lunes, 6 de julio de 2009

Verborrea popular

A profundidade dalgunhas noites sérvenos para teorizar e filosofar sobre os aspectos máis importantes da vida e, ocasionalmente, para arroxar algo de luz a aquelas cuestións fundamentais da sociedade actual, ademais de deixarnos perlas de gran valor narrativo coma éstas:

"O barro non se crea nin se destrúe, simplemente se transforma"

Lei fundamental sobre as propiedades do barro.


"Os noivos son simples cumplidores das necesiadades das mulleres"

Dende ese punto de vista, estou de acordo con Marx en que o traballo dignifica.


"O noivo non impide, só cohibe"
A auténtica verdade das relacións entre homes e mulleres.

Estas tres frases son algunhas das mostras máis representativas da nosa gran sabiduría popular, en diversos campos do coñecemento, presente nos máis distinguidos e brillantes individuos e que espero difundir e dar a coñecer de xeito periódico.

No hay comentarios: