Inicio da Liga 2007/2008
Despois de case tres meses sen poder disfrutar do espéctaculo da Liga, xa está en marcha unha nova edición da liga española que se presenta, un ano máis, como unha loita entre David e Goliat, a eterna loita dos modestos por desbancar aos dous grandes favoritos para facerse co título ligueiro, Real Madrid e Barcelona.
Logo dun verán repleto de contratacións, na que Real Madrid e F.C. Barcelona reforzaron considerablemente as súas plantillas, aínda que cunha inversión sensiblemente distinta. Tampouco se quedaron atrás os eternos aspirantes, Valencia, Atlético de Madrid, Sevilla, Villarreal, Zaragoza, ... Namentres os demais clubes, con menor poder adquisitivo, tiveron que conformarse cos "restos" do mercado e descartes destes equipos. Polo tanto, moitos cambios de cromos, fichaxes de nome para reforzar aos grandes, pero, dende o meu punto de vista, todo segue máis ou menos igual que o final da tempada pasada.
Real Madrid e Barcelona adoecen dos mesmo defectos que a tempada pasada os converteron en equipos mediocres. O primeiro, a pesar do cambio no estilo de xogo, do cambio de prácticamente toda a liña de defensa e centro do campo, de novo necesita recurrir a inspiración de Van Nistelrooy ou Guti para afrontar con garantías un partido. Despois dunha pretemporada desastrosa, parece que o inicio de liga resultou prometedor e ilusionante para a afición merengue, pero será mellor que non se confíen, xa que este conxunto de resultados positivos parece máis ben un espexismo que a confirmación do estilo de xogo de Schuster. Non sempre van xogar cun Villareal que de infinitas facilidades defensivas e se olvide que no Madrid xogan un tal Guti e Wesley Sneijder (menudo nome de pila). E o F.C. Barcelona repite a fórmula que o levou a facer unha desastrosa campaña o ano pasado: demasiado crack arriba (agora un ou dous máis) que en lugar de complementarse para crear a fantasía na área, parecen estorbarse e buscar gloria pola súa propia conta. Algo deberá cambiar se non queren tropezar dúas veces na mesma pedra.
É como é loxico non podía faltar a polémica arbitral (e eso que levamos dúas xornadas de liga), especialmente entorno ao Barcelona. É incuestionable que as decisións sempre favorecen a éste, e cada vez de xeito máis descarado. O peor de todo é que, como esto siga así, vamos ter que aguantar as lamentacións blancas todo o ano. Vamos, que todo segue igual a volta de vacacións. Palop parando penalties, o Atlético de Madrid naufragando en Manzanares, na eterna esperanza de que este ano será o definitivo e loitando contra a súa propia historia e os seus temores, o Deportivo maltratando o concepto de fútbol incapaz de crear ocasións, o Valencia como eterno aspirante que nunca remata e o Sevilla demostrando por que está considerado o mellor clube dos últimos dous anos.
Pero por desgracia, algo sí cambiou, xa nunca máis poderemos disfrutar do fútbol de Antonio Puerta, tristemente falecido fai unha semana. Que esta entrada sirva de recordo para este excelente futbolista e para todos aqueles que desgraciadamente faleceron en situacións similares nos últimos días, que parecen quedar eclipsados ante o "shock" que supoxo a morte de Puerta en España, pero que merecen igualmente ser recordados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario