As mulleres e as cores
Para ilustrar este problema, imaxinemos a seguinte escea, que perfectamente pode estar baseada en feitos reais.
Dúas persoas anónimas, un home e unha muller, totalmente normais, conviven circunstancialmente nunha mesma casa. O home, de idade arbitraria, pregunta inxenuamente: "¿Sabes onde está a miña camiseta vermella?" Ante esta sinxela cuestión, a muller responde cunha nova pregunta, no seu afán de matizar o amplo espectro de cores: "¿Refíreste a túa camiseta de cor granate?". Despois de meditar uns intres sobre a verdadeira natureza da cor granate, o home contesta: "Esa camiseta non, refírome á vermella". Con esta resposta a muller parece descartar un importante conxunto da roupa do seu compañeiro masculino, e insiste chea de razón: "Ah!, ¿A camiseta burdeos?" . O home desesperado, á vez que intrigado ante a aparición dunha nova cor con nome de cidade, acaba por poñerse a camiseta negra para evitar complicacións.
Esceas como a anterior ou similares sucédense constantemente na realidade cotiá das interaccións entre homes e mulleres, independientemente da relación que se estableza entre eles: parella, irmáns, nai-fillo, ... , e ademais constitúen unha proba irrefutable do seguinte teorema: "As mulleres son capaces de percibir un número infinitamente superior de cores que os homes". Desa maneira, queda demostrado empíricamente que os homes só somos capaces de recoñecer unhas 7 ou 8 cores, algúns afortunados ata 10, namentres as mulleres inclúen o beige, malva, lila, fucsia, hueso ou melocotón no seu colorido vocabulario.
Verificado o feito, antóxase fundamental procurar nas causas que motivan este curioso fenómeno. ¿Realmente existen tantas cores como afirman distinguir as mulleres?¿Existe algunha peculiaridade estructural no cerebro femenino que aumenta a súa sensibilidade para percibir as sutís diferencias que hai entre as cores?
Segundo a Real Academia Española, pódese definir a cor como a "Sensación producida por los rayos luminosos que impresionan los órganos visuales y que depende de la longitud de onda". Desta definición despréndese de maneira inmediata que a natureza de cada cor depende exclusivamente da lonxitude da onda reflexada no corpo e que é percibida polo ollo humano.
Cando a luz impacta sobre un determinado obxecto, dependendo das características físicas do mesmo, unha parte desa luz será absorbida e a restante reflexada cunha determinada lonxitude de onda. O ollo humano percibe a luz reflexada e na retina transfórmase esa percepción nunha información que o noso cerebro é capaz de interpretar para poder xerar a forma e a cor do obxecto. As células da retina encargadas de sintetizar a información sobre a cor a partir da lonxitude de onda son os conos. Existen tres tipos diferenciados de conos, que se corresponden coas tres cores fundamentais (non primarias): vermello, azul e verde.
Cada cono contén uns elementos proteicos chamados opsinas que están sintonizados para activarse nunha banda espectral concreta. A eritropsina ten maior sensibilidade ante as lonxitudes de onda longas (luz vermella), a cloropsina maior sensibilidade ante lonxitudes de onda medias (luz verde) e, por último, a cianopsina maior sensibilidade ante as lonxitudes de onda pequenas (luz azul). A combinación das respostas dos tres tipos de conos determina a verdadeira cor do obxecto e esa información é transmitida ao cerebro. En condicións de baixa luminosidade utilízanse outro tipo de células similares denominadas bastóns.
Tendo en conta esta descripción da fisioloxía da cor, pódese afirmar que existe un número suficientemente grande de cores aos que asignar a enorme cantidade de nomes de cor ideadas polo xénero femenino. Cada lonxitude de onda dos estímulos electromagnéticos, cada un dos "mapeos" da frecuencia nas tres cores fundamentais, cada resposta conxunta dos tres tipos de conos, constitúe en esencia unha cor distinta.
Polo tanto, a existencia de infinitas cores é unha realidade. Sen embargo, unha pregunta máis interesante sería, ¿Cántas desas cores pode distinguir o noso cerebro? A meirande parte da información que é percibida a través de calquera dos nosos sentidos é descartada antes de ser transmitida ao cerebro, posto que éste presenta unha capacidade de procesamento lamentablemente bastante limitada. Esta restricción física e a cantidade real de información que se utiliza van a determinar a mínima diferencia que debe existir entre dúas cores para que o cerebro as poida interpretar como dúas cores distintas. É dicir, se a diferencia entre dúas cores é demasiado pequena, a cantidade de información utilizada polo cerebro non será sucifiente para representar esa diferencia e serán procesadas como a mesma cor.
Con respecto a maior capacidade de percepción de cores das mulleres, non existen evidencias fisiolóxicas que mostren diferencias estructurais entre o cerebro da muller e o cerebro do home na zona encargada de xestionar as cores. Esta maior sensibilidade pode deberse exclusivamente a maior capacidade de atención das mulleres aos pequenos detalles que lles permite ser máis conscientes das sutís diferencias entre as cores. Vamos, que os homes distinguimos en menor medida as cores porque francamente non nos interesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario