A nova excentricidade de Chávez
Hugo Chávez, presidente de Venezuela, na súa eterna cruzada contra o "imperialismo" americano, decidiu desafiar o esquema de división horaria disposto (ou imposto según Chávez) en todo o mundo dende o século XIX.
Este esquema baséase na división do globo terrestre en 24 franxas horarias delimitadas polos coñecidos meridianos. Non semella tratarse dun esquema arbitrario, e de feito foi plantexado en 1870 por Sandford Fleming, un enxeñeiro de ferrocarris canadiense, co obxetivo de estandarizar os diferentes sistemas horarios. Consensuado durante anos por diferentes países foi finalmente aprobado na Conferencia do Meridiano en 1884 en Washington por representantes de 27 países. Non se trata dunha división estricta, senón dunhas pautas para a regulación horaria en todo o mundo, xa que existen numerosas excepcións coa intención de non provocar desaxustes entre a población. Por exemplo, España, que é atravesada por un meridiano que a divide en dúas zonas horarias distintas, establece o mesmo esquema horario para todas as súas comunidades, excepto as illas Canarias. Algo similar ocurre con China, que emprega a mesma hora para todo o seu territorio.
Pois Hugo Chávez, empeñado en cambiar as regras que regulan o mundo, impostas por EEUU claro, decidiu dar un paso máis e rebelarse contra o sistema horario. Pretende que en Venezuela os reloxos se retrasen media hora respecto ao actual horario. Para xustificar esta medida alega que lle gustaría que os nenos venezolanos se levantaran coa luz do día para ir a clase e, como non, que se trata dunha división arbitraria dictada por EEUU.
Respecto a curiosa proposta a min hai dúas cousas que me fan moita gracia:
- Non sería máis sinxelo que en lugar de "cargarse" os fundamentos do sistema horario, se atrasara o inicio das clases en media hora para que os nenos se levantaran coa luz do día.
- ¿Por qué se ten que retrasar media hora e non un múltiplo exacto da hora? Polo menos os nacionalistas galegos reclamaban algo, absurdo, pero alomenos tiña base "científica".
PD: A verdade é que a min este presidente caeme ben, mentres non faga dano a ninguén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario