viernes, 26 de junio de 2009

MusiKK - Hoxe Tizziano ...

Para aproveitar a "ampla" oferta musical que nos ofrece R no seu comboR, a través de grandes canais coma 40TV, Sol Music, MTV ou os 40 latinos, vou iniciar unha nova sección en 24 gramos que vamos a denominar, de forma pouca inxeniosa, MusiKK. Nela vamos a intertar repasar "grandes" cantantes, grupos, cancións, ... actuais ou que xa forman parte da historia, e que gracias ao zapping por todos estos canais aparecen ante min como unha provocación para aparecer directamente neste top de mierda musical que atenta contra todos os sentidos humanos. En realidade, pretendo levar a cabo unha importante labor de denuncia e concienciación social, xD.

Obviamente, para iniciar esta sección, é necesario comezar ao grande. E que mellor forma de facelo que repasando a traxectoria "musical" do "cantante" italiano Tizzano Ferro. Despois de varios anos desaparecido da escea musical española, para fortuna dos nosos oídos, presenta un single a dúo con Amaia Montero, que promete convertirse nun novo éxito no desafío que Tizziano emprendeu contra a música desde o seus inicios: poñer a crítica e público de acordo -> a súa música apesta.

Aquí vos poño o videoclip deste novo temazo e algún dos seus grandes éxitos. Acometede con valentía a súa escoita e comprobaredes que merece o deshonroso honor de iniciar esta sección.







E para poder apreciar en todo o seu esplendor a súa voz, un vídeo dun amago de directo:



P.D: Cando me refería a el como o pavo que non sabe cantar non podía ser máis acertado.

1 comentario:

Josef Stalin dijo...

Mima que castigo... a ti te va el sado fijo, porque buscar los videos en youtube y verlos tiene su mérito. De todas formas tienes un canal musical en R que no etá nada mal que se llama Vh1, y si por suerte tienes el clásico (que yo no lo tengo)pues está bastante mejor, aunque a veces tiene temática musical que no es del agrado de todos, pero te aseguras de no tener que tolerar truños.