Unha breve reflexión sobre ...
A política lingüística en Galicia
Ler o periódico "de buena mañana" perxudica seriamente a miña saúde ou polo menos ponme de moi mal humor as veces. Habitualmente, despois de chegar ao traballo e lanzar as primeiras simulacións do día, consulto algún periódico de tirada nacional na súa versión online, pero nunca periódicos galegos no seu formato tradicional. Sen embargo, esta mañá, na entrada da facultade, unha moza, "muy guapa por cierto", estaba repartindo a edición en papel do Xornal de Galicia para "La Coruña". Despois de votarlle un ollo por riba á primeira páxina, atópome cun titular que atrae a miña atención: "Feijoó abre a porta a cambiar a Lei de Normalización polo "L" de A Coruña", así que abro o periódico pola páxina onde se profundizaba sobre esta noticia e comezo a ler prestando maior atención.
Resumindo un pouco, a noticia ven a dicir que segue aberta a polémica sobre a castelanización do topónimo da cidade dos fachas,... quero dicir do Facho de Hércules e que Núñez Feijoó quere reformar a Lei de Normalización para permitir a dobre vertente, galega e castelán, de tódolos topónimos. Ademais, acompañan esta información dun resumo da política lingüística levada a cabo polo PP galego dende que chegou á Xunta. Transcribo literalmente:
Comezando porque penso que existen problemas máis urxentes e máis importantes para a poboación galega que satisfacer as necesidades retrógradas de certos sectores conservadores, que seguen anclados na mentalidade dos séculos escuros ou dos anos da postguerra, permitídime dicir que a política lingüística en Galicia está completamente a deriva nestos últimos anos. Enfrascados nunha absurda loita por definir as competencias dos dous idiomas oficiais, os tres partidos principais non se poñen dacordo.
O PP, moi amigo da pluralidade e do potenciamento da diversidade cultural das distintas rexións españolas, segue na súa cruzada por desfacer os cambios levados a cabo polo anterior goberno e, incluso, polo goberno popular anterior que asentou as bases do galego como idioma oficial.
O BNG segue obsesionado por reinventar a historia e convertir a Galicia nunha sociedade con sensibilidade nacionalista artificial, empregando un discurso apocalíptico onde se nos atemoriza falando dun exterminio do galego, nun intento de acercarnos perigosamente á Cataluña ou ao País Vasco. Esto provoca recelo dentro e fóra das nosas fronteiras, con medidas no ámbito lingüístico demasiado trasgresoras para unha xente acostumada a vivir atemorizada pola ameaza da represión durante tantos anos.
E que dicir do PSOE, que varía a súa postura dependendo da dirección na que sople o vento. Con este panorama, a situación semella compricada e a manifestación máis clara da incertidume que existe entorno a este asunto é a absurda loita por impoñer o seu criterio de cada grupo sobre a forma correcta do topónimo de Coruña.
Na miña humilde opinión, este tema debería ser ben sinxelo de resolver sen darlle tantas voltas e sen malgastar tanto tempo útil para resolver problemas máis importantes e que nos afectan en maior medida a tódolos galegos. Está claro que tódolos topónimos deben ter unha denominación oficial para todo tipo de trámites burocráticos. Se en 1983 se decidiu, por consenso de tódalas forzas políticas, que éste fóra en galego, pois xa está, non ten maior importancia. Cando empregamos un idioma tendemos a utilizar o topónimo nese idioma, cando falamos en galego ou castelán non soemos dicir London ou New York, así que se os castelán-falantes queren dicir La Coruña, Arteijo, Ordenes, Sanjenjo, Puerto del Son... están no seu dereito a pesar de que me chirríen os oídos ao escoitalo.
No caso da regulación do uso do galego no ensino obrigatorio a solución semella igual de sinxela e lóxica. Tendo en conta que, galego e castelán comparten un mesmo rango como idiomas cooficiais dentro do territorio galego, sería xusto que a metade de asignaturas, sen ter en conta Lingua Galega, Lingua Castelá e as correspondentes Literaturas, fosen impartidas en galego e a outra metade en castelán para fomentar o uso por igual de ambas linguas, sen importar as preferencias dos pais dos alumnos. Ben distinto sería o caso da universidade na que se debe preparar aos estudiantes para un mundo laboral específico, lingüísticamente hetereoxéneo, no que a responsabilidade de saír adecuadamente preparado para as necesidades idiomáticas debe recaer no propio alumno.
En resumo, o idioma debe ser un vehículo para permitir a comunicación entre individuos, debe verse coma unha manifestación histórica da pluralidade dun sector da sociedade, coma a representación tanxible dunha cultura diferente, ... Nunca debe interpretarse coma un mero instrumento de manipulación política, nin debe servir de cortina para desviar a atención sobre outros asuntos máis importantes. Non debe servir de excusa para cerrar as nosas fronteiras, para renegar da nosa, histórica e xeográfica, condición española ou europea, para acentuar o menosprecio e o desexo de vinganza contra un estado que cometeu innumerables erros históricamente, nin para definir a nosa personalidade política basada no extremismo e, deste xeito, discutir con todo aquel que non comparta a nosa idea. Non debe ser empregado coma unha arma arroxadiza entre as distintas formacións políticas e, moito menos, para dificultar o desenrolo normal das actividades daqueles que non coñecen o idioma autóctono, como ocurre a miúdo en Cataluña.
Dito todo esto, no meu caso síntome claramente galego e sei que son español e europeo, a pesar de que non o sinta, do mesmo xeito que me sinto lucense e non coruñés a pesar de vivir nesta cidade durante tantos anos.

- Fin da obrigatoriedade de acreditar o coñecemento do galego nos procesos de selección administrativa mediante un exame na lingua propia.
- Eliminación da identidade corporativa das Galescolas e creación da denominada “Galiña Azul” que relaxa o contacto dos máis pequenos co galego na escola infantil.
- Estáse a preparar o borrador que define o novo marco para a regulación do galego no ensino que elimina a repartición equitativa das asignaturas que se deben dar en galego e castelán.
- Utilizando a excusa da contraversia entorno a topónimo A Coruña, propónse unha reforma da Lei de Normalización Lingüiística de 1983.
Comezando porque penso que existen problemas máis urxentes e máis importantes para a poboación galega que satisfacer as necesidades retrógradas de certos sectores conservadores, que seguen anclados na mentalidade dos séculos escuros ou dos anos da postguerra, permitídime dicir que a política lingüística en Galicia está completamente a deriva nestos últimos anos. Enfrascados nunha absurda loita por definir as competencias dos dous idiomas oficiais, os tres partidos principais non se poñen dacordo.
O PP, moi amigo da pluralidade e do potenciamento da diversidade cultural das distintas rexións españolas, segue na súa cruzada por desfacer os cambios levados a cabo polo anterior goberno e, incluso, polo goberno popular anterior que asentou as bases do galego como idioma oficial.
O BNG segue obsesionado por reinventar a historia e convertir a Galicia nunha sociedade con sensibilidade nacionalista artificial, empregando un discurso apocalíptico onde se nos atemoriza falando dun exterminio do galego, nun intento de acercarnos perigosamente á Cataluña ou ao País Vasco. Esto provoca recelo dentro e fóra das nosas fronteiras, con medidas no ámbito lingüístico demasiado trasgresoras para unha xente acostumada a vivir atemorizada pola ameaza da represión durante tantos anos.
E que dicir do PSOE, que varía a súa postura dependendo da dirección na que sople o vento. Con este panorama, a situación semella compricada e a manifestación máis clara da incertidume que existe entorno a este asunto é a absurda loita por impoñer o seu criterio de cada grupo sobre a forma correcta do topónimo de Coruña.
Na miña humilde opinión, este tema debería ser ben sinxelo de resolver sen darlle tantas voltas e sen malgastar tanto tempo útil para resolver problemas máis importantes e que nos afectan en maior medida a tódolos galegos. Está claro que tódolos topónimos deben ter unha denominación oficial para todo tipo de trámites burocráticos. Se en 1983 se decidiu, por consenso de tódalas forzas políticas, que éste fóra en galego, pois xa está, non ten maior importancia. Cando empregamos un idioma tendemos a utilizar o topónimo nese idioma, cando falamos en galego ou castelán non soemos dicir London ou New York, así que se os castelán-falantes queren dicir La Coruña, Arteijo, Ordenes, Sanjenjo, Puerto del Son... están no seu dereito a pesar de que me chirríen os oídos ao escoitalo.
No caso da regulación do uso do galego no ensino obrigatorio a solución semella igual de sinxela e lóxica. Tendo en conta que, galego e castelán comparten un mesmo rango como idiomas cooficiais dentro do territorio galego, sería xusto que a metade de asignaturas, sen ter en conta Lingua Galega, Lingua Castelá e as correspondentes Literaturas, fosen impartidas en galego e a outra metade en castelán para fomentar o uso por igual de ambas linguas, sen importar as preferencias dos pais dos alumnos. Ben distinto sería o caso da universidade na que se debe preparar aos estudiantes para un mundo laboral específico, lingüísticamente hetereoxéneo, no que a responsabilidade de saír adecuadamente preparado para as necesidades idiomáticas debe recaer no propio alumno.
En resumo, o idioma debe ser un vehículo para permitir a comunicación entre individuos, debe verse coma unha manifestación histórica da pluralidade dun sector da sociedade, coma a representación tanxible dunha cultura diferente, ... Nunca debe interpretarse coma un mero instrumento de manipulación política, nin debe servir de cortina para desviar a atención sobre outros asuntos máis importantes. Non debe servir de excusa para cerrar as nosas fronteiras, para renegar da nosa, histórica e xeográfica, condición española ou europea, para acentuar o menosprecio e o desexo de vinganza contra un estado que cometeu innumerables erros históricamente, nin para definir a nosa personalidade política basada no extremismo e, deste xeito, discutir con todo aquel que non comparta a nosa idea. Non debe ser empregado coma unha arma arroxadiza entre as distintas formacións políticas e, moito menos, para dificultar o desenrolo normal das actividades daqueles que non coñecen o idioma autóctono, como ocurre a miúdo en Cataluña.
Dito todo esto, no meu caso síntome claramente galego e sei que son español e europeo, a pesar de que non o sinta, do mesmo xeito que me sinto lucense e non coruñés a pesar de vivir nesta cidade durante tantos anos.
7 comentarios:
Estou dacordo no 99% do que dis.
Tiña a impresión de cando temos falado de cañas tiñas unha visión moito mais radical.
Xa volvo o día 13, así que calquer día destos tomamos unhas por ahí para aclarar os últimos matices nos que non concordamos.
Apertas
Sempre é un placer ter unha conversación disfrutando dunhas deliciosas cañas.
¿Deliciosas cañas? Pero non eras ti o que dicía que no lle gustaba a cervexa??? :P
Quen di unha cañas, tamén di un bo rioxa, ainda que as cañas do saxitario teñen un sabor especial, xD.
Fun fai un par de meses e aínda estaba aberto. Pero creo que o remodelarón un pouco. En calquera caso, xa vai tocando voltar, que xa van mais de 5 anos que non vamos por aló (como pasas o tempo...)
E por certo, Carlos... ¿é certo que dixo o de que non lle gustaba a cervexa? Hai mentiras e mentiras, pero se de verdade o dixo, esa... esta no top5.
Apertas
Pois entón definitivamente hai que volver a ese garitazo.
A cervexa xa non me gusta demasiado pero en ocasións especiais (e despois de 2 ou 3) sempre se aprecia unha boa sesión de cañas.
Sí que o dixo, de feito sempre que digo de ir tomar unhas sempre din que a el non lle gustan, pero tamén é certo que sempre atopa algún "sustitutivo" das cañas, jejeje.
Cando veñas avisádeme a mín tamén que fai tempo que non te vexo, así nos contas as túas aventuras polo mundo adiante.(Perdoade as miñas faltas de ortografía en galego, pero é que o escribo con acento de Salamanca, jejeje)
Publicar un comentario