24: asignatura universitaria
Todos coñecemos aos americanos e a súa afición por resolver calquer tipo de problema ou conflicto facendo uso da violencia e das armas. Unha das series que mellor reflexa este espíritu é, sen dúbida, 24 con Jack Bauer á fronte, quen primeiro dispara e logo pregunta. Tendo en conta esto, non é de extrañar que na Universidade de Dereito de Georgetown, decidiran incluír o estudio de 24 como unha asignatura máis do programa de Dereito Internacional.
Entendo que esto soe a "pitorreo", pero é tan certo como sorprendente (realmente ocórrenseme outros calificativos). Na páxina web da universidade pódese ler a xustificación para esta medida: “24 explora a resposta ficticia da sociedade americana ante unha ameaza terrorista internacional a través dos ollos de Jack Bauer, axente federal antiterrorista. O axente Bauer está disposto a facer todo o que sexa necesario para acabar con secuestros, asesinatos, detonacións nucleares ou bioterrorismo en chan americano, a pesar de traidores, topos ou corruptos”.
Ante tal iniciativa eu pregúntome: ¿Realmente os americanos perderon totalmente o xuízo? Non conformes con crear un clima de permanente violencia na sociedade americana, agora deciden que a mellor maneira de preparar aos universitarios fronte a unha crise terrorista é visionando capítulos de 24 e estudiando os métodos pouco ortodoxos e, na maioría de ocasións, desesperados de Jack Bauer. Pois nada, en caso de situación hóstil, que repartan armas e manuais de tortura entre os civís e seguro que se acaba toda ameaza terrorista (tanto "terroristas" como americanos).
Outra pregunta que me fago é, ¿Cómo se pode calificar unha universidade onde da clase sobre cidadanía e liderazgo José María Aznar e teñen unha asignatura que se basa no estudio dunha serie de televisión? Creo que están perdendo todo contacto coa realidade, ten que resultarlles realmente confuso distinguir entre realidade e ficción.
E xa para rematar, ¿qué vai ser o seguinte que se lles ocurra? Distribuír capítulos de Prison Break entre os reclusos, de Ally McBeal para formar abogados, de Anatomia de Grey na facultade de medicina ou CSI para investigación criminal . Eu opino que en España deberíamos seguir este exemplo e aproveitar grandes series como Manos a la obra, para aprender a profesión, Menudo es mi padre, ou El comisario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario