martes, 4 de septiembre de 2007

Volta ciclista a España en Galicia

Despois duns anos nos que parecía que a organización da Volta ciclista a España esquivaba a comunidade galega, deixando unha sensación de indiferencia pola atractiva orografía de Galicia, pareceu retomar o gusto polas carreteras galegas e de novo decidiuse a realizar unha incursión nesta comunide nas súas dúas últimas edicións, o cal agradecemos enormemente tódolos amantes do ciclismo.

O ano pasado puídose disfrutar dun final de etapa en Lugo. Ante este acontecemento a cidade engalanouse como nas súas mellores ocasións e todos os que acudimos a este evento poidemos apreciar unha cidade completamente volcada co ciclismo, que se votou a rúa para apoiar aos ciclistas. Tamén é ben certo que existía unha certa euforia contida en Galicia relacionado co ciclismo ante o posible triunfo no Tour de Francia dun corredor galego, Óscar Pereiro (aínda seguimos esperando a confirmación oficial). Ademais, a pesar de que a imaxe do ciclismo estaba enturbiada por todo o relacionado coa Operación Puerto, non estaba completamente ferida de morte co ocorre actualmente como consecuencia dos importantes casos de dopaxe ou relacionados con él que se viviron nos últimos tempos.

Neste clima de certa tensión e recelo contra o ciclismo, viviuse o inicio da Volta por terras galegas. Unha primeira estapa con inicio e final en Vigo e logo unha etapa con final en Santiago de Compostela. Ante esta nova oportunidade que me brindaba o destino (case mellor dito a organización da Volta), decidín acudir de novo a presenciar tan interesante acontecemento. De novo atopeime cun recorrido atractivo, xa que de forma semellante ao que ocorreu o ano pasado en Lugo, o final non era puramente prano, senón que presentaba certas encerronas que dotaban dun certo interés engadido ao final de etapa. Sen embargo, e por moito que me pese decilo, atopei unha enorme indiferencia na cidade ante o ciclismo, con escasa afluencia salvo nos metros finais onde se concentraba unha pequena cantidade de xente. E por riba o apoio que se brindaba aos profesionais da bicicleta resultaba cuantiosamente menor que o vivido en Lugo fai case un ano (e eso que acabou gañando Óscar Freire, un español).


Quizáis as razóns que motivaron tal comportamento hai que enfocalas cara o comentario que citaba antes, relacionado co baixón na euforia entorno a Pereiro ou coa maltreita imaxe deste deporte. Ou simplemente existe menos paixón polo ciclismo. Espero que esto non se entenda como unha crítica, simplemente como unha reflexión entorno a un feito verificado pola miña persoa.

Aparte de todo, gardarei fermosos momentos na memoria, xa que, aínda que o ciclismo, como outros moitos deportes é preferible seguilo por televisión, a emoción de vivir unha etapa en vivo resulta unha experiencia tremendamente atractiva.


E aquí tedes ao "tío do mazo" versión galega, xD. E a continuación a un dos meus mellores comentarista deportivos do panaroma actual, foi unha pena que non coincidira co seu compañeiro cómico, Perico Delgado.


P.D. : Esperemos que non teñan que pasar de novo tantos anos para poder disfrutar do ciclismo de alto nivel en Galicia.

No hay comentarios: