando os paganos abandonan a defensa da biblioteca, namentres Hipatia e os seus díscipulos tentan salvar as obras máis importantes, ante a inminente entrada dos cristianos enfurecidos. Centos de miles de obras que contiñan todo o coñecemento acumulado durante séculos, miles de anos de historia, queimados nuns poucos minutos por unha masa ignorante, manipulada por unha igrexa que proclama a piedade e a existencia dun máis alá, pero que non mostra piedade e o único que desexa é controlar o mundo terrenal (en nome de Deus, eso sí). Os cristianos acaban por convertir a biblioteca máis importante da antigüedade nun lugar para realizar cultos relixiosos e nunha corte para dar cobixo aos animais.

Pero que se pode esperar dunha igrexa ególatra que proclamou durante séculos que eramos o centro do universo, que fomos creados a imaxe dun Deus perfecto, o que nos convirte na obra máis maravillosa do universo. Que se pode esperar dunha igrexa de ignorantes, que non era capaz de comprender o mundo que os rodeaba e xustificaba todo o que non entendían como a creación dun ser superior. Que se pode esperar dunha igrexa que tratou de borrar os avances logrados durante séculos e frear o progreso para encerrarnos na máis profunda escuridade intelectual durante a Idade Media. Que se pode esperar dunha igrexa que xustificaba a miseria e desgracia humana como unha proba terrenal para unha vida eterna idílica, en lugar de facer algo para mellor as inxustizas. Que se pode esperar dunha igrexa que tentou aniquilar a pluralidade relixiosa para convertirse no credo único, matando sen compasión a todo aquel que se permitira pensar por sí mesmo (en nome de Deus).

Esta sucesión de virtudes históricas do cristianismo queda perfectamente reflexado neste film, moi presentes nas persoaxes do obispo Cirilio e do axitador social e, finalmente, "mártir", Amonio. Resulta curioso como os cristianos xustifican as masacres de paganos e xudíos, cando Davo se cuestiona se estarán a facer o correcto, respondéndolle que se Deus o permite é porque é a súa vontade. Finalmente, os cristianos logran o seu obxetivo, acabar cos ritos paganos e cos xudíos, instaurando o seu réxime de obediencia dictatorial, a necesidade de suprimir as inquitudes intelectuais e dedicarse a adorar o trascendental e espiritual, o que remata por condenar ao olvido unhas das páxinas máis brillantes da nosa historia.

To be continued ...

7 comentarios:

Josef Stalin dijo...

1ª Ñordada de la película, la biblioteca de Alejandría no fue destruida por los cristianos en todo caso fue saqueada, pero nunca destruida, el caso es que los pilares del catolicismo y su filosofía están basados en autores clásicos como Aristóteles y Platón (Santo Tomás de Aquino y San Agustín)
Amenábar está sobrevalorado, sus grandes películas son historias polémicas que en ningún momento no hay nada de cosecha propia, es decir:
Mar adentro; quiere hablar de la eutanasia y coge una historia real y la lleva al cine de pe a pa, mérito 0... al nivel de telefilm de A3(basado en hechos reales) pero con pasta por medio.
Ágora: momento clave de la historia(con el agrabante de contarlo a medias, porque había que hablar del fundamentalismo y salvajadas en nombre de varios dioses y no de solo uno) y con la polémica de la religión.
Y para reamatar Los Otros: Esta es la excepción porque es una historia ficticia pero como no... copiada de El sexto sentido, menuda vendida de moto, y que poca vergüenza el fulano no espero ni 5 años para que no se notara, que lamentable.
Me encantó la promoción de Ágora cuando Amenábar dijo "mmm ahora gracias esta película pasé de ser agnóstico a ser ateo" eso quiere decir que no tiene muy claro que es una cosa ni la otra el pobre...

Anarky dijo...

La biblioteca de Alejandría no fue destruida por los cristianos en todo caso fue saqueada.

Na película a biblioteca de Alexandría non é destuída, simplemente saqueada. Por certo, aínda que non existen datos exactos sobre a súa destruccion, os máis fiable apuntan a que foi destruída por un obispo cristiano porque representaba o antiguo culto pagano.

Su filosofía están basados en autores clásicos como Aristóteles y Platón (Santo Tomás de Aquino y San Agustín).

Non me fagas rir anda, a relixión pouco ten que ver coa filosofía, e se ben Aristótes aseveraba certos aspectos metafísicos distan bastante das bases que sentou a igrexa cristiana e senón cando queiras discutimolo. A relixión cristiana básase na biblia e nas interpretacións deste maravilloso libro e non nas hipótesis filosóficas dos antigos sabios gregos. A ti o profesor de filosofía falouche de Aristóteles para introducir a Santo Tomás e uniches cabos que non teñen nada que ver.

Amenábar está sobrevalorado, sus grandes películas son historias polémicas que en ningún momento no hay nada de cosecha propia.

Obviamente só viches Mar Adentro e Los Otros pq xa me dirás a quen copia en Tesis ou Abre los ojos. E das comparacións de Mar Adentro con Million Dolar Baby e de Los Otros co Sexto Sentido prefiro non discutir pq parecer ser que se dúas películas tratan sobre a mesma tématica son un mera copia ñordi para ti, cando ambas teñen entidade propia e superan con creces as supostas películas as que se asemellan.

Ágora: momento clave de la historia(con el agrabante de contarlo a medias, porque había que hablar del fundamentalismo y salvajadas en nombre de varios dioses y no de solo uno) y con la polémica de la religión.

Falar da relixión e especialmente do cristianismo é falar de fundamentalismos ao largo de toda a historia, senón repasa un pouco as maravillosas obras levadas a cabo en nombre de Deus. Non digo que fora exactamente así a historia de Alexandría pero se teño que apostar por quen foron os causantes da decadencia cultural de Alexandría non tería dúbidas en sinalar ao cristianismo, coñecendo un pouco como se desenrolou a posterior historia.
O cine, como case todo, é subxetivo e pode gustarche máis ou menos Amenabar pero non me veñas con tonterías sobre as súas anteriores películas ou sobre unha visión sesgada da historia cando a película non pretende ser un documento histórico fiel. Para eso estamos falando dunha época da que nos se conservan datos completamente verídicos do que realmente aconteceu.

Josef Stalin dijo...

mima oscariño todos los filósofos cristtianos no tienen ningun tipo de filosofía propia está toooodo absolutamente cogido de los autores clásicos, y eso si quieres lo miras en la wikipedia, otra cosa es que adaptaran ese pensamiento a la biblia y a la cuestión de un solo dios benevolente etc. Pero vamos que desde la baja edad media hasta la alta edad media lo que se estudiaba en los seminarios eran autores clásicos junto la biblia y sus autores que estois a su vez solo leyeron autores clasicos porque era lo único que existía.
Te veo muy verde para debatir algo así...

Josef Stalin dijo...

se me olvidaba. que identidad tiene mar adentro????? la historia de un señor nacido en porto do son tomada el dedillo.
comparar el cine de cleant eastwood con el de amenabar es de risa, una pelicula de varios oscar que no habla solo de la aeutanasia si no que simplemente cuenta una historia entretenida que acaba con un final diferente, mar adentro es un drmón como la vida misma (nunca mejor dicho)
el cristianismo hizo muchas burradas pero tantas como el islam o como la cultura romana la misma que echaba a gente a los leones para que se la comieran y esa misma gente que lo iba a ver era igual de ignorante que los cristianos pues definitivamente pasaría a ser todos los mismo. Cargar contra cualquier creencia y culpabilizarla en lugar de condenar la propia crueldad humana es demagógico total.
Y lo que pasó en alejandría no fue más que una lucha política ni más ni menos, y la decadencia de alejandría iba acompañada de toda la decadencia del mundo clásico y su incapacidad de mantenerse en pie.
Y lo de que se que en los seminarios se estudiaba autores clasicos lo se porque me acuerdo de haberlo estudiado en la carrera, en toledo habia copias de manuscritos de autores clasicos a traves de autores arabes de la epoca de la ocupación arabe en españa, que a su vez estos pasaron por alejandria posteriormente que los cristianos; es decir que aquello tenía que seguir allí y tal...

Anarky dijo...

Paréceme perfecto que os cristianos estudiaran aos autores clásicos nos seminarios durante a Idade Media, e que se identifique a esencia de un só Deus verdadeiro coa idea do motor inmóvil de Aristóteles, pero queresme dicir que a filofía clásica senta os pilares do doctrina católica,... en xeral a folosofía (amar a sabiduría) buscaba entender dun xeito racional as cousas que nos rodeaban, sen recurrir as divinidades gregas que conformaban a mitoloxía. Sen embargo, a relixión pouco de amor pola sabiduría ten e de racional xa non digamos. Podería ata admitir que a idea dun só Deus se basara nas ensinanzas de Aristóteles, se ben a idea de monoteísmo xa existía moito antes da grecia clásica.

Anarky dijo...

"se me olvidaba. que identidad tiene mar adentro????? la historia de un señor nacido en porto do son tomada el dedillo."
Agora resulta que as películas que se basan nunha historia real non teñen entidade, xD. Se a película está tomada ao dedillo, non serve, se non é fiel a historia real, tampouco, ....


"comparar el cine de cleant eastwood con el de amenabar es de risa."
Eu non estou comparando ambas películas, non teñen case nada que ver, simplemente que comparten temática, pero es ti quen te empeñas en dicir que o cine de Amenabar é unha copia.
E esto quero que quede claro, pq un película leve máis Oscars que outra non significa nada, así que non me poñas eso como unha xustificación de que Million Dolar Baby é a ostia.


"la decadencia de alejandría iba acompañada de toda la decadencia del mundo clásico y su incapacidad de mantenerse en pie"
Aquí sí que teño que darche a razón pero está claro que a loita polo poder acelerou esta decadencia.

"en toledo habia copias de manuscritos de autores clasicos a traves de autores arabes de la epoca de la ocupación arabe en españa"
Supoño que existirían máis copias das obras clásicas en outras bibliotecas de occidente, e tampouco tiveron que ser destruídas tódalas obras conservadas na biblioteca de alexandría cando ésta foi saqueada e derruida.

Josef Stalin dijo...

si existían más copias, pero que yo sepa los arabes no pasaron por Roma ni por Athenas y las traducciones que se hicieron en toledo eran a través de autores arabes (Alajendría está en zona de influencia islamica y tal...), pero bueno siempre te dejo que lo discutas con algún catedrático de historia clasica o medieval a lo mejor pudes pegar un pelotazo en este tema y petarlo a nivel mundial, a mi ya me cansa explicar esto me parece un poco aburrido y cansino