Os números de Lost
Para os fans de Lost que seguiron a serie dende o principio este post non apotará ningunha información nova, sen embargo, para aqueles como eu, que acabamos de engancharnos ao universo lost, representa toda unha revelación. Se aínda non acabastes de ver a segunda tempada, recoméndovos que abandonedes a lectura e continuedes dándolle caña aos capítulos que vos quedan para rematar.
É un feito que os números de Lost, cando apararecen por primeira vez, impactan no espectador , ata o punto de quedar grabados como lume na súa cabeza. A medida que volven aparecer, a incertidume entorno a estes números aumenta, ata que xa resulta imposible non intentar buscar algunha explicación lóxica a cerca da secuencia 4,8,15,16,23,42.
Buscando un pouco pola rede encontreime todo tipo de explicacións para este secuencia. Dende intentos de xustificala como unha secuencia lóxica que se repite segundo algún patrón matemático, ata outras que representan auténticas idas de olla, moi no estilo de Lost. Pero aquí tedes a explicación "oficial".
Durante o verán do ano pasado, no intervalo de tempo que transcurriu entre o final da segunda tempada e o inicio da terceira, os creadores de Lost, ante o tirón da serie, decidiron crear un xogo online para o entretemento dos fans da serie. Este xogo, denominado "The Lost Experience", consistía nun conxunto de probas que se debían ir superando. Cada vez que se superaba algunha desas probas, podía verse un pequeno vídeo onde se explicaba algún detalle sobre a serie. En total existían 70 videos que foron recopilados e editados nun só, que podedes ver máis abaixo. Nel ofrécese a tan anhelada explicación sobre a secuencia de números e dase algunha pincelada máis referente a iniciativa Dharma.
A explicación paréceume un tanto forzada e demasiado trivial para o que nos teñen acostumados os creadores de Lost. O certo é que encaixa perfectamente no contexto da serie e representa un razoamente totalmente válido na liña, iniciada moito antes, de intentar xustificar de forma científica, a través de procedementos matemáticos, conceptos abstratos como a vida (e todo o referente a ela) e o destino. Sen embargo, voto de menos unha xustificación de por qué se lle ocurriron esos números aos guionistas (ou a quen fora). Penso que ten que haber algo no transfondo de todo esto (algún tipo de mensaxe), pero teremos que seguir a espera.
PD: ¿Que pasa se agrupamos os número de dous en dous? Entre 8 e 15 hai a mesma diferencia que entre 16 e 23, 7, un número bastante místico, xD.
No hay comentarios:
Publicar un comentario