martes, 2 de octubre de 2007

Mscape

Actualmente estamos inmersos nunha era de continuo avance tecnolóxico en tódolos aspectos da nosa vida cotidiana. Un dos elementos que maior avance está experimentando é o mundo das videoconsolas, cunha continua batalla entre Sony, Microsoft e Nintendo por impoñerse neste suculento mercado. Namentreas as dúas primeiras optan por utilizar a realidade dos gráficos como reclamo para os potenciais consumidores, Nintendo parece apostar polo xogabilidade e a diversión dos usuarios sen atender con tanto esmero as necesidades gráficas. Sen embargo, nos últimos meses comeza a soar forte un novo tipo de tecnoloxía que pode revolucionar o concepto de xogo virtual. Trátase de Mscape, diseñada por HP.

Mscape básease no concepto de realidade aumentada, e dicir, superpoñer imaxes creadas de forma virtual sobre a realidade que estamos vivindo. Á diferencia da realidade virtual, non consiste en crear un mundo virtual completamente distinto da realidade, senón en facer convivir de forma coherente e simultánea a nosa realidade e a ficción virtual. Desta forma, cunha PDA equipada con GPS podemos disfrutar dunha modalidade de xogo totalmente interactiva, onde nós somos os verdadeiros protagonistas, e onde os escenarios están basados nas localizacións reais polas que habitualmente andamos.
Explicado de forma tan abstracta parece unha utopía para a época tecnolóxica actual aínda que, sen embargo, a posibilidade de disfrutar desta revolucionaria idea non está tan lonxana. HP está plenamente convencida de que está apostando pola opción correcta para tumbar as outras tres xigantes e está comezando a presentar os primeiros prototipos (imaxino que rudimentarios) de dispositivos equipados con esta tecnoloxía. Aquí podedes ver un video onde se mostra, seguramente de forma esaxerada, a potencialidade de Mscape para aplicacións virtuais.


Sinceramente, a min resultame compricado concebir que dentro duns anos acabemos todos correndo polas rúas das nosas cidades cun aparello destos na man para xogar a unha especie de xogo de rol sobre escenarios reales. Pero como sempre, o tempo e o mercado acabarán por decidir se HP acerta de pleno na súa aposta ou fracasa estrepitosamente.

No hay comentarios: