sábado, 27 de octubre de 2007

Cassandra's dream

Como ocorre a maioría de venres pola noite, para disimular o aburrimento que impregna constantemente esta cidade, decidimos probar a sensación de disfrutar dunha boa película, cada vez máis difícil de conseguir. Sen embargo, esta posibilidade evidencíabase compricada, posto que a oferta cinematográfica coruñesa era bastante mediocre, plagada de absurdas películas americanas sobre adolescentes saídos ou grandes produccións fantasiosas con argumentos ominosos. Ante tanta desfachatez na carteleira, decidimos outorgarlle unha oportunidade a un film con título de "club de alterne". Cassandra's dream é a enésima película na dilata carreira do director norteamericano Woody Allen, e serve, ademais, para completar a triloxía do neurótico director sobre a súa peculiar visión de Londres, logo de Match Point e Scoop.


O reparto da película está encabezado (eu diría monopolizado) por dous actores de moito renome, Colin Farrell e Ewan McGregor, que dan vida a dous irmáns londinense moi unidos, pero con personalidades e metas completamente distintas. Colin Farrell interpreta a un home de clase baixa, mediocre, sen expectativas de futuro, que consume a súa agonía nun whisky barato, e con certos problemas de ludopatía que só lle serven para acumular máis e máis débedas. O papel de alcóholico e lúdopata adáptase perfectamente as cualidades de Collin, polo que probablemente estemos ante a súa mellor "actuación".

Namentres, Ewan McGregor interpreta ao outro irmán, coas mesmas limitacións económicas, pero brillante e soñador, que anhela profundamente convertirse en alguén que non é, alguén respetado e admirado. Na súa pretensión de fuxir das súas raíces humildes ás que semella estar condeado de por vida, intenta aparentar ser unha persoa distinta cunhas posibilidades monetarias que distan moito da desgarradora realidade. Estes ahelos de grandeza acabarán por convertirse na súa perdición, xunto coa súa devoción por satisfacer os caros caprichos da muller que ama, unha actriz de teatro que reflexa perfectamente a figura de femme fatale, interpretada por Hayley Atwell.

Sen embargo, estas sustanciais diferencias na personalidade dos irmáns, no canto de distancialos, favorece a súa unidade e a necesidade de apoiarse un no outro para resolver as situacións críticas que se ven obrigados a afrontar. Partindo deste plantexamento e coñecendo as excentricidades que caracterizan ao director, podédesvos facer unha lixeira idea sobre o discurrir da película. A partir dun guión elaborado, pero sen demasiadas pretensións existenciais, sinxelo por momentos e sen alardes narrativos, Woody Allen utiliza a súa habilidade natural para trasladarnos unha historia corrente que, imaxinada pola súa retorcida mente, acabase por convertir nunha disparatada ficción abarrotada dese humor subrealista que caracteriza a obra de Allen.

Eliminados tódolos artificios extrínsecos da historia (efectos especiais), Woody Allen tenta seducir ao espectador cunha trama sinceira e dinámica, plagada de situacións absurdas, divertidas e ata disparatadas, con diálogos frescos e directos, pero que finalmente deixan unha certa sensación de insustancialidade, de superficialidade e sobre todo de reincidencia, polo que, sobre todo por estas razóns, non me acaba de convencer demasiado. En definitiva, a película alterna momentos entretidos aderezadas coa xeniliadade e irreverencia de Woody Allen, con momentos moi divertidos e díficiles de esquecer (durante unha semana, xD), pero tamén con fases aburridas e frívolas, desembocando todo elo nun final cantado, marcado polo drama ao máis puro estilo da traxedia shakespeariana.

Nas súas últimas produccións, Woody Allen continua na súa eterna cruzada de indagar na complexidade das interaccións humanas aportando a súa pincelada neurótica, pero menospreciando, con respecto a films anteriores, a historia que usa como fío conductor que, en ocasións, parece sacada dalgunha novela barata de bolsillo. Aínda con todo esto, a miña humilde opinión é que a súa nova película, Cassandra's dream, pasa a encabezar a lista de decepcionantes e ata repugnantes películas, con apariencia de telefilm, que fun ver nestos últimos meses.

viernes, 26 de octubre de 2007

Trailer de 24

Para tódolos amantes da saga de Pro Evolution Soccer, entre os que lóxicamente me inclúo, o día 25 de Outubro era unha data especialmente sinalada no calendario, xa que se poñía á venda a esperada nova entraga deste gran simulador de fútbol, o Pro Evolution Soccer 2008. Sen embargo, este día tíñanos reservada outra agradable sorpresa, a cadea estadounidense Fox, através da súa páxina web, facía público o avance da séptima tempada de 24, que ten previsto o seu estreo para o día 13 de Xaneiro de 2008, que pasa a convertirse noutra data de referencia. Se estades mortos de curiosidade por ver como comeza o séptimo día de Jack, aquí vos deixo o trailer para ir abrindo boca.



Este pequeno resumo das primeiras entregas da séptima tempada de 24, deixa intuír cales van a ser as claves elexidas polos guionistas para intentar reforzar a credibilidade da serie, un tanto deteriorada. Regreso dun dos valuartes principais do éxito de 24, Tony Almeida, aparentemente cambiado de bando, e novas amenazas terroristas ás que EEUU, con Jack Bauer á cabeza, debe facer fronte. En definitiva, 24 capítulos cargados de emoción, intensidade e grandes doses de acción para amenizar o comezo do próximo ano.

jueves, 25 de octubre de 2007

Exemplo de manipulación de datos

No deporte, en concreto, así como en calquera outro ámbito da vida, en xeral, as estadísticas axúdannos a entender e modelar de xeito cuatitativo unha determinada realidade. Sen embargo, as estadísticas, ao igual que outros moitos indicadores cuantitativos, sen deixar de ser precisas e fiables, son tremendamente subxetivas e fácilmente manipulables. Análogamente ao que acontecía coa Paradoxa dos Xemelgos e a Teoría da Relatividade, dependendo do punto de vista que se considere, atoparémonos con versións completamente distintas sobre a mesma realidade.

Vamos a ver un exemplo moi sinxelo de como se poden manipular completamente as estádisticas para ensalzar un feito de dudosa veracidade. O diario as, pouco propenso a fanatismos e a distorsiar á súa maneira a realidade, publicaba esta mañá, na súa versión online, a seguinte noticia referente as prestacións de Fernando Alonso nesta tempada, Noticia de as. Xuzgade vos mesmos.

Cando lin o titular quedei moi sorprendido pola afirmación que nel se pregonaba. Logo de comezar a ler a noticia, enseguida comprendín que os tempos e datos que se presentaban non eran máis que o resultado dun proceso de dudosa fiabilidade: observar os datos reais, coller aqueles que servan para o teu propósito (exaltar a labor de Fernando) e dispoñelos de forma adecuada para magnificar a súa importancia. Seguramente, a versión inglesa do diario as, abrirá cun titular moi similar: "Hamilton ha sido el piloto más rápido de la temporada", " ... el tristón ibérico activó remotamente el limitador de velocidad del monoplaza de nuestro campeón", ...

PD: Esta é a derradeira vez que poño un comentario relacionado coa Formula 1, ata o vindeiro ano. ¡Prometido!

miércoles, 24 de octubre de 2007

Resultados enquisa de Formula 1

Logo de máis dun mes para poder votar na enquisa, co obxetivo de escoller o mellor piloto actual da Formula 1, creo que é un bo momento para facer reconto de votos e sacar algunhas conclusións, coincidindo ademais co final do campeonato deste ano. Nas seguintes gráficas pódense apreciar os resultados da enquisa:

A partir destos datos númericos eu destacaría catro conclusións relevantes:

  1. Escasa participación dos visitantes do blog. Considero que a temática da enquisa era tremendamente popular e creo que os candidatos eran coñecidos por toda persoa que non esté aislada por completo do mundo. Eso suxíreme dúas alternativas: o número de votos coincide co número de visitantes habituais do blog, ou hai maior número de visitantes pero pasan de votar. Eu decantaríame pola primeira das opcións, e se a realidade se corresponde co segundo dos casos, os mencionados visitantes, senón votaron nesta enquisa, dubido que o fagan en calquera outra.

  2. Temos un claro gañador, Fernando Alonso. Esto demostra que a xente segue a confiar no piloto asturiano e valora exclusivamente a súa indubidable categoría como piloto, deixando á marxe a súa discutida personalidade, o cal me parece perfecto.

  3. Na segunda posición postúlase o piloto inglés, Lewis Hamilton, compañeiro de equipo de Fernando en McLaren e amigo deste, como o resto do paddock. Resulta sorprendente que un novato na Formula 1 obteña un maior número de votos que un piloto contrastado da categoría de Kimmi Raikkonen. Non hai dúbida de que Hamilton chegara a ser un gran piloto (ou non), pero resulta curioso que, para unha boa fracción dos votantes, sexa considerado o mellor piloto. Seguro que logo de ver as dúas últimas carreiras algún desexaría reconsiderar o seu voto.

  4. É máis curioso aínda me parece que Kimi, recente campión do mundial de pilotos, sexa a opción menos votada, cun só voto que, ademais, corresponde a un servidor. Se atendemos á lóxica, o gañador do campionato do mundo debe ser considerado como o mellor piloto desta tempada da Formula 1 e, polo tanto, atendendo a un criterio puramente matemático, só eu tería razón. Nada máis lonxe da realidade, posto que Kimi gañou o campionato por que McLaren e Lewis se empeñaron en regalarllo.
PD: Confío en que vos agrade a seguinte enquisa que plantexo no blog, sobre a relexión e as crenzas, un pouquiño máis trascendental que as anteriores.

Os dependentes do Corte Inglés

O inevitable discurrir do tempo e o movemento de traslación da terra, provocado pola forza gravitatoria universal, motivan a inalterable sucesión cíclica das estacións. Entre outras moitas cousas, cambiar de estación normalmente ven acompañado dun cambio de clima, que pode ser máis ou menos acusado dependendo de cada rexión e que implica un cambio dos nosos hábitos, especialmente da vestimenta utilizada. Na maioría de ocasións, esta variación da nosa forma de vestir fai necesaria unha renovación do armario, nimia ou máis significativa, dependendo do tipo de persoa e da súa capacidade económica.

Polo tanto, coa chegada do outono, cambia o clima, comeza a facerse patente a necesidade de poñerse roupa de abrigo e, para iso, antes é preciso adquirila. Ata o momento, lóxica aplastante. Na arriscada tarea de acondicionarse ao novo clima e á nova sensación térmica que nos agarda, podemos optar por moi diferentes alternativas. Unha das máis comúns, cando menos entre o estudantado, consiste en acudir a tendas como Zara, Pull&Bear, Springfield, ... Este tipo de tendas teñen a inestimable vantaxe, respecto a calquera outra, de que as prendas de roupa que ofertan teñen uns prezos asequibles para todo o mundo. Sen embargo, tamén atesoran importantes inconvenientes: espacio reducido, aglomeracións, certa sensación de desorde, ... En caso de acudir con túa nai, noiva ou amiga, estos inconvenientes non representan ningún obstáculo, posto que o xénero femenino desenrolou co tempo unha especie de habilidade para enfrontarse a estos problemas pero, no caso de aventurarse a saír só de compras, é preferible decantarse por alternativas máis sinxelas como, por exemplo, ir directamente ao Corte Inglés.

A diferencia doutras tendas, o Corte Inglés ofrécenos a posibilidade de acceder a unha ampla selección de roupa de diferentes marcas, con menor sensación de abafo (maior espacio), e resultando moito máis sinxela a búsqueda das prendas (menor sensación de desorde). É obvio que o prezo xeralmente é superior, pero seguramente tamén a calidade das prendas. Sen embargo, hai unha cousa que me saca completamente de quicio (en galego dise couzón, xD) nestos grandes almacéns: os seus dependetes.

¡Exacto! Esa especie de espantapaxaros con traxe repartidos estratéxicamente por toda a planta e que semella que non che quitan ollo, namentres están maquinando algunha terrible argucia para se desfaceren de ti. Eses individuos que, consumidos polo tedio do seu traballo, non dubidan en asaltarte, unha e outra vez, como máquinas programadas e sempre coa mesma frase: "¿Necesita ayuda?". E sempre acabamos por contestar para que nos deixen en paz: "Só estaba mirando, gracias", ante o cal, fuxen rexeitados de volta ao seu tedioso traballo de espantapaxaros. E eu pregúntome, despois de ser asaltado cinco ou seis veces, incluso máis dunha vez polo mesmo dependente, ¿por qué seguen empecinados en volver a preguntar despois de ver como lle dicíamos que non a un dos seus compañeiros ou a eles mesmos?, ¿realmente pensarán que cambiamos de opinión aos 5 segundos? ou ¿estarán programados para facerlle insufrible a estancia ao cliente? Sinceramente non me entra na cabeza. No momento no que precisemos axuda, creo que calquera persoa no seu sano xuízo a pedira por si mesmo. E por outro lado, tampouco resultará demasiado compricado identificar a quen debemos acudir para solicitar esta axuda, individuos en traxe con cara de asco e mirada inquisidora. Polo tanto, non creo que sexa necesaria esa actitude enfermiza.

Outra cousa que me irrita bastante desta peculiar especie é a súa compulsiva necesidade de perseguirte por todo o seu espacio asignado, colocando milimétricamente cada prenda que, previamente, o cliente descolocou para votarlle unha ollada, incluso no caso de que te molestes en plegala e colocala coidadosamente, desautorizando deste xeito a túa xentil acción. Alguén lles debería explicar que resulta tremendamente molesto a súa forma de observarte fixamente, seguindo cada un dos teus movementos, memorizando cada prenda que tocas, que mancillas, suplicándoche cos seus ollos desorbitados que abandones esa zona para que él poida abalanzarse furtivamente sobre o desorde causado polo teu paso e restituir a pulcritude na súa propiedade. Cada vez que un dependente me persigue ordenado as prendas que descoloco danme ganas de devolverlle a xogada e redescolocar a roupa novamente, simulando a repetición cíclica das estacións climáticas. Obviamente, por respecto, non o fago.

Pero, sen dúbida, o que máis me molesta é a súa actitude arrogante, mirándote por riba do hombro e transmitíndoche a sensación de que non mereces pasear entre tanto luxo por ir vestido con un chandal e unha sudadera, que non tes dereito a estropear o panorama elitista que tentan impoñer e por suposto, á hora de pagar, que non es digno dunha prenda de tanta xentileza. Por desgracia, esta discriminación pola apariencia ocorre en moitos sitios de diversa índole, comezando polas facultades de dereito e acabado na maioría de pubs.

miércoles, 17 de octubre de 2007

Mapa virtual da Terra Media

O espacio web Elfenomeno afianzouse como un dos portais en español máis importantes dedicados a J.R.R. Tolkien e a todo a súa obra, especialmente a todo o relacionado con "El Señor de los Anillos". Ademais representa unha referencia obrigada para todos os fans, tanto da obra de Tolkien, como das películas realizadas por Peter jackson que recrean esta historia fantástica imaxinada por Tolkien.

No seu oitavo aniversario, Elfenomeno decidiu obsequiar a tódolos seus seguidores cun agasallo moi especial: un completo mapa virtual da Terra Media, diseñada pola desbordante imaxinación de Tolkien. De forma similar a Google Maps é posible visitar en segundos calquera localización deste universo fantástico, e así, por exemplo, podemos seguir paso a paso a ruta trazada polos nosos heroes durante a súa asombrosa aventura que parte da Comarca ata chegar ao Monte do Destino.

Recoméndovos votarlle un vistazo a esta utilidade, especialmente a todos aqueles que intentavades recostruir mentalmente cada un dos escenarios deste universo fantástico a medida que iades devorando con vehemencia cada unha das páxinas dos libros de Tolkien. Os demais podedes realizar esta visita virtual a modo de curiosidade. Mapa virtual da Terra Media.

martes, 16 de octubre de 2007

Mayor Oreja e o franquismo

Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, o eurodiputado do Partido Popular, Jaime Mayor Oreja, apostou por un discurso no que elude a condena da dictadura franquista en España con declaracións tan sorprendentes como éstas:

¿Cómo voy a condenar el franquismo, lo que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?” " ... hubo muchas familias que lo vivieron con naturalidad y normalidad.”

"En el País Vasco se vivió una situación de extraordinaria placidez."

Antes de opinar tan libremente sobre un tema tan delicado na historia de España, como é o franquismo, este señor deberíalle preguntar ás familias de quenes foron fusilados durante a dictadura se teñen esa mesma opinión sobre o franquismo. Resulta díficil de crer que existan persoas racionais que, por riba, representan a un sector do pobo español no vello continete, e que non condenen a dictadura, a imposición da autoridade baseada no uso da forza e na difusión do terror, castigar o feito de pensar ou opinar distinto coa morte, ..., o dito, extraordinaria placidez.

PD: E non se quedan atrás as declaracións de Carlos Gracia, presidente de la Federación Española de automovilismo : "Con lo racistas que son en Inglaterra, que tengan que apoyarse en un piloto de color...". Estas declaracións traerán cola en Inglaterra, e senón ao tempo.

lunes, 15 de octubre de 2007

¿Premio Nobel de Matemáticas?

Os Premios Nobel son outorgados cada ano a aquelas persoas ou colectivos que contribuíron de xeito notable ao desenrolo e benestar da sociedade. Foron creados por desexo expreso de Alfred Bernhard Nobel, inventor da dinamita en 1967, no seu testamento, para galardoar a labor dos profesionais en cinco campos específicos: a física, a química, a medicina, a literatura e a paz.

Deste xeito, dende 1901, cada 10 de Decembo (data na que faleceu Nobel), entréganse os Premios Nobel en cada un destos campos, ademais do Premio Nobel de Economía, creado en 1968 polo Banco Central de Suecia, a pesares de non aparecer ningunha referencia explícita no testamento de Nobel. Sen embargo, non deixa de resultar curioso que non exista un Premio Nobel de Matemáticas. ¿Por qué Alfred esqueceu ou deixou de lado intencionadamente unha ciencia tan importante como as matemáticas, históricamente admirada e que resulta tan necesaria para outros campos sí contemplados, como a física ou a química?

Existen diferentes versións que tentan ofrecer unha explicación sobre a non incursión das matemáticas no testamento de Nobel e a consecuente ausencia de Premio Nobel neste campo. Por un lado, circulan certas lendas que afirman que Nobel estaba considerando a concesión deste galardón pero, cando solicitou consello para determinar quen era merecedor do premio, todos suxeriron o nome de Mittag-Leffler, célebre matemático sueco da época. A relación entre estas dúas influintes figuras era pouco amistosa, polo que Nobel decidiu castigar para a eternidade a todo o gremio matemático. A verdadeira razón da enemistade entre Nobel e Mittag-Leffler non está demasiado clara. Namentres algúns afirman que Mittag-Leffler mantiña unha relación secreta coa muller amada por Nobel, outros achacan as malas relacións á díficil personalidade do matemático.

Sen embargo, a explicación máis aceptada e tamén a máis razoable, é simpremente que Nobel consideraba as matemáticas como unha ciencia demasiado teórica e con escasas implicacións prácticas, a diferencia doutras ciencias como a física, a química ou a medicina, que sí axudan de xeito práctico a un continuo progreso e mellora da sociedade. En certa maneira, non lle faltaba razón ao bo de Nobel pero, ao meu entender, resulta castigo excesivo para un campo que serviu e segue servindo de sustento teórico para as demais ciencias.

Ante a ausencia deste galardón, os matemáticos, o mesmo que os demais colectivos que non optan aos Premios Nobel, crearon os seus propios galardóns. Estos premios son coñecidos como as Medallas Fields, creadas polo canadiense, John C. Fields, en 1924 y que son outorgadas cada catro anos dende 1936. Como dato curioso é preciso destacar que só poden ser premiadas persoas que non cumpliran os 40 anos.

La ciudad de los árboles

Este é o título escollido polo grupo Mago de Oz para o seu novo álbum que se poñerá á venda o próximo día 8 de Novembro. En contra do que se podía pensar, Mago de Oz interrompe a triloxía de Gaia para dar á luz un novo disco composto de 13 cancións que reprentan un intento de achegarse ás orixes do grupo, con letras máis persoais e melodías máis directas, apostando por temas máis cortos e rockeiros.

Dende a semana pasada é posible disfrutar do primeiro single deste disco, "Y ahora voy a salir (Ranxeira)", no que renden un merecido tributo aos seus numeros seguidores mexicanos. Ademais, na cara B do single, inclúese unha versión do coñecido tema "Moonlight Shadow"de Mike Oldfield interpretado por Patricia Tapia, cantante do grupo Nexx e habitual colaboradora de Mago.



Logo de oír este videoclip teño moita curiosidade por escoitar o disco completo, posto que a canción escollida para presentar La ciudad de los árboles alónxase por completo da temática "social" e do estilo ópera folk-metal que semellaba caracterizar os dous últimos discos de Mago de Oz, Gaia I e Gaia II: La voz dormida.

domingo, 14 de octubre de 2007

As mulleres e as cores

Para ilustrar este problema, imaxinemos a seguinte escea, que perfectamente pode estar baseada en feitos reais.

Dúas persoas anónimas, un home e unha muller, totalmente normais, conviven circunstancialmente nunha mesma casa. O home, de idade arbitraria, pregunta inxenuamente: "¿Sabes onde está a miña camiseta vermella?" Ante esta sinxela cuestión, a muller responde cunha nova pregunta, no seu afán de matizar o amplo espectro de cores: "¿Refíreste a túa camiseta de cor granate?". Despois de meditar uns intres sobre a verdadeira natureza da cor granate, o home contesta: "Esa camiseta non, refírome á vermella". Con esta resposta a muller parece descartar un importante conxunto da roupa do seu compañeiro masculino, e insiste chea de razón: "Ah!, ¿A camiseta burdeos?" . O home desesperado, á vez que intrigado ante a aparición dunha nova cor con nome de cidade, acaba por poñerse a camiseta negra para evitar complicacións.

Esceas como a anterior ou similares sucédense constantemente na realidade cotiá das interaccións entre homes e mulleres, independientemente da relación que se estableza entre eles: parella, irmáns, nai-fillo, ... , e ademais constitúen unha proba irrefutable do seguinte teorema: "As mulleres son capaces de percibir un número infinitamente superior de cores que os homes". Desa maneira, queda demostrado empíricamente que os homes só somos capaces de recoñecer unhas 7 ou 8 cores, algúns afortunados ata 10, namentres as mulleres inclúen o beige, malva, lila, fucsia, hueso ou melocotón no seu colorido vocabulario.

Verificado o feito, antóxase fundamental procurar nas causas que motivan este curioso fenómeno. ¿Realmente existen tantas cores como afirman distinguir as mulleres?¿Existe algunha peculiaridade estructural no cerebro femenino que aumenta a súa sensibilidade para percibir as sutís diferencias que hai entre as cores?

Segundo a Real Academia Española, pódese definir a cor como a "Sensación producida por los rayos luminosos que impresionan los órganos visuales y que depende de la longitud de onda". Desta definición despréndese de maneira inmediata que a natureza de cada cor depende exclusivamente da lonxitude da onda reflexada no corpo e que é percibida polo ollo humano.

Cando a luz impacta sobre un determinado obxecto, dependendo das características físicas do mesmo, unha parte desa luz será absorbida e a restante reflexada cunha determinada lonxitude de onda. O ollo humano percibe a luz reflexada e na retina transfórmase esa percepción nunha información que o noso cerebro é capaz de interpretar para poder xerar a forma e a cor do obxecto. As células da retina encargadas de sintetizar a información sobre a cor a partir da lonxitude de onda son os conos. Existen tres tipos diferenciados de conos, que se corresponden coas tres cores fundamentais (non primarias): vermello, azul e verde.

Cada cono contén uns elementos proteicos chamados opsinas que están sintonizados para activarse nunha banda espectral concreta. A eritropsina ten maior sensibilidade ante as lonxitudes de onda longas (luz vermella), a cloropsina maior sensibilidade ante lonxitudes de onda medias (luz verde) e, por último, a cianopsina maior sensibilidade ante as lonxitudes de onda pequenas (luz azul). A combinación das respostas dos tres tipos de conos determina a verdadeira cor do obxecto e esa información é transmitida ao cerebro. En condicións de baixa luminosidade utilízanse outro tipo de células similares denominadas bastóns.
Tendo en conta esta descripción da fisioloxía da cor, pódese afirmar que existe un número suficientemente grande de cores aos que asignar a enorme cantidade de nomes de cor ideadas polo xénero femenino. Cada lonxitude de onda dos estímulos electromagnéticos, cada un dos "mapeos" da frecuencia nas tres cores fundamentais, cada resposta conxunta dos tres tipos de conos, constitúe en esencia unha cor distinta.

Polo tanto, a existencia de infinitas cores é unha realidade. Sen embargo, unha pregunta máis interesante sería, ¿Cántas desas cores pode distinguir o noso cerebro? A meirande parte da información que é percibida a través de calquera dos nosos sentidos é descartada antes de ser transmitida ao cerebro, posto que éste presenta unha capacidade de procesamento lamentablemente bastante limitada. Esta restricción física e a cantidade real de información que se utiliza van a determinar a mínima diferencia que debe existir entre dúas cores para que o cerebro as poida interpretar como dúas cores distintas. É dicir, se a diferencia entre dúas cores é demasiado pequena, a cantidade de información utilizada polo cerebro non será sucifiente para representar esa diferencia e serán procesadas como a mesma cor.

Con respecto a maior capacidade de percepción de cores das mulleres, non existen evidencias fisiolóxicas que mostren diferencias estructurais entre o cerebro da muller e o cerebro do home na zona encargada de xestionar as cores. Esta maior sensibilidade pode deberse exclusivamente a maior capacidade de atención das mulleres aos pequenos detalles que lles permite ser máis conscientes das sutís diferencias entre as cores. Vamos, que os homes distinguimos en menor medida as cores porque francamente non nos interesa.

miércoles, 10 de octubre de 2007

O número áureo

Dende os albores do razoamento humano, os continuos anhelos do home por atopar a proporción exacta que determina a perfección das cousas, por descubrir as regras matemáticas que rixen a beleza e a armonía no universo, sempre rematan tropezando cun mesmo número, paradóxicamente irracional, coñecido como número áureo, proporción áurea ou número de ouro:

Ao longo da nosa historia, unha gran cantidade de filósofos, matemáticos e artistas atribuiron propiedades singulares, máxicas e ata divinas a este curioso número. A fascinación de todos eles ante as infinitas manifestacións desta proporción na natureza ou en calquera aspecto da vida cotiá, fixo que empregaran repetitivamente este valor nas súas principais obras como medio para acadar a beleza e a perfección.

Quero imaxinar que todos coñecedes as propiedades que definen o número áureo pero, para quen non as coñeza ou para quen as teña un pouco esquecidas como eu, achégovos este video que explica perfectamente todo o relacionado con tan enigmático número.




Este outro video explica, de maneira tremendamente sinxela, como podemos obter a proporción áurea a partir de dous segmentos calquera dunha determinada recta.




PD: Youtube serve para máis cousas que para ofrecernos as derradeiras creaccións da xente máis friki do planeta.

A paradoxa dos xemelgos

Unha das paradoxas máis importantes no campo da física é a coñecida como Paradoxa dos Xemelgos. Esta curiosa paradoxa emprégase para explicar a diferente percepción do tempo que teñen dous observadores en distinto estado de movemento.

Obviamente está inspirada na archicoñecida Teoría Especial da Relatividade exposta por Albert Einstein en 1905. A paradoxa plantéxanos a dous xemelgos, por tanto da mesma idade, nun determinado planeta. Un dos xemelgos inicia unha viaxe espacial cara unha estrela cercana situada a uns anos luz. A nave espacial na que viaxa móvese a unha velocidade cercana á da luz, sen superala. Unha vez o viaxeiro chega ao seu destino, permance un certo tempo e decide regresar ao planeta de orixe.

A Teoría Especial da Relatividade, simprificando a súa densa base teórica matemática, afirma que o tempo transcorre máis lentamente canto maior é a velocidade a que nos movemos (en velocidades próximas á da luz) , considerando un sistema de referencia inercial, é dicir, asume que as medicións temporais son realizadas por un observador que permanece en reposo ou cun movemento uniforme. Tendo en conta este plantexamento, se consideramos como observador o xemelgo que permanece no planeta, o seu irmán alónxase a un velocidade próxima a da luz é polo tanto o tempo transcorre máis despacio para éste. Esta dilatación do tempo durante a viaxe motiva que o envellecemento do irmán viaxeiro sexa menor ao seu regreso.

Pero a paradoxa aparece cando cambiamos o punto de vista, o sistema de referencia, o observador. O irmán que realiza a viaxe observa ao seu xemelgo alonxarse a unha velocidade próxima á da luz. Deste xeito, dende o seu punto de vista, el non se está movendo, quen se está desplazando a unha maior velocidade é o seu irmán que permaneceu no planeta, e polo tanto, será éste quen se vexa afectado pola dilatación temporal que predice a Teoría Especial da Relatividade. Consecuencia inmediata, para o irmán viaxeiro o tempo transcorre máis rápido e envellecerá a maior velocidade que o seu outro xemelgo.

Resumindo toda esta parrafada, cando o irmán regrese ao planeta, ambos xemelgos esperan ver ao seu outro irmán máis xove que el mesmo. Precisamente nesta incoherencia é onde se encerra a paradoxa do xemelgo. Para resolver esta paradoxa, Einstein formulou anos máis tarde a Teoría Xeral da Relatividade que se postula como unha xeneralización da anterior para todo tipo de sistemas referenciales. Empregando os fundamentos desta teoría pódese demostrar que será o irmán que permanece no planeta quen envellece con maior rapidez.

Rec

O festival internacional de Sitges ofrécenos cada ano a posibilidade de disfrutar do mellor cine fántastico. Durante aproximadamente unha semana proxéctase unha ampra selección das mellores produccións de ciencia-ficción e terror psicolóxico, tanto a nivel nacional como a nivel internacional. Na oferta cinematográfica deste ano destacan esencialmente aportacións nacionais como El Orfanato ou Rec.

Esta última proposta representa un intento de achegarse a verdadeira natureza do terror, eliminando a ilusión inherente ao concepto de cine, e centrándose en transmitir aos espectadores, co maior realismo posible, o pavor que viven os protagonistas da historia. En certa maneira recorda a forma de rodar da aclamada The Blair Witch Project.

Este interesante recurso de narración visual queda devaluado cun argumento facilón, moi desgastado e carente de orixinalidade. A historia comeza cunha chamada ao corpo de bombeiros dunha anciá que se quedou encerrada na súa casa. Unha reporteira de televisión local que estaba a facer un reportaxe sobre o labor dos bombeiros acude xunto con éstos ao edificio onde vive a anciá. Cando chegan á casa, escoitan gritos aterradores da muller encerrada e deciden entrar, encontrándose unha muller semiinconsciente, rodeada por decenas de gatos. De pronto, a muller lánzase sobre un dos bombeiros, mordéndoo salvaxemente, diante duns incrédulos compañeiros e do obxetivo da cámara. Esto é só o comezo dun largo pesadelo e dun dramático reportaxe de TV único. Cando os outros bombeiros se levan ao ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada polas autoridades. O edificio foi posto en cuarentena.



Película de terror española codirixida por Jaume Balagueró e Paco Plazo que se estraará en cines o próximo 23 de Novembro. Despois de saber quen é o director, ver o trailer e as críticas que está recibindo, non teño ningunha dúbida de que este film non vai decepcionar a ninguén.

martes, 9 de octubre de 2007

Lista das 11 cantantes máis sensuales

Ante a escaseza de ideas que veño arrastrando nestes últimos días, só me queda deixarme levar polo camiño fácil e recurrir a un dos recursos que máis satisfaccións me reporta, elaborar un ranking. Neste caso o tema elixido é o panorama musical actual e máis concretamente, unha lista das once cantantes que, ao meu xuízo, poden ser consideradas como as máis sensuales na actualidade. É importante precisar que a lista atende principalmente a un criterio de sensualidade.


11. Natalia

Debido a impulsiva necesidade de incluir algún producto nacional na lista, vinme obrigado a decantarme por esta impresionante rubia con cara anxelical. Coñecida por participar na primeira edición de Operación Triunfo, logrou facerse un oco no compricado mercado musical gracias a súa sensualidade e a súa voz doce que conquista a un sector fácilmente suxestionable a través dos obvios encantos de Natalia, os adolescentes.

10. JLO

Actriz de orixe portorriqueño reconvertida en cantante de éxito en todo o mundo. Famosa polo seu salientable traseiro que está asegurado por unha cantidade de diñeiro astronómica. Despois de compartir a súa vida sentimental e premios razzies co nos querido Ben Affleck, parece ser que Jennifer atopou a estabilidade xunto con outro cantante latino de éxito, Marc Anthony.

9. Thalia

Guapísima cantante mexicana que alcanzou o seu éxito en Sudamerica e España a finais do século pasado. A pesar da súa escasa estatura cautiva coa súas fermosas faccións e cun corpo puramente latino.

8. Holly Valance

Holly Rachel Vukadinović, coñecida co nome artístico de Holly Valance, deuse a coñecer no ano 2002 coa canción Kiss, Kiss. No videoclip desta canción, Holly mostrábase en actitude suxerente e lixeira de roupa. Logo duns anos na sombra reapareceu na gran pantalla como a muller de Michael Scofield na aclamada (jajaja!) Prison Break.

7. Christina Aguilera

Cantante nada en Estados Unidos, con descendencia ecuatoriana e irlandesa, que entrou con forza no mercado pop intercional co seu éxito Genie in a bottle. Á sombra de Britney Spears dende os sus comezos, conseguiu asentarse definitivamente como a próxima reina do pop gracias, en parte, a desastrosa vida de Britney que malgastou a súa carreira e a nosa paciencia.

6. Shakira

Shakira Isabel Mebarak Ripoll naceu en Colombia pero reside dende fai moitos anos en Miami. Esta colombiana converteuse na artista latina máis internacional da última década con éxitos como La Tortura, Hips Don`t Lie ou Las de la Intuición. Atractiva e sensual, destaca polo seu hipnótico movemento de cadeiras.

5. Natalie Imbruglia

Cantante australiana coñecida pola súa fermosa voz e os seus preciosos ollos azuis. Golpeou forte a finais dos 90 coa súa canción Torn (Desgarrada). Desaparecida do panorama musical dos últimos anos editou un álbum recopilatorio neste 2007, Glorious.The Singles 1997-2007, con relativo éxito.

4. Nelly Furtado

A principal razón para que esta cantante canadiense apareza tan arriba nesta lista é por que se trata dunha debilidade do encargado de elaborar a lista, un servidor, e máis dende que se sospeita das súas tendencias lesbianas. Cuns preciosos ollos sobre unha pálida e delicada pel, Nelly enfeitiza aos seus fans. Saltou á fama co disco titulado Whoa, Nelly! que contiña sinxelos como I'm like a bird ou Turn off the light. O ano pasado publicou Loose que conten a preciosa balada All good things (Come to an end).

3. Kylie Minogue

Poucas cousas máis se poden dicir desta beleza australiana, entrada en anos, pero que se conserva excepcionalmente; do mesmo xeito que os bos viños, mellora cos anos. Seductora en tódolos seus videoclips destaca pola súa cálida voz en grandes cancións como In Your Eyes ou Can't get you off my head.

2. Rihanna



A cantante Robyn Rihanna Fenty naceu na isla caribeña de Barbados. Conseguiu consagrarse definitivamente en todo o mundo gracias ao seu recente éxito Umbrella, onde baila de maneira moi sensual amosando un dos seus maiores encantos, as súas interminables pernas. Cunha cara doce e un corpo prefecto logrou conquistar ao público (especialmente masculino) e xa se fala dela como a nova Beyonce.

1. Beyonce



E se a princesa quedou na segunda posición desta ranking, tan só a verdadeira raíña podía ocupar este primeiro posto. Beyoncé Giselle Knowles naceu en Houston e deuse a coñecer internacionalmente como membro do grupo Destiny`s Child. En 2003 deciciu abandoar este grupo para continuar a súa carreira en solitario. Debutou co álbum Dangerously In Love, que contiña o bombazo Crazy In Love. Calquera persoa que disfrute dos seus videoclips ou dalgunha das súas galerías de fotos entenderá as razóns que sitúan esta deusa convertida en muller como a cantante máis sexy na actualidade.

PD: Debe quedar constancia de que sentín horrendas tentacións de meter na lista, tanto a Paulina como a Soraya, aínda a sabendas de que eso provocaría unha crise internacional.

martes, 2 de octubre de 2007

Gol olímpico no Pro Evolution

Como bos aficionados ao Pro Evolution Soccer sempre estamos tratando de superar novos retos e saír un pouco da monotonía de xogar tódolos partidos en serio. Últimamente vímonos preguntando se é posible marcar un gol olímpico neste simulador de fútbol, tendo en conta que os efectos son máis difíciles de controlar que noutros xogos como o Fifa. Para demostrar que é posible tal heroicidade (alomenos para un servidor) simpremente hai que acudir ao noso amigo youtube e ver os videos colgados por outros amantes do Pro que atoparon a maneira de meter un gol directo dende a esquina. Así que rapaces temos a obriga moral de logralo nos tamén. Aquí tendes uns cantos videos para nos sirva de inspiración.









Ronaldinho e o Barcelona

Cambio de escenario pero a historia de novo se repite. Este noite o Barça afrontaba o seu segundo compromiso na liguilla de clasificación de champions e unha dúbida planeaba sobre o Camp Nou, ¿Xogaría de inicio Ronaldinho despois de todo o acontecido nas últimas semanas?E no caso de que a resposta fora sí, ¿Cómo afectaría ao rendemento do equipo que pareceu levantar cabeza trala súa ausencia? Estas preguntas teñen unha sinxela resposta, Ronaldinho xogou pero o Barça perdeu por momentos o seu bo xogo e solvencia e xogadores como Messi, omnipresente noutras ocasións, semellou diluirse na sombra do brasileño. Ao final, nun par de xogadas afortunadas, o Barça conseguiu salvar o partido e lograr os tres puntos que, sen dúbida é o máis importante.

Sen embargo, este extrano patrón que se repite no xogo do Barça con Ronaldinho no campo merece unha pequena reflexión. ¿Qué causas poden existir para que un equipo xogue mellor sen o considerado por moitos mellor xogador do mundo? Segundo a miña humilde opinión algunha das claves desta situación poden ser as seguintes:

  1. A máis evidente é a baixa forma do xogador brasileño que limita moitos dos seus recursos futbolísticos e causa a sensación no espectador de que xoga cunha marcha menos que o resto.
  2. Ronaldinho é un xogador que relentiza enormemente o xogo, namentres Messi ou Henry basean parte do seu xogo na velocidade. A presencia do brasileño no campo transforma en monótono o xogo do equipo.
  3. Ronaldinho perde gran cantidade de balóns no centro do campo a diferencia de Xavi, Iniesta, Deco ou Touré. Estas pérdidas, na maioría dos casos, facilitan ocasións de perigo para os rivais. Sen el sobre o cesped o centro do campo transmite maior seguridade ás restantes liñas.
  4. A incursión de Ronaldinho no equipo titular supón cambiar o esquema de xogo que habitualmente utiliza Rijkaard cando non conta con el, un 4-4-2 por un 4-3-3. En teoría maior potencial ofensivo (as veces tantos dianteiros acaban por estorbarse) pero menor dominio do centro do campo.
  5. Entroncando co mencionado no punto anterior, Ronaldinho é un xogador netamente ofensivo que, case sempre, descoida as súas labores defensivas. Maior vulnerabilidade defensiva do equipo, especialmente se utilizas un debuxo táctico con tres dianteiros.
  6. E para rematar, Ronaldinho é un xogador excesivamente individualista e vistoso, é dicir, xogar para a galería, se non resulta efectivo, non serve para nada. Sen el ensálzase o xogo de equipo, se ben Messi e Henry tampouco destacan pola súa xenerosidade co equipo.

Fronte a todos estos argumentos a presencia de Ronaldinho sempre é xustificable, en calquera equipo do mundo. Xogador de enorme calidade, enormemente decisivo a balón parado e que pode decidir un partido en calquera acción aislada. Esta complexa decisión está en mans de Rijkaard.

Mscape

Actualmente estamos inmersos nunha era de continuo avance tecnolóxico en tódolos aspectos da nosa vida cotidiana. Un dos elementos que maior avance está experimentando é o mundo das videoconsolas, cunha continua batalla entre Sony, Microsoft e Nintendo por impoñerse neste suculento mercado. Namentreas as dúas primeiras optan por utilizar a realidade dos gráficos como reclamo para os potenciais consumidores, Nintendo parece apostar polo xogabilidade e a diversión dos usuarios sen atender con tanto esmero as necesidades gráficas. Sen embargo, nos últimos meses comeza a soar forte un novo tipo de tecnoloxía que pode revolucionar o concepto de xogo virtual. Trátase de Mscape, diseñada por HP.

Mscape básease no concepto de realidade aumentada, e dicir, superpoñer imaxes creadas de forma virtual sobre a realidade que estamos vivindo. Á diferencia da realidade virtual, non consiste en crear un mundo virtual completamente distinto da realidade, senón en facer convivir de forma coherente e simultánea a nosa realidade e a ficción virtual. Desta forma, cunha PDA equipada con GPS podemos disfrutar dunha modalidade de xogo totalmente interactiva, onde nós somos os verdadeiros protagonistas, e onde os escenarios están basados nas localizacións reais polas que habitualmente andamos.
Explicado de forma tan abstracta parece unha utopía para a época tecnolóxica actual aínda que, sen embargo, a posibilidade de disfrutar desta revolucionaria idea non está tan lonxana. HP está plenamente convencida de que está apostando pola opción correcta para tumbar as outras tres xigantes e está comezando a presentar os primeiros prototipos (imaxino que rudimentarios) de dispositivos equipados con esta tecnoloxía. Aquí podedes ver un video onde se mostra, seguramente de forma esaxerada, a potencialidade de Mscape para aplicacións virtuais.


Sinceramente, a min resultame compricado concebir que dentro duns anos acabemos todos correndo polas rúas das nosas cidades cun aparello destos na man para xogar a unha especie de xogo de rol sobre escenarios reales. Pero como sempre, o tempo e o mercado acabarán por decidir se HP acerta de pleno na súa aposta ou fracasa estrepitosamente.

lunes, 1 de octubre de 2007

Grazie Paolo

Entre as brétemas que se cernen sobre o ciclismo actual surxe a figura dun grandísimo corredor que co seu esforzo e a súa entrega devolve a ilusión ao aficionado por un deporte repudiado e maltratado, especialmente polo propio sector ciclista (UCI - Unión Ciclista Internacional) e pola prensa internacional. Este deporte, tan necesitado dunha figura que conduza ao pelotón nunha cruzada fronte aqueles empeñados en acusar sen probas, en destrozar a credibilidade de corredores e técnicos e as súas carreiras profesionais, en impedir que os corredores cumplan co seu traballo. Esa figura ven pode ser o italiano Paolo Bettini, que onte revalidou o seu título de campión do mundo de ciclismo en ruta na cidade alemana de Stuttgart.

Un corredor capaz de gañar etapas en calquera carreira de prestixio, ser campión olímpico e dobre campión mundial, decidiu retar a dictadura da UCI negándose a firmar un compromiso moral antes deste mundial, que non representa ningún compromiso legal (eu case diría que tampouco moral) e que atenta en certa maneira contra a presunción de inocencia dos ciclistas (que as veces parece que non son persoas) e á súa dignidade e recoñecento a un traballo realizado. Moitos ciclistas, únicamente inducidos polo temor de non poder disputar o mundial cederon as pretensións cacicais da UCI, pero Paolo plantou cara e foi duramente castigado pola prensa, especialmente alemana, con inxurias e mentiras respecto a súa profesionalidade.

Un corredor que endexamais levantou sospeita algunha, que apoiou a loita antidopaxe de xeito racional, non como unha cruzada irracional máis propia da Inquisión, que non deu positivo en ningún control antidopaxe, foi acusado de incitación ao dopaxe e por riba de que el non escapaba a esos actos deplorables, sen proba algunha. Un falar por falar que seguramente fixo moito dano a un corredor exemplar no plano persoal. Sen ningunha dúbida esta serie de acontecementos enrabietaron ao ciclista que decidiu contestarlles a todos eles sobre o asfalto, como fan os grandes corredores.

Este domingo chegaba unha das citas máis importantes do ano no calendario ciclista. Un mundial precedido dunha polémica sen iguais, nun ano convulso para o ciclismo, a UCI, atosigada pola presión das autoridades de Stuttgart (temendo pola mala imaxe de certos corredores), deciciu quentar aínda máis ese caldeiro que algún día acabará por estourar. Tentou impedir a participación de varios ciclistas supostamente vinculados coa dopaxe como Valverde, pola Operación Puerto, ou nesta semana, Bettini polas razóns que xa comentei. Por sorte para todos, estas accións que rozan o límite da legalidade, non prosperaron e ambos puideron participar, con sorte desigual.

Deixando atrás toda a polémica previa do mundial, comentarei moi brevemente que me pareceu esta proba. Un mundial menos duro a priori que en anos anteriores vendo o perfil do circuito, acabou por resultar máis selectivo debido ao desgaste provocado polo ritmo imposto polos corredores, ávidos de protagonismo, especialmente a selección italiana, contaxiada pola rabia de Bettini. Italia decidiu endurezar a carreira dende o comezo e abofé que o logrou, rompendo en mil pedazos os plans conservadores da selección española. España, con tres bazas de renome, Freire, Valverde e Samuel Sánchez acabou por pagar o afán de control da carreira nun intento de garantizar a chegada ao sprint que servira en bandexa o triunfo a Freire. Sen embargo, Paolo non estaba pola labor de entregar o triunfo nunha volatta favorable ao tricampión do mundo. O final como sempre, batalla entre Italia e España, que se levou a primeira por mover mellor os seus peóns e sinxelamente porque Bettini era o máis forte.

Cando só restaba unha volta e media para o final, no único repeito de entidade do circuito, Italia decidiu reventar a carreira. Ataque duro de Rebellin, segundo en discordia da selección italiana, e intento frustrado de Joaquín Rodríguez de engancharse á roda deste. España, collida a contrapé, decide queimar aos seus homes na procura de abortar a escapada de Rebellin, xa que as demais seleccións nacionais favoritas preferían non inmiscuirse na loita e deixaron a responsabilidade da persecución a selección española. Este traballo extra rompe os plans de Paco Antequera (seleccionador nacional) e elimina a maioría da representación española do grupo principal. Esvaécense as posibilidades de controlar as escapadas na parte final para chegar ao sprint.

Entre tanta desfeita española, na última volta, Samuel decide atacar no repeito duro, de forma sorprendente, xa que desa maneira elimina tódalas opcións de Freire. Bettini responde e contrataca formando un pequeno grupo onde non entra Samuel por moi pouco. Debacle española. Chegando a meta, dous grupos con opcións de triunfo. O grupo de cabeza formado por Bettini, o máis rápido chegando sen dúbida, o sorprendente Kolobnev, "pegamentos" Evans, Schumacher (non o piloto) e un excesivamente xeneroso Frank Schleck. E no grupo de atrás tirando os holandeses, con Samuel á espera. No grupo de cabeza todos colaboran pero especialmente Schleck que, ante a sorpresa de todo o mundo, decide enterrar as súas opcións de medalla tirando do resto do grupo, que xa sabe que vai pelexar pola plata. Recta de meta e victoria clara para un Bettini enrabietado, merecido vencedor do maillot arcoiris que identifica ao campión do mundo.

Respecto á selección española a valoración é sinxela. Os corredores encargados de controlar a carreira e traballar para os tres líderes, na súa liña. Valverde mal, pero é lóxico tendo en conta a súa falta de competición e toda a presión mediática que sufriu durante o último mes. Despois de todo o esforzo das autoridades españolas por lograr que a UCI aceptara a participación de Valverde no mundial, éste non estivo á altura. Freire non tivo opcións reais en ningún momento, xa que o ataque de Bettini foi demasiado duro para un corredor das súas características. E Samuel salvou un pouco os mobles no equipo pero faltoulle uns gramos de forza para aguantar o brutal ataque de Bettini.

Fuji, Fuji, Fuji ...

Antes de comezar a redactar, perdoade que entone unha sonora carcaxada pola ironía vivida este domingo no circuito nipón de Fuji. Non podo sacar da cabeza a imaxe de Antonio Lobato rezando a tódolos deuses para ter unha carreira en mollado ou invocando a choiva cunha danza trival. E ahí xustamente é onde radica a ironía, un extenso colectivo da poboación, que se fan chamar proalonsistas, e o propio Alonso, pregando por unha carreira sobre auga e Fernando afogando as súas aspiracións ao título na piscina na que se converteu Fuji.

Falando en serio, Alonso chegaba a Xapón coa moral moi alta tras as últimas carreiras e coas posibilidades de título intactas. Sen embargo, marcha do país asiático sen recompensa algunha e prácticamente sen opcións reais para revalidar o campionato de pilotos. Mr. Lobato & Cía. encargáronse todo o fin de semana de gritar aos catro ventos que "Magic" é o mellor piloto sobre choiva de tódolos tempos e que, para contrarrestar as vantaxes que McLaren, os comisarios da F1 e o destino proporcionan a Hamilton, era necesario que a climatoloxía axudará, era preciso que chovera para igualar os factores da ecuación polo título. Pero, de tanto repetilo, semella que cansou a Izanagi (deus xaponés da choiva) e éste propinou un auténtico chaparrrón que deixou case impracticable a pista. Nestas condicións, só un "home" podía domar o monoplaza e de novo forxar a lenda. Certo, Lewis, xD.

A carreira comezou dun xeito totalmente atípico, unha especie de saída neutralizada, con tódolos coches seguindo a unha velocidade moderada ao "safety car". Esto privounos de ver o ansiado enfrontamento Alonso-Hamilton na primeira curva de circuito, tras unha tensa semana de declaracións do afroamericano de moda, onde non dubidaba en predicar ameazas cara Alonso. Foi unha pena que as condicións da pista nos impediran ver como de grandes son os... reflexos de Hamilton.

A medida que se consumían as voltas detrás do "safety" íase consumindo tamén a miña paciencia, tan acostumada a vibrar coas últimas apaixoantes carreiras de F1. Xa sabedes, "Si parpadean, se lo van a perder". Oh! Agora dame por usar o sarcasmo. Finalmente, despois de case 20 voltas, produciuse unha saída lanzada na que, obviamente, non aconteceu nada. Pero o mellor estaba aínda por chegar.

Nunhas condicións moi hostís, onde se demostra a verdadeira valía dos pilotos, puidemos observar como Massa se saia un número incontable de veces , como Raikkonen tiña problemas para manter o coche en pista, como Alonso solucionaba algún que outro contratempo e como Hamilton se dirixía sen remedio cara a victoria. Sen comentarios a estratexia de Ferrari, poñendo para ambos pilotos neumáticos intermedios. Pero, tras a primeiro e único "sting", sucedéronse dúas accións cun desenlace que ven puido ser distinto. Hamilton, de novo axudado pola deusa fortuna, saía completamente ileso dun encontronazo contra Kubica, namentres Alonso danaba severamente o seu monoplaza no lado dereito tras un incidente similar con Vettel.

Alterados por tales circunstancias, o equipo de comentaristas de Telecinco de novo volveu perder o norte, e comezoron a expulsar, pola súa boquiña, relatos de grandes heroes que realizan maniobras inverosímiles para gobernar un coche destrozado sobre un circuito en condicións imposibles. Pero nin o propio Alonso (deus da F1 en Telecinco) puido completar unha fazaña de tal calibre e acabou por destrozar de todo o seu monoplaza contra un dos muros do circuito a causa do "aquaplaning", cando tentaba dar alcance a Raikkonen e ás súas derradeiras opcións de arrebatarlle o título a Hamilton. Desta forma, tales opcións quedan prácticamente lapidadas a espera dun milagre. Pero esta vez non recedes a Chaak, xD.

Para acabar co gran circo da F1, non se poden obviar dous temas referentes ao futuro campión do mundial de pilotos deste ano. O primeiro que me gustaría destacar é a tremenda fortuna que acompaña a Lewis, e ademais é unha constante que se está a repetir durante toda a tempada. E por riba, se ten algo de mala sorte, parece que os astros se confabulan para arreglar os posibles imprevistos. Os proanlonsistas empregarán este argumento para xustificar o decepcionante resultado final e disimular a súa frustración. Namentres os prohamiltonianos (ou como se diga) escudaránse na habitual expresión referente a sorte dos campións. E o segundo tema que desperta a miña curiosidade é a campaña a prol de Hamilton que pareceu empreder Eccleston e os seus colegas que controlan a F1. Neste gran premio sanciona a Kubica pero non a Vettel nin Hamilton. Seguramente acerten nas súas decisións, totalmente obxetivas, pero dende fora, as veces semella que estas decisións non se axustan a un mesmo criterio.


PD: Como recomendación a Alonso suxeriríalle que escriba no monoplaza de Hamilton 4, 8, 15, 16, 23, 42.