O eterno retorno
Un dos pensadores máis destacados e influíntes do século XIX é, sen lugar a dúbidas, Friedrich Nietzsche, famoso filósofo alemán coñecido, especialmente, por sentar as bases do nihilismo como doutrina filosófica e revelar a figura do superhome como elemento esencial para o cambio dos devaluados valores humanos. Menos coñecida é a súa concepción do tempo e da causalidade que se resume no que el mesmo denominou "El eterno retorno".
Na súa obra máis coñecida, "Así habló Zaratustra", Nietzsche postula unha idea lineal do tempo, cun único inicio e un único final, onde os acontecementos que transcurren entre ambos instantes, o denominado progreso, están determinados pola causalidade segundo unhas reglas prestablecidas. Deste xeito, o momento inicial desencadea unha serie de acontecementos que se suceden nunha progresión lineal marcada por esas reglas e que se prolongan ata o instante final. Cada acción concreta determina unha reacción que sempre será idéntica se o suceso inicial é o mesmo. Con esta particular visión do transcurrir do tempo, Nietzsche vennos a dicir esencialmente que o destino está determinado e os acontecementos que teñen lugar nesa línea temporal son unha consecuencia inmediata desa telaraña entrelazada segundo esta idea de causalidade.
Este plantexamento non resultaría relevante nin novedoso senón fora porque Nietzsche profundiza nesta idea, suxerindo que todos os acontecementos, que todos os pensamentos, sentimentos, accións de cada ser humano... se repiten indefinidamente no tempo, sen existir posibilidade algunha de poder cambiar este discurrir. Na súa idea acerca da eternidade, cada final xenera un mesmo comezo de cada vez, e todo se repite, todo permanece constante, as mesmas persoas, cos mesmos pensamentos e sentimentos, realizan as mesmas accións que converxen nos mesmos eventos, nos mesmos acontecementos da etapa anterior. Esta visión desoladora do trancurrir do tempo implica que nada pode ser cambiado, absolutamente todo e todos somos constantes nesta ecuación.
Este curioso e descoñecido plantexamento filosófico de Nietzsche seguro motivou gran número de improductivas discusións entre pensadores, filosófos, adictos a Nietzsche, amantes de teorías sobre o destino e a causalidade e outros grupos de desequilibrados pero, actualmente, está recuperando certo interés entre as novas xeracións gracias, en parte, ás referencias que se poden atopar a estas teorías nalgunhas series de televisión. En concreto, tanto a desconcertante Lost como a trascendental-filosófica Battlestar Galactica, fan referencias explícitas a algunhas das ideas que se acaban de expoñer.
(Aviso de Spoilers)
No caso de Lost, a coversación entre Jacob e Némesis (antiJacob ou o tío de negro) no incio do último episodio da quinta tempada, "El incidente", fai unha referencia explícita á teoría dun único inicio cun progreso que se repite e desancadea nun mesmo final. De feito, Jacob e Némesis empregan esta mesma terminoloxía. Un extracto da conversa:
N- Still trying to prove me wrong, aren't you?
J - You are wrong.
N- Am I? They come. they fight. They destroy. They corrupt.
It always ends the same.
J - It only ends once. Anything that happens before that is just progress.
Nesta conversa e en diferentes momentos da serie parece obvio que os guionistas comparten esta visión lineal sobre o transcurrir do tempo e acerca dun destino que se repite e que está marcado pola causalidade. Sen embargo, dende o meu modesto punto de vista, existe unha sútil e importante diferencia respecto a teoría do eterno retorno. Ao longo desta quinta tempada os guionistas parécense decantar por unha teoría que incorpore na ecuación algúns elementos variables ao conxunto inicial de constantes. Considerando esto, os acontecementos, pensamentos, sentimentos, accións repítense exactamente igual e de xeito indefinido en cada etapa, en cada progreso. O conxunto de individuos presentes en cada unha das sucesións lineais son, igualmente, os mesmos. Todo esto formaría o conxunto de constantes. Sen embargo, non teñen porque ser os mesmos individuos os que experimenten os mesmos sentimentos, teñan os mesmos pensamentos ou realicen as mesmas accións, senón que esto pode variar aínda que sempre cun mesmo resultado. Estos elementos xogarían o papel de variables dentro da ecuación global. O exemplo que sempre se expón para reafirmar esta interesante reflexión é a dualidade entre John Locke e Jack Sheppard, persoaxes que poderían facilmente intercambiar os seus destinos na quinta tempada aínda que, finalmente, todo converxería no mesmo punto. Hai que recordar que Jack estivo a punto de suicidarse e ser el quen voltara no ataude á isla.
(Para non alargar o post non falarei do caso de Desmond Hume que daría case para un libro)
Nun sentido moi similar, o guión de Battlestar Galactica fai innumerables referencias á esta idea cíclica do tempo na que os acontecementos que están sucendendo en cada momento xa aconteceron antes e volverán a acontecer de novo sen posibilidade de cambiar o destino de cada persoaxe. E senón que llo digan a pobre Kara Thrace, xa que os Cylons a teñen queimada coa mesma historia do seu destino espcial que se vai repitir.

1 comentario:
Cuanto tiempo mas mal gastado pensando demasiado sobre esta serie, filosofía profunda, teorías espacio tiempo...
Cuando simple y llanamente solo quieren alargarla más y más.
Publicar un comentario