Fuji, Fuji, Fuji ...
Antes de comezar a redactar, perdoade que entone unha sonora carcaxada pola ironía vivida este domingo no circuito nipón de Fuji. Non podo sacar da cabeza a imaxe de Antonio Lobato rezando a tódolos deuses para ter unha carreira en mollado ou invocando a choiva cunha danza trival. E ahí xustamente é onde radica a ironía, un extenso colectivo da poboación, que se fan chamar proalonsistas, e o propio Alonso, pregando por unha carreira sobre auga e Fernando afogando as súas aspiracións ao título na piscina na que se converteu Fuji.
Falando en serio, Alonso chegaba a Xapón coa moral moi alta tras as últimas carreiras e coas posibilidades de título intactas. Sen embargo, marcha do país asiático sen recompensa algunha e prácticamente sen opcións reais para revalidar o campionato de pilotos. Mr. Lobato & Cía. encargáronse todo o fin de semana de gritar aos catro ventos que "Magic" é o mellor piloto sobre choiva de tódolos tempos e que, para contrarrestar as vantaxes que McLaren, os comisarios da F1 e o destino proporcionan a Hamilton, era necesario que a climatoloxía axudará, era preciso que chovera para igualar os factores da ecuación polo título. Pero, de tanto repetilo, semella que cansou a Izanagi (deus xaponés da choiva) e éste propinou un auténtico chaparrrón que deixou case impracticable a pista. Nestas condicións, só un "home" podía domar o monoplaza e de novo forxar a lenda. Certo, Lewis, xD.
A carreira comezou dun xeito totalmente atípico, unha especie de saída neutralizada, con tódolos coches seguindo a unha velocidade moderada ao "safety car". Esto privounos de ver o ansiado enfrontamento Alonso-Hamilton na primeira curva de circuito, tras unha tensa semana de declaracións do afroamericano de moda, onde non dubidaba en predicar ameazas cara Alonso. Foi unha pena que as condicións da pista nos impediran ver como de grandes son os... reflexos de Hamilton.
A medida que se consumían as voltas detrás do "safety" íase consumindo tamén a miña paciencia, tan acostumada a vibrar coas últimas apaixoantes carreiras de F1. Xa sabedes, "Si parpadean, se lo van a perder". Oh! Agora dame por usar o sarcasmo. Finalmente, despois de case 20 voltas, produciuse unha saída lanzada na que, obviamente, non aconteceu nada. Pero o mellor estaba aínda por chegar.
Nunhas condicións moi hostís, onde se demostra a verdadeira valía dos pilotos, puidemos observar como Massa se saia un número incontable de veces , como Raikkonen tiña problemas para manter o coche en pista, como Alonso solucionaba algún que outro contratempo e como Hamilton se dirixía sen remedio cara a victoria. Sen comentarios a estratexia de Ferrari, poñendo para ambos pilotos neumáticos intermedios. Pero, tras a primeiro e único "sting", sucedéronse dúas accións cun desenlace que ven puido ser distinto. Hamilton, de novo axudado pola deusa fortuna, saía completamente ileso dun encontronazo contra Kubica, namentres Alonso danaba severamente o seu monoplaza no lado dereito tras un incidente similar con Vettel.
Alterados por tales circunstancias, o equipo de comentaristas de Telecinco de novo volveu perder o norte, e comezoron a expulsar, pola súa boquiña, relatos de grandes heroes que realizan maniobras inverosímiles para gobernar un coche destrozado sobre un circuito en condicións imposibles. Pero nin o propio Alonso (deus da F1 en Telecinco) puido completar unha fazaña de tal calibre e acabou por destrozar de todo o seu monoplaza contra un dos muros do circuito a causa do "aquaplaning", cando tentaba dar alcance a Raikkonen e ás súas derradeiras opcións de arrebatarlle o título a Hamilton. Desta forma, tales opcións quedan prácticamente lapidadas a espera dun milagre. Pero esta vez non recedes a Chaak, xD.
Para acabar co gran circo da F1, non se poden obviar dous temas referentes ao futuro campión do mundial de pilotos deste ano. O primeiro que me gustaría destacar é a tremenda fortuna que acompaña a Lewis, e ademais é unha constante que se está a repetir durante toda a tempada. E por riba, se ten algo de mala sorte, parece que os astros se confabulan para arreglar os posibles imprevistos. Os proanlonsistas empregarán este argumento para xustificar o decepcionante resultado final e disimular a súa frustración. Namentres os prohamiltonianos (ou como se diga) escudaránse na habitual expresión referente a sorte dos campións. E o segundo tema que desperta a miña curiosidade é a campaña a prol de Hamilton que pareceu empreder Eccleston e os seus colegas que controlan a F1. Neste gran premio sanciona a Kubica pero non a Vettel nin Hamilton. Seguramente acerten nas súas decisións, totalmente obxetivas, pero dende fora, as veces semella que estas decisións non se axustan a un mesmo criterio.
PD: Como recomendación a Alonso suxeriríalle que escriba no monoplaza de Hamilton 4, 8, 15, 16, 23, 42.
No hay comentarios:
Publicar un comentario