miércoles, 17 de octubre de 2007

Mapa virtual da Terra Media

O espacio web Elfenomeno afianzouse como un dos portais en español máis importantes dedicados a J.R.R. Tolkien e a todo a súa obra, especialmente a todo o relacionado con "El Señor de los Anillos". Ademais representa unha referencia obrigada para todos os fans, tanto da obra de Tolkien, como das películas realizadas por Peter jackson que recrean esta historia fantástica imaxinada por Tolkien.

No seu oitavo aniversario, Elfenomeno decidiu obsequiar a tódolos seus seguidores cun agasallo moi especial: un completo mapa virtual da Terra Media, diseñada pola desbordante imaxinación de Tolkien. De forma similar a Google Maps é posible visitar en segundos calquera localización deste universo fantástico, e así, por exemplo, podemos seguir paso a paso a ruta trazada polos nosos heroes durante a súa asombrosa aventura que parte da Comarca ata chegar ao Monte do Destino.

Recoméndovos votarlle un vistazo a esta utilidade, especialmente a todos aqueles que intentavades recostruir mentalmente cada un dos escenarios deste universo fantástico a medida que iades devorando con vehemencia cada unha das páxinas dos libros de Tolkien. Os demais podedes realizar esta visita virtual a modo de curiosidade. Mapa virtual da Terra Media.

3 comentarios:

panchito el glu glu dijo...

Y es que a quien no le gustaría darse un paseíto observando el tejado de la casa de Arwen, a ver si por casualidad estaba tomando el sol en la terraza.
Sólo se echa de menos el mapa de las regiones del norte, en la época de los grandes señores de los elfos Noldor, cuando luchaban contra Morgoth, pero esa historia es menos conocida.
Por cierto, por fin me he decidido a postear en tu blog, después de mucho tiempo.

Anarky dijo...

Sempre é de agradecer que a xente comente no blog. Realmente a maior parte da zona que está máis conseguida son as localizacións do señor de los anillos, pero a min pareceume unha idea fantástica. para ter unha idea máis clara da Terra Media.
Por certo, o mapa que debuxara eu cando estaba lendo o señor non se parece demasiado a éste, xD.

http://www.facebook.com/pages/Bodymore/566770926683843 dijo...

Oscar, soy Paloma, ¿Hay alguna manera de comunicarse contigo?, mandame tu correo a bodymorecoruna@gmail.com