domingo, 21 de junio de 2009

This place is death

Título do quinto episodio da quinta tempada de Lost no que Charlotte aplica este calificativo de morte á illa na que se atopan. Este término pode ser perfectamente aplicable a outro lugar que se atopa nesta fermosa comunidade, máis concretamente na provincia de Ourense, Parada de Piñor. Aínda que non tan literalmente, cada vez que o visitei foi para morrerme sobre os empinados camiños que nos conducen á famosa pedra do Tangaraño, con supostas propiedades curativas contra o raquitismo infantil (ou algo así).


Ver mapa más grande

Hoxe pola mañá celebrouse neste pequeno pobo ourensán, a III edición da subida ao Tangaraño, unha durísima proba de montaña que conta cun recorrido, nesta ocasión de 10.8 kms, dos cales prácticamente 7 kms son en subida por angostos camiños, algúns tramos acadan unha pendente próxima ao 30% e os restantes de baixada resultan bastante perigosos e non axudan para nada ao reposo do corredor. Ademais, altas temperaturas, entorno aos 30º e cun sol abrasador que nalgúns tramos acompañaba aos corredores para levalos ata a extenuación. No seguinte link pódedes votarlle un ollo ao recorrido e xuzgade vós mesmos. Fotos. Agradecerlle a JEFFXAVI, foreiro de correr en galicia, estas fotazos que inmortalizan o calvario do Tangaraño.


Con este prometedor panorama, partimos dende Coruña a horas intempestivas, 8 da mañá, Carlos e un servidor, para recoller a Jaichachu e J. Diego en Santiago e facer preto de 200 kms para presentarnos na saída da carreira cun pouco de antelación para quentar (por se non tiñamos suficiente coa calor que facía). As nosas perspectivas, en xeral, eran algo pesimistas para afrontar este reto, posto que xa participamos na edición do ano pasado (menos Jaichachu), donde sufrimos bastante e, aínda por riba, este ano engadíranse algo máis de 2 kms de subida. Pero está claro que a satisfación de completar o percorrido era suficiente aliciente para min e xustificaba con creces o sufrimento durante algo máis de unha hora que me esperaba.


A eso das 11 e 5 minutos dábase a saída, non demasiado numerosa como podedes apreciar na seguinte foto. Parece que xa quedan poucos loucos no mundillo do atletismo popular.


A miña carreira: Saída con calma, afrontando a primeira subida na cola dun numeroso pelotón perdendo de vista por diante a Carlos e por detrás nin rastro de Jaichachu e J. Diego. Así que de novo tocaba experimentar a soidade do corredor. Intento non perder a estela do corredor que me precede. Despois da primeira subida por asfalto, bastante tendida, comezaba un vertixinoso descenso por un camiño moi empinado, estreitísimo e moi perigoso, prácticamente intransitable, ata alcalzar o punto máis baixo, onde había que cruzar un pequeno riachuelo. A partir deste punto "só" restaba subir incansablemente ata a cima do monte. Primeiro uns 2 kms de continua subida, en certos tramos moi dura e noutros tramos picando suavemente, pero sempre en continua ascensión. O camiño bastante estreito, o que non permitía case adiantar aos primeiros corredores que cesaban no empeño de conquistar o monte correndo.

Despois deste duro tramo, pequeno e moi curto descanso con lixeira baixada que serviu para baixar pulsación e coller aire para afrontar a parte máis dura do ascenso que nos levaba ata a pedra do Tangaraño. O corazón comeza a dispararse, non se atopan espazos para adiantar a toda a xente que se para diante túa, vexo que o camiño se comprica ata o punto de que hai que ir escalando entre as pedras e atisbo a figura de Carlos. Quedan apenas 200 metros para chegar á pedra pero alcanzo a Carlos e todos os sentidos gritan ¡Basta! Freada en seco e comeza un lento camiñar que me conduce ata o final dese muro interminable do 37% de pendente. A cabeza pide retomar a fatigoso correr pero as pernas parece que non responden pero, finalmente, pode máis a miña imperturbable vontade e comezo a correr. Aínda queda algo máis de un km (só levamos uns 3,5), antes de chegar a parte alta do monte donde a subida suaviza e o camiño se torna máis transitable.

Agocho a cabeza e a mirar para as pernas de quen me precede para intentar non perder ritmo, desobecedecendo tódalas ordes do meu cerebro, pulmóns, pernas... que me suxiren outro descansiño. Outro muro aparece ante min e outro máis, intento regular a respiración e non pensar en nada. Alzo a vista e por fin vexo que estou arriba, que o máis duro rematou pero teño que seguir subindo. Respiración profunda e sigo o ritmo dun corredor do clube Celanova que me marca un ritmo xenial que nos acerca a outros corredores, os restos que foi deixando a montaña, que se parece estar vingando da nosa osadía por intentar conquistala no primeiro día de verán. Transcurren os últimos kms de subida e chegamos ao inicio da baixada, sobre o km 7, cun grito de xúbilo e satisfación no meu interior que xa estaba a piques de entrar en cortocircuito pola excesiva calor. Poucos fogos conseguiu apagar o avituallamento, aló polo km 4,5 ou 5 xa que o corpo rápidamente esqueceu ese momento de respiro.

Os catro magníficos antes de iniciar a última subida

Baixada lixeira por un camiño de novo estreito, aínda que non demasiado perigoso comparado coa primeira das baixadas. Deixo escapar a dous dos corredores que levaba diante, pero sobrepaso ao resto para escapar o máis rápido posible do inferno. Chega a zona de asfalto que o ano pasado prácticamente te conducía ao final pero este ano tíñannos preparado unha boa encerrona. Xiro na carretera e asoma un muro de asfalto que desalenta ao máis valente. Intento facer a subida correndo, pero despois dos 100 primeiros metros, que era o máis duro, desisto de imposibles e inicio un penoso andar por segunda vez. Miro para atrás, vexo a Carlos e ante o meu agotamento global e a imposibilidade de baixar de 1 hora, decido tomarme a parte final (en baixada) con calma. Sorpresa! A baixada final e máis perigosa, se cabe, que a primeira, sendo necesario en tramos parar e ir andando con moito tino para evitar as trampas do camiño. E por se fora pouco algunhas zonas completamente embarradas. Non queda outro remedio que suspirar, pensar que só queda 1 km para acabar coa tortura e asegurarse a un mesmo que para o ano non repito a experiencia. Pero chegamos a meta, xuntos eu e Carlos, e as penurias esquécense e un sorriso aparece de improvisto polo sinxelo orgullo de acabar e dis: "Para o ano repetimos, non?", como se a auga que engulles na meta limpara todo o sufrimento que pasaches durante algo máis de 1 hora. Minutos despois chegan Diego e Jaichachu, intercambiamos algúns comentarios, pero xa comezas a pensar na seguinte carreira (ou en San Xoán, xD).

Un saudo.


P.D: Gracias tamén a outro foreiro de correr en galicia, Pipe, por subir con tanta celeridade as fotos.

3 comentarios:

Carlos dijo...

Épico

panchito el glu glu dijo...

Dolor en todas las caras menos en la de J.Diego, que iba con una cara de bueno, pues andamos por aquí xDD

Bilardo dijo...

Espero que para o ano que ven te dignes a vir connosco ao Tangaraño e así poder poñer a túa cariña no collage, a ver que guapiño saes, xD.
Se te les con atención a miña crónica e ves as fotos dos camiños polos que pasamos supoño que non che quedara valor para ir sufrir alí coma os homes.