Resultados enquisa de Formula 1
Logo de máis dun mes para poder votar na enquisa, co obxetivo de escoller o mellor piloto actual da Formula 1, creo que é un bo momento para facer reconto de votos e sacar algunhas conclusións, coincidindo ademais co final do campeonato deste ano. Nas seguintes gráficas pódense apreciar os resultados da enquisa:
A partir destos datos númericos eu destacaría catro conclusións relevantes:
- Escasa participación dos visitantes do blog. Considero que a temática da enquisa era tremendamente popular e creo que os candidatos eran coñecidos por toda persoa que non esté aislada por completo do mundo. Eso suxíreme dúas alternativas: o número de votos coincide co número de visitantes habituais do blog, ou hai maior número de visitantes pero pasan de votar. Eu decantaríame pola primeira das opcións, e se a realidade se corresponde co segundo dos casos, os mencionados visitantes, senón votaron nesta enquisa, dubido que o fagan en calquera outra.
- Temos un claro gañador, Fernando Alonso. Esto demostra que a xente segue a confiar no piloto asturiano e valora exclusivamente a súa indubidable categoría como piloto, deixando á marxe a súa discutida personalidade, o cal me parece perfecto.
- Na segunda posición postúlase o piloto inglés, Lewis Hamilton, compañeiro de equipo de Fernando en McLaren e amigo deste, como o resto do paddock. Resulta sorprendente que un novato na Formula 1 obteña un maior número de votos que un piloto contrastado da categoría de Kimmi Raikkonen. Non hai dúbida de que Hamilton chegara a ser un gran piloto (ou non), pero resulta curioso que, para unha boa fracción dos votantes, sexa considerado o mellor piloto. Seguro que logo de ver as dúas últimas carreiras algún desexaría reconsiderar o seu voto.
- É máis curioso aínda me parece que Kimi, recente campión do mundial de pilotos, sexa a opción menos votada, cun só voto que, ademais, corresponde a un servidor. Se atendemos á lóxica, o gañador do campionato do mundo debe ser considerado como o mellor piloto desta tempada da Formula 1 e, polo tanto, atendendo a un criterio puramente matemático, só eu tería razón. Nada máis lonxe da realidade, posto que Kimi gañou o campionato por que McLaren e Lewis se empeñaron en regalarllo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario