domingo, 2 de septiembre de 2007

O morbos dos videoclips

Fai uns anos quedei bastante impresionado cun videoclip de Holly Valance, donde bailaba desnuda tapando as zonas máis comprometidas mediante reflexos. Ademais desta razón, que creo que é suficientemente contundente, a señorita Valance, que está de moi ben ver, bailaba de forma provocativa e suxerente. Aquí tendes o videoclip que vos menciono de Holly Valance coa canción Kiss, Kiss.



Onte atopeime cun videoclip donde se repetía a mesma escea. Neste caso era Roser quen bailaba de forma provacativa nun dos seus videoclips (cando non foi así) ata o punto de aparecer por completo desnuda tapando as súas partes íntimas tamén con reflexos. Vamos, que descaradamente copiaba ese trozo do videoclip de Holly Valance. Comparade ambos videoclips, deixando aparte a evidente diferencia entre Holly e Roser.



Está claro que este tipo de cantantes aproveitan e case diría explotan por completo o seu exhuberante físico para atraer a atención especialmente do público masculino e vender así o seu traballo. Na maioría dos casos esta estratexia de marketing revela alarmantes carencias na súa profesión real, cantante ou, se queredes, podemos ampliar o campo a artista, o que as obliga a refuxiarse na provocación que conseguen a través dos seus videoclips. Máis esaxerado e desproporcionado me parece o caso de Verónica, a extriunfito, que nun dos seus videoclips desnúdase totalmente e aparece en certas posicións comprometidas. Aquí tendes o videoclip censurado (por que sen censurar era unha burrada).



Xa vedes o que fai a necesidade. Ata que apareceu o videoclip, nin na súa casa sabían que esta pava sacara un novo disco. Máis aínda, non creo que ninguén se acordara para nada de quen era esa tal Verónica, pero a través deste videoclip e da provocación que conseguiu con el, logrou chamar a atención do público. Como dixen paréceme desproporcionado e moi triste venderse desta maneira e facer un videoclip deste tipo sen vir a conto (quen lle diría que eso era bonito).

O que sí está claro é que non son as únicas que aproveitan o seu corpo para vender máis. Por exemplo, se Natalia non saira bailando como unha adolescente saída, ¿alguén vería o seus videoclips?; bueno sempre estará o típico pavo que dirá que lle gustan as cancións de Natalia. Pois ben, se coñecedes a alguén así comezade a preocuparvos pola súa saúde mental. Aquí vos deixo un claro exemplo do que vos estou contando.



Para acabar, como consello a aqueles que pretenden vender a súa música mediante a provocación e a utilización doutras cualidades bastante alonxadas da canción, por min o segan facendo, así podo seguir disfrutando dos seus videoclips, pero poden intentar cambiar, de vez en cando, a temática dos seus videoclips, máis que nada para non repetirse en exceso. Para comezar, poden ir votándolle un ollo a este impresionate videoclip de Nightwish.

No hay comentarios: