sábado, 20 de junio de 2009

Unha breve reflexión sobre ...

A dopaxe no mundo do ciclismo

Con este controvertido asunto de triste actualidade estreamos unha nova sección en 24 gramos na que tentarei expoñer da forma máis breve que me sexa posible o meu punto de vista sobre algún tema que me pareza interesante (espero que algún de vós tamén). E que mellor forma de comezar que falando sobre un grave problema que afecta dende fai tempo a un dos meus deportes favoritos.

A dopaxe está ligada ao mundo do deporte seguramente dende os seus inicios pero foi nos últimos anos, coa profesionalización dos deportistas, coa expansión audiovisual, que convertiu algúns deportes en espectáculos, e cos enormes avances nos métodos de dopaxe e nos mecanismos para detectalos, paralelos aos grandes avances en campos da medicina ou bioloxía, cando acadou maior transdencia entre espectadores e medios de comunicación, ata extremos onde os deportistas son sospeitosos permantes e nalgúns países tratados como criminais, aínda sen probas.


Esta transcendencia sociolóxica foi especialmente relevante no ciclismo. Todo comeza no Tour de 1998 co caso Festina, xa que son encontrados numeros productos dopantes no seno deste equipo ciclista destinados a mellorar o rendemento dos seus corredores. A partir deste punto a loita contra a dopaxe no ciclismo tórnase nunha auténtica caza de bruxas que enfrenta equipos, corredores, organismos oficiais coma a UCI, organizadores de carreiras e finalmente acábase por involucrar a xustiza. As informacións contradictorias de periódicos sensacionalistas (especialmente L'Equipe) , acusando directamente a corredores, acaban por convertir o ciclismo nun circo onde a xustiza atenta contra as liberdades do corredor, os periódicos difaman, a UCI tenta impoñer solucións improvisadas e abusivas que desprestixan o honor do ciclista e, ante todo este panorama, os amantes do ciclismo temos a sensación de todo está podrido e que ese halo de épica que rodea este deporte está sendo mancillado sen remedio.

Cando parece que nada pode ir peor amosa de improvisto a archiconocida Operación Puerto que asesta un golpe case definitivo ao ciclismo aparecendo nomes por doquier de ciclistas implicados en escándalosas tramas de dopaxe. Curiosamente ningún nome de outro deporte aparece aínda que é consabido que existen. A carreira de moitos ciclistas quedan truncadas e só algúns privilexiados como Alejandro Valverde se salvan gracias a incompetencia da xustiza española e as numerosas lagoas dunha lei desprovista para este tipo de situacións. E, para rematar, cada pouco tempo nos atopamos con noticias sobre as confesións de numeros ciclistas, moitos deles ilustres, de consumir sustancias prohibidas.

Despois de esta sucesión de acontecementos, un non pode deixar de pensar que en realidade tódolos ciclistas se dopan dunha ou outra forma para mellorar o seu rendemento e superar as auténticas palizas que deben afrontar especialmente en carreiras de 3 semanas sen apenas descanso. Esto é así e parece improbable que cambie polo momento, posto que os mecanismos de detección actuais semellan insuficientes, só conseguindo descubrir a aqueles que consumen maiores doses das recomendas ou que non teñen os coñecementos suficientes para camuflalas. Resulta especialmente curioso o caso do equipo Astana, anteriormente Discovey Channel comandado por Johan Bruyneel. Ningún corredor de este equipo deu positivo nos últimos anos, sen embargo moitos dos corredores que abandonaron a súa disciplina e cambiaron de equipo, de inmediato foron controlados cun positivo. Todo muy extraño, sobre todo porque nas súas filas militou Lance e agora Alberto, os grandes dominadores das carreiras de 3 semanas.

Desta forma, resumindo un pouco, parece evidente que a dopaxe penetrou ata os cimentos máis profundos deste épico e histórico deporte, ata un punto no que resulta imposible discernir que corredores están limpos e cales non e, sinceiramente, non me creo que un corredor sin axudas externas para mellorar o seu rendemento poida superar a outros dopados ata arriba. Quizáis non sexa tan disparatado tomar en consideración as palabras de Bernard Kohl.

Por outro lado, non semella que as medidas adoptadas pola UCI estén surxindo demasiado efecto: incrementar controles en carreira e fóra de competición, pasaporte biolóxico, ... que máis ben crean controversia, debilitan máis se cabe a credibilidade dos corredores e que, en certa medida, se cargan a presunción de inocencia dos ciclistas. Esto sería algo así como asumir que se tes conexión a Intenet vas a utilizar programas P2P para destruir a SGAE. O certo é que a maioría o faremos pero non se poden tomar medidas preventivas á lixeira contra esto sen ter probas contra os usuarios. Ademais estas medidas están provocando situacións rocambolescas como a expulsión do Tour de Rasmussen ou as recentes notificacións de valores anómalos de varios corredores que serán sancionados. Corredores que non deron positivo en ningún control son declarados culpables sen posibilidade de defensa porque non existen probas que os incriminen. Curioso!

E o tema da xustiza francesa ou italiana xa é a gota que colma o vaso da miña paciencia. Entrando nos hoteles de concentración dos equipos a calquera hora para rexistrar habitacións, personal, equipamento,... e en caso de atopar algo tratando aos ciclistas como a criminais cando se trata de un delito claramento deportivo que, estes países e aqueles que os secundan, o criminalizaron como un intento desesperado de xustificar a incompetencia das autoridades deportivas "competentes". Esto ademais provaca tamén situacións absurdas como o caso Valverde que espero abordar pronto porque me parece suficientemente subrealista para dedicarlle un post.

Un saudo.

P.D: Despois de ler esta noticia as épicas victorias dos nosos ídolos da infancia, Miguel Indurain ou Perico, quedan empañadas pola dúbida.

1 comentario:

Josef Stalin dijo...

Amstrong(el mayor jonkie sobre 2 ruedas de la historia de la humanidad) es más drogata que cualquier jonkie que está en la plaza de cervantes.