miércoles, 22 de julio de 2009

A.C.

Dende fai moitos anos son un fervente admirador do ciclismo en xeral e do Tour de Francia en particular. Dende a época de Perico Delgado, agora comentarista de TVE, sigo cada mes de Xullo, con enorme paixón, as retrasmisións da maioría de etapas en TVE, primeiro cos comentarios de Pedro González e, dende a súa desgraciada morte, con Carles de Andrés (anteriormente coñecido como Carlos) e os seus "interesantes" e a veces pedantes comentarios de resabidillo. Sinceiramente, xa me comeza a cansar oír cada ano a mesma historia, que se Chateaux de non sei onde, que se Église de merde, ... e agora co do Facebook aínda a cousa é peor porque se cre máis importante e está dun insoportable que resulta díficil de aguantar.

Pero vamos a centrarnos no tema que me gustaría tratar, Alberto Contador, e logo voltaremos sobre Carles e os seus afortunados comentarios de 2009. Alberto Contador iniciou a súa andadura nesto do ciclismo da man do gran Manola Sainz no equipo Liberty e, logo dun duro inicio, cunha caída que estivo a punto de privalo da práctica activa deste deporte, comezou a destacar como gran promesa para voltas de 3 semanas. Con este cartel foi fichado pola estructura de Bruyneel como posible sustituto de Lance Amstrong. Despois desta breve pero intensa carreira como profesional, non pode quedar ningunha dúbida a cerca da profesionalidade e limpeza deste corredor. Ademais de ser un dos poucos ex-corredores do equipo Liberty que endexamais foi vinculado á Operación Puerto, A.C. creo que se refería claramente a Antes de Cristo, como todos moi ben sabemos. Unha vez probada a súa desvinculación con calquera aspecto relacionado coa dopaxe, prosigamos... A.C., perdón, Alberto Contador, caracterizado pola súa serenidade, modestia, humiladade e consideración cos seus compañeiros, convertiuse no corredor máis novo en gañar as 3 grandes carreiras de 3 semanas, si se lle pode chamar grande a unha carreira que non ten máis emoción que ver subir Abantos a 4 matados que, en calquera outra carreira, farían por riba do posto 10. E eso que o tío estaba na praia antes de comezar o Giro pero, con eso de que lava tan ben o lactato e que baila sobre a bicicleta, non precisa adestrar. Quen dixo menosprecio polos rivais, ti estás matándote a adestrar todo o ano e eu veño da praia e gáñoche sen despeinarme pero non mo vou calar para dentro, que se entere toda España e que se corra de pracer a xente cando lea o Marca e escoite a Carles de Andrés ensalzarme ata a categoría de novo Deus (por eso A.C. agora pasara a significar Antes de Contador).


Despois dun ano 2008 plagado de éxitos, Albertito e todos os seus colegas que, a veces, se esquecen de que gañou esa gran carreira chamada Volta a España porque o señor Bruyneel mandou parar a Levy, compañeiro seu de equipo, eran todo felicidade e alegría. Non me pillaron polo da Operación Puerto, gaño un Tour porque descalifican ao máis forte, gáñolle un Giro, vindo da praia, a un tío (Riccó) que logo dá positivo por meterse case todo o que un se pode meter e gaño unha Volta a España porque o único ciclista serio que vai á Volta é do meu equipo e o mandan parar (o outro medio serio que había estaba demasiado preocupado de ir buscar o chuvasqueiro cando se estaba xogando a carreira). Non me extraña que non pare de darse golpes no peito dicindo "Yo, yo y yo" son o "puto amo" deste deporte e ninguén me chega á sola das zapatillas. Pero todo se torceu cando Lance Amstrong, "Yo no consumo nada", decidiu volver ao ciclismo e no seu mesmo equipo, o Astana (capital dun país de gran tradición ciclista chamado Kazajistán!!!).

Chegados a este punto, todo se comprica porque, o que máis e o que menos, coñece o carácter competitivo de Lance Amstrong, ou como por aquí se diría, o bilardismo, e aparecen as primeiras dúbidas sobre quen será o xefe de filas do equipo no Tour de 2009. A lóxica diría que debe ser A.C. e non "Yo no consumo nada", que ten 38 anos e leva 3 parado, pero entre que Lance ten unha relación especial con Bruyneel, segundo Carles de Andres, e que A.C. segue os mesmos pasos que o señor Valv-Piti, cagándoa en cada carreira na que participa pola súa nula visión de carreira e desfallecimientos absurdos, chegamos ao inicio do Tour con este debate servido.

O sábado 4 de Xullo comeza o Tour cun ambiente moi enrarecido no equipo Astana por continuos cruces de declaracións entre "Yo no consumo nada" e A.C. e un Bruyneel no medio que non sabe ou non quere poñer paz. Neste momento crítico para o ciclismo español, un novo superheroe do periodismo aparece para defender aos máis débiles, o seu nome é Carles e o seu principal poder reside en torturanos cada día cos seus afortunados e gloriosos comentarios sobre o triángulo máxico Astana-"Yo no consumo nada"-A.C., sobre os ciclistas que residen cerca da súa casa en Girona e sobre un maltratado Menchov, que eu me pregunto que lle fixo o pobre para que este singular supercomentarista a teña tomado con él, que tan enfadado está simplemente polo feito de que Menchov se estaba rindo o día da presentación e que jalea, a modo de parodia, cada un dos múltiples percances do ruso neste Tour. O tío xa gañou o Giro, deixao en paz dunha vez so pesado!!!


E entre todo este alborto, todo o mundo se esquece de que Valv-Piti non está no Tour porque un grupo de amigos mafiosos ansiosos de protagonismo e co único obxetivo de desprestixiar ao pobre Alejandro, o CONI, decidiu que non pode correr en territorio italiano e como o Tour 2009 recorre 80 kms por Italia, pois ... Absurdo desde calquera perspectiva!!! Por outro lado, o "showman" do Barraco, gañador da edición de 2008, está moi enfadado porque cambiaron a normativa e non puido vestir o maillot amarillo no prólogo de Monaco e síntese menospreciado pola carreira. Normal!!! Un home que lle deu tanto espectáculo a esta carreira como non vai sentirse maltratado polo Tour. Así que decide que o mellor é adoptar unha postura máis conservadora (se é posible) porque el xa gañou un Tour e dalle igual volvelo gañar ou facer podium. Este home é un artista da risa, un cómico, non podo parar de rir con el, cos seus comentarios e cos seus ataques a cámara lenta.


Avanzan as etapas, con Carles de Andres, criticando a actitude de Astana, que se tira por adiante, que se non tira por atrás, que se traen a Gregory Rush e non ao gran Benjamín, que se Amstrong sempre busca un elemento diferenciador porque non entrena co maillot de Astana, que se Bruyneel non lle está comendo o rabo todo o día ao noso gran deus A.C, que si todo o equipo Astana debería estar en formación para que nin tan sequera o vento rozara o sagrado corpo de A.C, que si Amstrong fai unhas declaracións nas que claramente ataca a A.C. (será que este tío non sabe inglés porque as traduccións que se gasta non teñen precio ou é posible que directamente lea ese gran periódico deportivo chauvinista, o Marca), ... Eres máis aburrido que unha etapa enteira escapado co "showman" do Barraco. Pero chega Verbier e A.C. fai danzar a súa bicicleta ao compáns das súas pedaladas e Amstrong cede tempo. Todo o mundo feliz, A.C. golpéase o peito ("Yo, yo y yo") , Carles alcanza por fin o orgasmo desexado, Bruyneel quítase un peso de enriba porque A.C. demostrou que era o máis forte na estrada e Denis Menchov non terá que aguantar as estupideces de Carles, que está demasiado extasiado como para acordarse do ruso.

Xornada de descanso que nos serve para escoitar a A.C. decir que el e só el é o máis forte e que o Ventoux o vai subir pedaleando cunha perna, e para escoitar tamén o monólogo de Carlos Sastre que, se me apurades, é incluso máis gracioso que o dos yogures e dos donuts de Robert Bodegas... nunca tantas tonterías xuntas lle oira a este tío, outro gran descubrimento de Don Manolo na época da ONCE pero, como ten cara de boa persoa, non se mete nada. Onte etapa na que se subían os "durísimos" Saint-Bernards con coitus interruptus de Carles cando cría que Amstrong desconectaba da carreira, e con gran disfrute posterior para a xente que sabe algo de ciclismo coa espectacular arrancada deste para dar caza ao extraño grupo de cabeza (Wiggins, Nibali, Durán, ...). E hoxe unha etapa semialpina con varios portos cortos pero duros na Alta Saboia francesa con final en Le Grand Bornand. E aquí, definitivamente, saltou a chispa que dende o comezo do Tour estaba a piques de prenderse con toda a subnormalidade duns e doutros que acabo de relatar.

Poñámonos en antecedentes. A.C. co Tour prácticamente no peto, "Yo no consumo nada", Andreas "putéanme en todos lados" Kloden, Brandley "perdo 7 Kg e desayuno EPO" Wiggins e os irmáns Schleck, xogándose o podium e dous duros portos de primeira que se encadeaban. Ataque de Andy que se leva a A.C., Andreas e a Frank, por suposto, xa que senón o irmán pequeno síntese moi desprotexido. Por detrás, Wiggins tirando para perder o menor tempo posible e con Amstrong reservándose para darlle o golpe de gracia no derradeiro porto. Situación perfectamente controlada por Astana, asegurando primeiro e segundo posto con A.C. e Andreas e case o terceiro con Lance distanciando a Wiggins e podéndelle recuperar aos Schleck na crono. Pero, acabando o derradeiro porto, algo se ilumina na brillante mente de A.C. Para que vamos a seguir así, se estamos case asegurando a victoria da etapa e un triplete histórico do equipo no podium de Paris, se "yo, yo y yo" aínda non me lucín suficiente e non deixei claro que podo deixar a todos estos minusválidos da bicicleta cando queira, así que o mellor será que ataque. Esta é unha posibilidade, as outras dúas son que sexa subnormal perdido ou que quixera vingarse a próposito do seu propio equipo. Sinceiramente, espero que sexa a primeira, porque prefiro a soberbia que a subnormalidade ou a pura maldade.

Entón pregúntalle a Kloden si lle parece ben que ataque, este dille que non, que está ao límite, pero a A.C. esto dalle exactamente igual, así que ataca, destroza a Andreas e espera aos irmáns Schleck, seguramente porque recibiu un grito de Bruyneel dende o pinganillo para que pare de inmediato que está tirando pola borda as opcións de podium de Kloden e de Amstrong. Así que, despois de estar protestando polo mal clima que reinaba no equipo, supostamente pola actitude de Lance, el co seu movemento acaba de cubrise de gloria e poñer a todo o seu equipo, o que o debe defender nas seguintes etapas, na súa contra, ademais de amosarnos a súa verdadeira cara, a súa verdadeira natureza aos amantes do ciclismo de verdade e non aos que se cren todas as patrañas que se escriben no Marca. En definitiva, que A.C. para, fai un pouco o paripé mirando cara atrás para ver se ven Kloden, como se non soubera que ía pasar exactamente eso ( non creo que fora realmente arrepentimento) e lánzase cara a meta cos irmáns Schelck. Agora todos podemos pensar, posto que, supostamente, atacou para gañar a etapa, agora deixara que se desgasten os Schleck e darálles a estocada final na meta. Pero nada máis lonxe da realidade, ademais de axudarlles a poñerse en praza de podium, regálalle a etapa ao maior dos irmáns, desacelerando en meta e lanzando un xesto de rabia en plan non puiden con el. Pero que H.D.P!!! Toda a baixada de colegueo cos irmáns, que si palmadita a un, que si palmadita ao outro, ... Que vergoña!!!Por qué non se levantou na meta para celebralo cos irmáns golpeándose outra vez o peito.

¡ Que careto de sufrimento e desilusión se marca A.C. !

E ante todo este bochornoso espectáculo, preguntarédesvos que dirá a parella cómica que temos por comentaristas en TVE. Censurarían a actitude de A.C.? Eso non so cre ninguén, Carles só se baixa os pantalóns para que lle zurre ben por detrás A.C. Con frases como que está moi preocupado pero quería gañar a etapa, que A.C. viviu unha situación difícil pero, eso sí, o día de Verbier que Kloden tiraba para defender as súas posibilidades de podium e as de Amstrong, intentando cazar a Andy, era unha vergoña porque A.C. estaba por diante. Español sí, pero seguidor do ciclismo primeiro, e non necesito que ningún superperiodista, amante en secreto de A.C., me taladre a cabeza con ideas absurdas sobre como un equipo e un director, con sobrada experiencia, deben levar unha carreira de 3 semanas. Dobre moral para os que lean o Marca e sigan crendo que Alonso é o mellor piloto e o coche non ten nada que ver, pero que a culpa deste desastroso ano é do difusor ou do KERS. Solución inmediata: ver o Tour e demais carreiras en Eurosport, que están zumbados, pero son claramente máis coherentes e menos parciais. Só verei a Carles cando vaia ao clube da comedia con Perico contar as súas adivinanzas e chistes, sacados da mesma época de cando me resultan interesantes as súas retransmisións.

E por último, gustaríame mandarlles un recado a algúns aficionadillos. Ser español non implica defender a ultranza a actitude chulesca, sobrada e, por momentos, grotesca dalgunhos dos nosos deportistas, senón valorar os éxitos e o compartamento de calquera deportista, sexa español ou non, na súa verdadeira medida. Estou demasiado canso de ver incontables noticias manipuladas nalgún diario deportivo que todos sabemos (falando do Marca, por suposto) para darlle un color rojo-amarillento asqueroso e fomentar a exaltación desmesurada do patriotismo dalgúns cabeza-huecas que se limitan a basar as súas opinións no feito de que somos españois e hai que defender aos nosos deportistas. Algúns comportamentos son indefendibles como hoxe o de A.C., o de Alonso cando estaba en McLaren ou o dalgún outro coleguilla destos dous (como Alonso monte un equipo con A.C.... espero que contraten ao supersabio Carles como manager). E tampouco se pode entender que homes como Nadal ou Alonso obtiveran o Príncipe de Asturias dos Deportes antes que Roger Federer ou Michael Schumacher. Non existe ningun criterio obxetivo que explique esta circusntancia por moi españois que sexan os dous primeiros.

PD: Logo a xente defenderáse, cando lle dis catro verdades sobre toda esta nova ornada de humildes deportistas españois, con argumentos do estilo de que ti non es español, que hai que apoiar aos nosos deportistas, ... pois a verdade é que, cando ocorren situacións como as de hoxe, cando escoito falar a Carles na retransmisión e na entrevista post-etapa con A.C., cando lle voto un ollo ao Marca e os comentarios dos aficionados, síntome menos español que de costume, porque non quero ter nada que ver con toda esta xente, nin a nacionalidade.

PD2: Espero que "Yo no consumo nada" lle poña hoxe claras as cousas a A.C. e lle ensine a comportarse na disciplina dun equipo ciclista.

PD3: Esto sí que é o que me faltaba por ler, palabras de A.C.: "No colaboré con los Schleck en el grupo de cabeza porque tenía otros compañeros detrás, como Andreas y Lance (Armstrong)". Este tío non pensa o que di, por riba sentirá que realizou unha gran labor de equipo en beneficio dos seus dous compañeiros e que lle deberían dar as gracias. Quen dicía que o ciclismo é aburrido!!!

miércoles, 15 de julio de 2009

O eterno retorno

Un dos pensadores máis destacados e influíntes do século XIX é, sen lugar a dúbidas, Friedrich Nietzsche, famoso filósofo alemán coñecido, especialmente, por sentar as bases do nihilismo como doutrina filosófica e revelar a figura do superhome como elemento esencial para o cambio dos devaluados valores humanos. Menos coñecida é a súa concepción do tempo e da causalidade que se resume no que el mesmo denominou "El eterno retorno".

Na súa obra máis coñecida, "Así habló Zaratustra", Nietzsche postula unha idea lineal do tempo, cun único inicio e un único final, onde os acontecementos que transcurren entre ambos instantes, o denominado progreso, están determinados pola causalidade segundo unhas reglas prestablecidas. Deste xeito, o momento inicial desencadea unha serie de acontecementos que se suceden nunha progresión lineal marcada por esas reglas e que se prolongan ata o instante final. Cada acción concreta determina unha reacción que sempre será idéntica se o suceso inicial é o mesmo. Con esta particular visión do transcurrir do tempo, Nietzsche vennos a dicir esencialmente que o destino está determinado e os acontecementos que teñen lugar nesa línea temporal son unha consecuencia inmediata desa telaraña entrelazada segundo esta idea de causalidade.

Este plantexamento non resultaría relevante nin novedoso senón fora porque Nietzsche profundiza nesta idea, suxerindo que todos os acontecementos, que todos os pensamentos, sentimentos, accións de cada ser humano... se repiten indefinidamente no tempo, sen existir posibilidade algunha de poder cambiar este discurrir. Na súa idea acerca da eternidade, cada final xenera un mesmo comezo de cada vez, e todo se repite, todo permanece constante, as mesmas persoas, cos mesmos pensamentos e sentimentos, realizan as mesmas accións que converxen nos mesmos eventos, nos mesmos acontecementos da etapa anterior. Esta visión desoladora do trancurrir do tempo implica que nada pode ser cambiado, absolutamente todo e todos somos constantes nesta ecuación.

Este curioso e descoñecido plantexamento filosófico de Nietzsche seguro motivou gran número de improductivas discusións entre pensadores, filosófos, adictos a Nietzsche, amantes de teorías sobre o destino e a causalidade e outros grupos de desequilibrados pero, actualmente, está recuperando certo interés entre as novas xeracións gracias, en parte, ás referencias que se poden atopar a estas teorías nalgunhas series de televisión. En concreto, tanto a desconcertante Lost como a trascendental-filosófica Battlestar Galactica, fan referencias explícitas a algunhas das ideas que se acaban de expoñer.

(Aviso de Spoilers)

No caso de Lost, a coversación entre Jacob e Némesis (antiJacob ou o tío de negro) no incio do último episodio da quinta tempada, "El incidente", fai unha referencia explícita á teoría dun único inicio cun progreso que se repite e desancadea nun mesmo final. De feito, Jacob e Némesis empregan esta mesma terminoloxía. Un extracto da conversa:

N- Still trying to prove me wrong, aren't you?

J - You are wrong.

N- Am I? They come. they fight. They destroy. They corrupt.
It always ends the same.

J - It only ends once. Anything that happens before that is just progress.

Nesta conversa e en diferentes momentos da serie parece obvio que os guionistas comparten esta visión lineal sobre o transcurrir do tempo e acerca dun destino que se repite e que está marcado pola causalidade. Sen embargo, dende o meu modesto punto de vista, existe unha sútil e importante diferencia respecto a teoría do eterno retorno. Ao longo desta quinta tempada os guionistas parécense decantar por unha teoría que incorpore na ecuación algúns elementos variables ao conxunto inicial de constantes. Considerando esto, os acontecementos, pensamentos, sentimentos, accións repítense exactamente igual e de xeito indefinido en cada etapa, en cada progreso. O conxunto de individuos presentes en cada unha das sucesións lineais son, igualmente, os mesmos. Todo esto formaría o conxunto de constantes. Sen embargo, non teñen porque ser os mesmos individuos os que experimenten os mesmos sentimentos, teñan os mesmos pensamentos ou realicen as mesmas accións, senón que esto pode variar aínda que sempre cun mesmo resultado. Estos elementos xogarían o papel de variables dentro da ecuación global. O exemplo que sempre se expón para reafirmar esta interesante reflexión é a dualidade entre John Locke e Jack Sheppard, persoaxes que poderían facilmente intercambiar os seus destinos na quinta tempada aínda que, finalmente, todo converxería no mesmo punto. Hai que recordar que Jack estivo a punto de suicidarse e ser el quen voltara no ataude á isla.

(Para non alargar o post non falarei do caso de Desmond Hume que daría case para un libro)

Nun sentido moi similar, o guión de Battlestar Galactica fai innumerables referencias á esta idea cíclica do tempo na que os acontecementos que están sucendendo en cada momento xa aconteceron antes e volverán a acontecer de novo sen posibilidade de cambiar o destino de cada persoaxe. E senón que llo digan a pobre Kara Thrace, xa que os Cylons a teñen queimada coa mesma historia do seu destino espcial que se vai repitir.

sábado, 11 de julio de 2009

That's the feeling

Unha persoa pode ser identificada dentro dun colectivo por infinidade de motivos, entre os cales podería estar algunhas das súas frases máis celebres. Sen ir máis lonxe, unha das frase que habitualmente máis repito cando me gusta un determinado comportamento ou actitude dunha persoa é "Esa é a actitude", lóxicamente con gran énfase, que pode ser traducida ao inglés coma "That's the feeling". Despois de escoitar a canción "I got a feeling" de Black Eyed Peas e ver o seu correspondente videoclip non podo máis que clamar aos catros ventos "That's the feeling". Adoro a canción pola súa letra, pola mensaxe que transmite, pola súa animosa música e adoro o videoclip, de inicio a fin, pola súa estética e porque consegue reflexar visualmente o que o grupo predica na letra. Encántame como a xente comeza a noite arreglándose para a gran festa que se aveciña, os preparativos iniciais, cómo disfruta todo o mundo na festa botando sen parar, estilo típica festa americana, e o final realmente apoteósico, cando todo o mundo está xa ao seu rollo, escoitando unha tía a súa música nos cascos no baño e a maioría finalmente remantando no chan consumidos pola combinación de festa e alcol. E, por suposto, adoro a Fergi, xD.

Sinceiramente, non se me ocorre mellor maneira de explicar cómo creo que debe ser a actitude de calquera persoa, dende o meu subxetivo punto de vista, ante a proximidade dunha noite de festa. Cando unha canción está destinada a convertirse en parte da nosa vida simplemente se pode dcir ¡Gracias!. Está canción atópase no novo album do grupo neoiorquino titulado "The E.N.D." que, en realidade, non se refire ao final de algo senón que é o acrónimo de Energy Never Dies, que me vou permitir traducilo coma "O gas nunca se acaba".

"I got a feeling", "That tonight’s gonna be a good good night", "I got my money", "Let’s spend it up", "Fill up my cup". Aquí tedes o videoclip para que poidades xuzgar vós mesmos.



I gotta feeling that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good good night (x4)

Tonight’s the night night
Let’s live it up
I got my money
Let’s spend it up

Go out and smash it
like Oh My God
Jump off that sofa
Let’s get get off

I know that we’ll have a ball
if we get down
and go out
and just loose it all

I feel stressed out
I wanna let it go
Lets go way out spaced out
and loosing all control

Fill up my cup
Mazal tov
Look at her dancing
just take it off

Lets paint the town
We’ll shut it down
Let’s burn the roof
and then we’ll do it again

Lets Do it (x3)
and live it up

i gotta feeling that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good good night (x2)

Tonight’s the night
let’s live it up
I got my money
Lets spend it up

Go out and smash it
Like Oh My God
Jump off that sofa
Lets get get OFF

Fill up my cup (Drink)
Mazal Tov (L’chaim)
Look at her dancing (Move it Move it)
Just take it off

Lets paint the town
We’ll shut it down
Lets burn the roof
and then we’ll do it again

lets do it (x3)
let’s live it up

Here we come
here we go
we gotta rock

Easy come
easy go
now we on top

Feel the shot
body rock
Rock it don’t stop

Round and round
up and down
around the clock

Monday, Tuesday, Wednesday and Thursday
Friday, Saturday, Saturday and Sunday

we keep keep keep keep on going
we know what we say
party everyday
party everyday

got a feeling
that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good night
that tonight’s gonna be a good good night

jueves, 9 de julio de 2009

One of us

Esta coñecida expresión inglesa que se pode traducir coma " un dos nosos " emprégase habitualmente para referirnos a un conxunto de persoas que comparte con nós unha serie de características físicas ou intelectuais, intereses comúns, posee uns mesmos principios ou mecanismos de actuar, forma parte dun mesmo colectivo ou simplemente vemos reflexado o noso comportamento nesa outra persoa. En certos ámbitos reducidos, de xeito privado e individualizado, esta expresión pode acadar un grao superlativo, e serve para identificar unha actitude fronte a vida, unha maneira global de entender as cousas, un estado mental ou unha forma de definir un estilo propio dun grupo de persoas que se xuntan en base a uns principios, intereses e reglas simples, básicas e coñecidas e que actúan como elemento diferenciador respecto aos restantes grupos ou persoas e como catalizador dentro dese grupo de "One of us". En resumo, engloba unha completa filosofía de vida.

Existen incontables referencias a esta expresión dentro do mundo audiovisual, dende a excepcional película de mafiosos Goodfellas, traducida ao castelán como "Uno de los nuestros", dirixida en 1990 por Martin Scorsese e protagonizada por Robert de Niro e uns inconmensurables Ray Liotta e Joe Pesci, ata a serie Lost onde, Damon Lindelof e Carlton Cuse, decidiron bautizar o capítulo 16 da terceira tempada deste xeito, coma "One of us" que, por riba, se centra na nosa musa Elizabeth Mitchell, Juliet, pasando por unha fantástica e emotiva canción de Joan Osborne, tamén titulada "One of us". Está canción con evidentes connotacións relixiosas que, lóxicamente, non entrarei a valorar, lanzou definitivamente ao estrellato a esta artista de dulce voz no ano 1996 e convertiuse nun himno para moitas persoas que comparten estas crenzas con Joan, xa que plantexa certas cuestións existenciais a cerca de Deus. Esta singular forma de acercarse ao divino tamén lle acarreu numerosas críticas dos sectores relixiosos máis ariscos por considerar vanal e superflua a forma na que Joan trata a Deus.

A canción foi escrita por Eric Bazilian en 1995 e formaba parte dun disco chamado Relish. Foi nominada a un Grammy en 1995 e acadou definitivamente o número un nas listas estadounidenses (non sei nas norteamericanas porque non teño datos de Canadá) en Marzo de 1996. Ademais foi incorporada por Prince no seu album Emancipation. Aquí vos deixo o vídeo de Joan para que disfrutedes desta fermosa canción e, a continuación, a corresponde letra en inglés por se vos interesa profundizar nos temas filosóficos que se abordan nela.





If God had a name, what would it be
And would you call it to his face
If you were faced with him in all his glory
What would you ask if you had just one question

And yeah yeah God is great yeah yeah God is good
yeah yeah yeah yeah yeah

What if God was one of us
Just a slob like one of us
Just a stranger on the bus
Trying to make his way home

If God had a face what would it look like
And would you want to see
If seeing meant that you would have to believe
In things like heaven and in jesus and the saints and all the prophets

And yeah yeah god is great yeah yeah god is good
yeah yeah yeah yeah yeah

What if God was one of us
Just a slob like one of us
Just a stranger on the bus
Trying to make his way home
He's trying to make his way home
Back up to heaven all alone
Nobody calling on the phone
Except for the pope maybe in rome

And yeah yeah God is great yeah yeah God is good
yeah yeah yeah yeah yeah

What if god was one of us
Just a slob like one of us
Just a stranger on the bus
Trying to make his way home
Just trying to make his way home
Like a holy rolling stone
Back up to heaven all alone
Just trying to make his way home
Nobody calling on the phone
Except for the pope maybe in rome

lunes, 6 de julio de 2009

Verborrea popular

A profundidade dalgunhas noites sérvenos para teorizar e filosofar sobre os aspectos máis importantes da vida e, ocasionalmente, para arroxar algo de luz a aquelas cuestións fundamentais da sociedade actual, ademais de deixarnos perlas de gran valor narrativo coma éstas:

"O barro non se crea nin se destrúe, simplemente se transforma"

Lei fundamental sobre as propiedades do barro.


"Os noivos son simples cumplidores das necesiadades das mulleres"

Dende ese punto de vista, estou de acordo con Marx en que o traballo dignifica.


"O noivo non impide, só cohibe"
A auténtica verdade das relacións entre homes e mulleres.

Estas tres frases son algunhas das mostras máis representativas da nosa gran sabiduría popular, en diversos campos do coñecemento, presente nos máis distinguidos e brillantes individuos e que espero difundir e dar a coñecer de xeito periódico.