Ronaldinho e o Barcelona
Cambio de escenario pero a historia de novo se repite. Este noite o Barça afrontaba o seu segundo compromiso na liguilla de clasificación de champions e unha dúbida planeaba sobre o Camp Nou, ¿Xogaría de inicio Ronaldinho despois de todo o acontecido nas últimas semanas?E no caso de que a resposta fora sí, ¿Cómo afectaría ao rendemento do equipo que pareceu levantar cabeza trala súa ausencia? Estas preguntas teñen unha sinxela resposta, Ronaldinho xogou pero o Barça perdeu por momentos o seu bo xogo e solvencia e xogadores como Messi, omnipresente noutras ocasións, semellou diluirse na sombra do brasileño. Ao final, nun par de xogadas afortunadas, o Barça conseguiu salvar o partido e lograr os tres puntos que, sen dúbida é o máis importante.
Sen embargo, este extrano patrón que se repite no xogo do Barça con Ronaldinho no campo merece unha pequena reflexión. ¿Qué causas poden existir para que un equipo xogue mellor sen o considerado por moitos mellor xogador do mundo? Segundo a miña humilde opinión algunha das claves desta situación poden ser as seguintes:
- A máis evidente é a baixa forma do xogador brasileño que limita moitos dos seus recursos futbolísticos e causa a sensación no espectador de que xoga cunha marcha menos que o resto.
- Ronaldinho é un xogador que relentiza enormemente o xogo, namentres Messi ou Henry basean parte do seu xogo na velocidade. A presencia do brasileño no campo transforma en monótono o xogo do equipo.
- Ronaldinho perde gran cantidade de balóns no centro do campo a diferencia de Xavi, Iniesta, Deco ou Touré. Estas pérdidas, na maioría dos casos, facilitan ocasións de perigo para os rivais. Sen el sobre o cesped o centro do campo transmite maior seguridade ás restantes liñas.
- A incursión de Ronaldinho no equipo titular supón cambiar o esquema de xogo que habitualmente utiliza Rijkaard cando non conta con el, un 4-4-2 por un 4-3-3. En teoría maior potencial ofensivo (as veces tantos dianteiros acaban por estorbarse) pero menor dominio do centro do campo.
- Entroncando co mencionado no punto anterior, Ronaldinho é un xogador netamente ofensivo que, case sempre, descoida as súas labores defensivas. Maior vulnerabilidade defensiva do equipo, especialmente se utilizas un debuxo táctico con tres dianteiros.
- E para rematar, Ronaldinho é un xogador excesivamente individualista e vistoso, é dicir, xogar para a galería, se non resulta efectivo, non serve para nada. Sen el ensálzase o xogo de equipo, se ben Messi e Henry tampouco destacan pola súa xenerosidade co equipo.
Fronte a todos estos argumentos a presencia de Ronaldinho sempre é xustificable, en calquera equipo do mundo. Xogador de enorme calidade, enormemente decisivo a balón parado e que pode decidir un partido en calquera acción aislada. Esta complexa decisión está en mans de Rijkaard.
No hay comentarios:
Publicar un comentario