11 películas que se salvaron debido a erros históricos
Debido a limitada oferta de ocio desta cidade, unha das poucas cousas coas que podemos matar o tempo é disfrutando dalgunha das películas que están en carteleira. Para decidir cal sería a mellor opción decidín votarlle un ollo as críticas dalgunhas das películas que suscitan o meu interés e casualmente atopeime cun artículo moi interesante nun blog de cine: unha lista con once películas que tiveron éxito gracias, en parte, a cometer erros históricos de bulto. Esta lista foi confeccionada na páxina web Cracked, que vos recomendo visitar.
Sen entrar a valorar ou criticar a certeza e a exactitude desta lista, xa que ademais de non coñecer con todo detalle estos datos históricos, non é o obxetivo da entrada, que tan só pretende darvos a coñecer esta particular lista. Ben, aquí tendes a devandita lista, cos comentarios correspondentes; certos comentarios están ben, son divertidos e inxeniosos, ainda que outros ...
11. Gladiator
Erro: Cómodo (Joaquín Phoenix) na realidade era moi apreciado polo Senado e gobernou durante 13 anos con éxito en lugar dos poucos e infructuosos meses que presenta a película. O Emperador non morreu sobre a area, senón nun baño a mans dun loitador chamado Narciso.
Como é lóxico, a película non acadaría tanto éxito se presentase a un Russel Crowe como un loitador que tarda 13 anos en matar a un Emperador que ainda por riba era querido. Ademais, calquera batallón romano que rompese filas mentras se estaba loitando contra os bárbaros sería destrozado sen ningún tipo de piedade.
10. Braveheart
Erro: William Wallace era un cabaleiro dunha familia noble e o seu pai, Malcolm, non o mataron os ingleses, senón que loitou do lado de Inglaterra a cambio dun favor político. No canto de kilts, Wallace e os seus homes levaban camisas saffron.
Temos que imaxinarnos que si Mel Gibson tivese que interpretar un papel con máis facetas que o xusto e ecuánime guerreiro-rey-redentor derretiríaselle a cara ante tal reto e revelaríaselle o circuito que hai debaixo (traducción directa) . Sen entrar neste aspecto totalmente subxetivo, é ben certo que esta licencia histórica favorece unha argumentación máis estética e apaixoante para o espectador.
9. El patriota
Erro: A personaxe de Gibson, ao que chaman Benjamin Martin, está basado nalguén que existiu realmente: Francis “Zorro de los pantanos” Marion. Este home nunca matou el só a un pelotón do exército británico. O que sí fixo foi cargarse a docenas de indios Cherokee desarmados e violar as súas escravas.
As razóns destas omisións históricas creo que son suficientemente evidentes. Non creo que nunha película na que, o supostamente bo, caza indios por diversión e abusa sexualemente de escravas indefensas, convencera demasiado aos espectadores que mitifican na maioría das ocasións a figura do heroe bélico.
8. Cold Mountain
Erro: Mentras Jude Law só abandona a súa unidade tras una desastrosa batalla, o verdadeiro W.P. Inman foi arrestado dúas veces por “deserción cobarde do seu posto”. Tamén, dado que Inman comenza a súa viaxe no hospital en Raleigh, Carolina del Norte, que está a uns 400 Km ao este de Cold Mountain, sorprende que consega chegar ao Océano Atlántico, que lle queda a uns 650 kms a desmán, antes de chegar a casa.
Como é lóxico o segundo dato apenas carece de importancia neste ranking, ao tratarse dun obvio erro dos que estou seguro que está plagada a película. E no caso da primeira omisión ou modificación sería de novo reincidir no aspecto destacada para a película anterior, xa que un cobarde non sería ben visto polos ollos dun espectador que moitas veces acude ao cine coa intención de olvidar a realidade cotidiana e refuxiarse nesa fábrica de soños que é o cine. E ademais quedaría moi mal diante de Nicole.
A pesar de todo o dito, o erro histórico que máis salva a Cold Mountain é que as mulleres de 1800 moi rara vez, senón nunca, se afeitaban as pernas. Toma todas as escenas románticas entre Ada e Inman e añádelle o rasposo e molesto son dunha colleita de seis meses de pelo pernil.
7. María Antonieta
Neste caso o comentario sobre a película que fan na páxina tamén é moi bo: Kirsten Dunst tómase un descanso de ser queixica e egocéntrica no Manhattan de hoxe en día para ser queixica e egocéntrica na Francia do século XVIII. Con esta frase queda todo dito e non quero entrar a facer valoracións sobre a película por que, para empezar, nin tan sequera o merece.
Erro: Un dos conflictos da película céntrase na dificultade de María e Luis para ter un herdeiro. Na película, Luis ten medo ao sexo. Na vida real, Luis tiña fimosis, unha enfermidade pola que o prepucio do pene non se retracta. Esto solucionouse máis tarde por medio dunha operación e a parella puido procrear.
Esta modificación sobre a historia non supón ningunha pérdida e ademais evíta a incomidade (máis ben desagrado) de ver que a falta de actividade sexual entre a parella era debido a tal circunstancia; o que importa era a tensión que se creaba entorno a María Antonieta debido a imposibilidade de dar un herdeiro e a ruptura dese xeito da estabilidade matrimonial da parella.
6. Amadeus
Erro: Seguro que Mozart era un home que disfrutaba dun chiste ocasional sobre a diarrea, pero baixo ningún concepto era o malpensado, risueño e simplón que se mostra na película. Ademais, a maioría dos historiadores están dacordo en que a súa relación con Salieri era de “rivalidade amistosa, marcada polo mutuo respecto e admiración”. E anque a película apunta que Salieri poida haber matado a Mozart envenenándoo, a verdade é que probablemente Mozart matouse él mesmo bebendo.
Está claro que ver a Mozart retratato como un alcohólico que desperdicia os últimos anos da súa vida bebendo frustaría á meirande parte de persoas que profesan unha enorme admiración cara este xenio da música. E logo, ver na gran pantalla unha rivalidade entre Mozart e Salieri amistosa e basada no respecto e admiración, resultaría sinxelamente tediosa.
5.' 300'
Erro: Deixando a un lado o uso de misís máxicos, a ausencia de armaduras ou escudos e a aparición dun malo xorobado que se parece a unha versión ceceante e de máis de dous metros de Dhalsim, de ‘Street Fighter II’; ‘300’ parece glorificar algúns aspectos da vida espartana –valentía na loita, defensa da democracia, lealtade á patria, lanzamento constante de lanzas— mentras pasa de puntillas por outros, como que Esparta era una casta de fascistas donos de esclavos, gobernados pola Igrexa, que regularmente disfrutaban da pederastia homosexual.
Aquí traduzo literalmente o comentario orixinal referente a por qué están ben estas omisións, que realmente está moi ben. Simpremente, pregúntalle a Oliver Stone ou a calquera outro que gastara o seu diñeiro en Alejandro Magno. E ampliando o comentario, eu reafírmome en que a película é unha adaptación do comic de Frank Miller de título homónimo e polo tanto non ten que ser necesariamente unha recreación histórica da sociedade espartana.
4. Apocalypto
Erro: Aínda que os mayas ocasionalmente sí que facían algún ritual con sacrificios humanos, era una cultura moito más civilizada e complexa que a que se reflexa na película. De feito, o deus do sol maya, Kukulkan, a quen se lle ofrece o sacrificio no film, xamais pediu un sacrificio así, e por suposto, tampouco se lle fixo.
Se o pseudo-Mel Gibson vai pasarse media película correndo e a outra media dando "ostias", máis vale que sea porque lle van a sacar o corazón con unha cuchara e non porque os anciáns van a formar un tribunal deixando a súa pena en arresto domiciliario e libertade condicional. (Como aínda non vin a película non teño ningunha aportación adicional a cerca do comentario anterior).
3. Shakespeare in love
Erro: Básicamente, todo, pois Shakespeare é unha das figuras máis misteriosas da Historia de Inglaterra. Os historiadores aínda discuten sobre se era gay, un sobrenome do conde de Oxfordo ou/e de Sir Francis Bacon, ou un ciborg do futuro que foi enviado a través do tempo para fundar a civilización occidental y que, de tal forma, provocou a creación da hamburguesa McRib(menuda fumada).
Segundo os creadores desta lista non existe nada menos cinematográfico que alguén poida ser o poida non ser gay e que poida haber ou poida non haber escrito unha serie de obras que se lle atribuiron despois de súa morte. Desde o meu punto de vista, se existe certo secretismo entorno a figura e vida de Shakespeare non se pode asegurar que a película sexa unha sucesión de erros históricos, xa que non se pode certificar que realmente se trate de imprecións, pero reitero que eu non son quen confeccionou a lista.
2. Tigre y Dragón
Erro: Os chinos non voan, a pesar do que vimos en tódalas películas de artes marciais feitas nos últimos 15 anos. O seu chi, aínda que poderoso, non lles proporciona as habilidades máxicas que tan desesperadamente desexan.
Segundo esta páxina, Tigre y dragón ten xa suficientes cousas narrads no canto de mostradas, diálogos lentos, reflexións meditativas sobre a vida e lecturas obligatorias tal como está. Se non nos puxeran uns secundarios que voan de vez en cando, probablemente non aguantaríamos nin os quince primeiros minutos. Aquí sí que necesito romper unha lanza no favor deste tipo de cine oriental, co cal un servidor disfruta e que, a pesar do que poida parecer, no resto do mundo, ademais de en norteamérica, tamén podemos distinguir entre realidade e ficción.
1. 2001: Una odisea en el espacio
Erro: A visión de Arthur C. Clarke do mencer dun milenio no que seremos donos do noso sistema solar era un pouco optimista. Y, aínda que poidamos temer a morte de mans dun mestre computerizado, ten miás posibilidades Google ou un bebé robot xaponés chungo que nada que poida enxendrar IBM.
Acomodarse a realidade tecnolóxica do inicio do século non despertaría ningún interés no espectador que, neste tipo de películas de ciencia ficción, anhela poder percibir un futuro de progreso tecnóloxico idealista (aínda que no fondo saiban quen dista moito da realidade) . Aquí só podo dicir que, para que esto sea considerado un erro histórico, como a propia palabra indica, debería referirse a historia e non a un futuro inmediato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario