viernes, 19 de junio de 2009

Resultados da enquisa sobre relixión

A última enquisa proposta neste blog foi un sondeo acerca da postura relexiosa da escasa mostra da población que decide visitarnos e por riba molestarse en votar. Os resultados pódense apreciar nas seguintes gráficas.


Creo que as opcións de resposta que se ofrecían na enquisa cubrían amplamente o espectro das diferentes crenzas dos nosos potenciais visitantes, salvo algunhas excepcións que, sinceiramente, dudo que entendan nada do que se escribe neste blog por estar en galego. Sen embargo, para evitar posibles contrariedades ou non cubrir plenamente todo o abanico de eleccións fronte ao divino, incluíase unha derradeira opción denominada outras relexións, que resultou ser a opción maioritaria. Este dato atípico non responde a outra cousa que ao desmesurado interés dun visitante ilustre en demostrar a súa opinión de maneira desacerbada para que a todos nos quede constancia de que seguramente a súa opinión é a máis aproximada á realidade.

Obviando este dato, impónse a lóxica e as seguintes opción máis votadas son o catolicismo, o agnosticismo e o ateísmo, quedando relegado ao último lugar a opción escollida por aqueles que creen en que non debemos ser o centro do universo e sí debe existir algo que se escapa ao noso coñecemento que non necesariamente se ten que materializar na figura de Deus. Esta última opción foi a escollida por un servidor que comparte tamén a postura (algo egocéntrica e cómoda) de non preocuparse por todo aquelo que non podemos explicar desde un punto de vista da física; como diría o meu bo amigo Kant , todo o que non podemos entender é metafísica e non merece a pena preocuparse por elo porque non seremos capaces de comprendelo.

Un saudo.

No hay comentarios: