lunes, 22 de junio de 2009

Absurda lóxica coruñesa

Os coruñeses, esas persoas que cohabitan xunto connosco na cidade meiga e que, a diferencia nosa, están orgullosos delo e admiran a súa oculta beleza, teñen curiosos mecanismos de raciocinio.

Critican con dureza a política municipal en contra do botellón, práctica moi extendida que consiste na reunión noctura de persoas na rúa, en xeral xente nova, para practicar a noble arte da inxesta de alcol e a conversación en tono elevado, posto que consideran que non se toman as medidas necesarias para atallar este problema tan molesto pero, por outro lado, asisten con orgullo e preparan con aínco a festa de San Xoán que consiste, básicamente, en reunirse entono a unha fogueira, abrasándose, para comer sardiñas queimadas e beber alcol ata estar suficientemente contentos para cantar en tono elevado e na rúa, por suposto, ata altas horas da madrugada.

Lamentablemente, para a maioría de persoas e, novamente, gracias a fantástica política municipal en tema de festas, o día 24 de Xuño non será festivo. Eso sí, apresúranse en proclamar aos 4 ventos que se trata dunha festa de interés turístico, para deixarnos claro que está pensada para o disfrute do resto de xente, doutras cidades ou pobos; será para estudiantes que acabaran os exames, para aqueles que teñen a sorte de estar de vacacións en xuño ou para aqueles que viven nalgún lugar que sí se digne a declarar festivo ese día. Para a xente traballadora temos as fantásticas festas de María Pita en Agosto e o Rosario en Outubro. Desta forma e ante este imprevisto, a maioría de persoas decidiu adiantar esta festividade a este fin de semana, así que tiven a sorte de disfrutar dunha reunión na rúa desa xente que tanto se afana en despotricar contra o botellón, bebendo alcol ata as tantas da mañá, cantando a grito pelado, para deixarme claro cal é o verdadeiro interés cultural desta festa, darlle a benvida ao solsticio de verán ben hidratados e con confusos cánticos.

Así que, resumindo, as fogueiras de San Xoan en Coruña, botellón masivo na praia de estudiantes que acaban de rematar os exames, é declarada festa de interés turístico, cando a única diferencia co tradicional botellón reside en que os xoves, venres e sábados do resto do ano non se tiran fogos de artificio.

O diccionario da Real Academia da lingua Española define a hipocresía da seguinte forma:

"Fingimiento de cualidades o sentimientos contrarios a los que verdaderamente se tienen o experimentan".

E eu engadiría ...

"Non te empeñes en defender algo que non sabes si vas a poder cumprir ...".

Un saudo.

2 comentarios:

Josef Stalin dijo...

Hombre comparar el San juan y una festividad de cientos de años en toda españa con el botellón es un poco heavy, es verdad que es una fiesta para beber y dar voces. ¿Pero que fiesta popular no lo es?
El botellón en Coruña es un crimen y un incordio sobre todo por el lugar donde se hace, y además todas las semanas más de un día, y con los correspondientes meadas etc etc.
Y dejar hacer todas las semanas botellón en una playa pues menuda guarrada y que manera de estropear una playa, en San juan es solo una vez al año y me imagino que el ayuntamiento se puede permitir ese lujo y gastar dinero para limpiar esa guarrada, pero que el ayuntamiento tenga que gastar dinero para que 4 nenos puedan chumarse como ñordis en la playa, pues como que no.
En realidad el botellón no deja de ser un vicio de una sociedad consumista que no sabe diferenciar la libertad personal de la responsabilidad colectiva y cívica.
El botellón se puede hacer siempre y cuando no se moleste, y en el caso de Coruña a mi personalmente me daba vergüenza hasta acudir a la plaza del humor me parecía una falta de respeto inmensa.

Bilardo dijo...

En absoluto pretendía comparar unha actividade sistemática como é o botellón cunha festa popular, unha vez ao ano, simplemente digo que:

1. Declarar festa de interés turístico unha festa na que a xente se reune entono a fogueiras para beber na praia ata o día seguinte me parece bastante lamantable. A diferencia da maioría de festas populares non conta ou non son relevantes outras actividades distintas de reunirse para beber, a diferencia por exemplo deste finde en Lugo, o Arde Lucus.

2. A xente que tanto critica o botellón está orgullosa desta festa na súa cidade, o cal me parece de ñordis, como dirías ti.

3.A comisión municipal de festas, ou quen sea, decidiu que o día 24 de xuño non fora festivo, co cal se antes a festa se ía convertir nunha reunión masiva de nenos que beben ata caerse inconscientes na area, agora xa o temos asegurado.

4. Esa xente que tanto recurre ao manido argumento(por suposto certo) de que o botellón da xente nova molesta a xente maior que tenta durmir, debería mirar aos seus coetáneos que aproveitan, sen dudalo, as festas populares para imitar eses mesmos comportamentos detestables, impedindo dormir a algunhos xoves que un sábado pola noite (milagrosamente) estamos na cama e temos que madrugar o domingo.

5. Se a xente que realiza o botellón se comportara de forma cívica, sería moito máis sinxelo limpar a praza do humor ou os xardines (no que non se molesta aos veciños), o venres e/ou o domingo de cada semana que as praias de Riazor e Orzán tal é como van a quedar hoxe. Pero ese é outro problema que tamén me gustaría comentar noutro post.

6. O botellón en Coruña non é mellor nin peor que noutras cidades, conleva exactamente as mesmas molestias, así que non me digas que é un crime como se no resto fora a panacea.

7. Que clase de demagogia barata é esto: "En realidad el botellón no deja de ser un vicio de una sociedad consumista que no sabe diferenciar la libertad personal de la responsabilidad colectiva y cívica". O botellón simplemente é a manifestación da absoluta tolerancia social do alcol en tódolos estamentos socias e en calquera idade que se acabou por convertir nunha necesidade da maioría de xoves ante a dependencia do alcol para poder saír e a imposibilidade de afrontalo económicamente. Ves, eu tamén sei facer demagogia.