Os dependentes do Corte Inglés
O inevitable discurrir do tempo e o movemento de traslación da terra, provocado pola forza gravitatoria universal, motivan a inalterable sucesión cíclica das estacións. Entre outras moitas cousas, cambiar de estación normalmente ven acompañado dun cambio de clima, que pode ser máis ou menos acusado dependendo de cada rexión e que implica un cambio dos nosos hábitos, especialmente da vestimenta utilizada. Na maioría de ocasións, esta variación da nosa forma de vestir fai necesaria unha renovación do armario, nimia ou máis significativa, dependendo do tipo de persoa e da súa capacidade económica.
Polo tanto, coa chegada do outono, cambia o clima, comeza a facerse patente a necesidade de poñerse roupa de abrigo e, para iso, antes é preciso adquirila. Ata o momento, lóxica aplastante. Na arriscada tarea de acondicionarse ao novo clima e á nova sensación térmica que nos agarda, podemos optar por moi diferentes alternativas. Unha das máis comúns, cando menos entre o estudantado, consiste en acudir a tendas como Zara, Pull&Bear, Springfield, ... Este tipo de tendas teñen a inestimable vantaxe, respecto a calquera outra, de que as prendas de roupa que ofertan teñen uns prezos asequibles para todo o mundo. Sen embargo, tamén atesoran importantes inconvenientes: espacio reducido, aglomeracións, certa sensación de desorde, ... En caso de acudir con túa nai, noiva ou amiga, estos inconvenientes non representan ningún obstáculo, posto que o xénero femenino desenrolou co tempo unha especie de habilidade para enfrontarse a estos problemas pero, no caso de aventurarse a saír só de compras, é preferible decantarse por alternativas máis sinxelas como, por exemplo, ir directamente ao Corte Inglés.
A diferencia doutras tendas, o Corte Inglés ofrécenos a posibilidade de acceder a unha ampla selección de roupa de diferentes marcas, con menor sensación de abafo (maior espacio), e resultando moito máis sinxela a búsqueda das prendas (menor sensación de desorde). É obvio que o prezo xeralmente é superior, pero seguramente tamén a calidade das prendas. Sen embargo, hai unha cousa que me saca completamente de quicio (en galego dise couzón, xD) nestos grandes almacéns: os seus dependetes.
¡Exacto! Esa especie de espantapaxaros con traxe repartidos estratéxicamente por toda a planta e que semella que non che quitan ollo, namentres están maquinando algunha terrible argucia para se desfaceren de ti. Eses individuos que, consumidos polo tedio do seu traballo, non dubidan en asaltarte, unha e outra vez, como máquinas programadas e sempre coa mesma frase: "¿Necesita ayuda?". E sempre acabamos por contestar para que nos deixen en paz: "Só estaba mirando, gracias", ante o cal, fuxen rexeitados de volta ao seu tedioso traballo de espantapaxaros. E eu pregúntome, despois de ser asaltado cinco ou seis veces, incluso máis dunha vez polo mesmo dependente, ¿por qué seguen empecinados en volver a preguntar despois de ver como lle dicíamos que non a un dos seus compañeiros ou a eles mesmos?, ¿realmente pensarán que cambiamos de opinión aos 5 segundos? ou ¿estarán programados para facerlle insufrible a estancia ao cliente? Sinceramente non me entra na cabeza. No momento no que precisemos axuda, creo que calquera persoa no seu sano xuízo a pedira por si mesmo. E por outro lado, tampouco resultará demasiado compricado identificar a quen debemos acudir para solicitar esta axuda, individuos en traxe con cara de asco e mirada inquisidora. Polo tanto, non creo que sexa necesaria esa actitude enfermiza.
Outra cousa que me irrita bastante desta peculiar especie é a súa compulsiva necesidade de perseguirte por todo o seu espacio asignado, colocando milimétricamente cada prenda que, previamente, o cliente descolocou para votarlle unha ollada, incluso no caso de que te molestes en plegala e colocala coidadosamente, desautorizando deste xeito a túa xentil acción. Alguén lles debería explicar que resulta tremendamente molesto a súa forma de observarte fixamente, seguindo cada un dos teus movementos, memorizando cada prenda que tocas, que mancillas, suplicándoche cos seus ollos desorbitados que abandones esa zona para que él poida abalanzarse furtivamente sobre o desorde causado polo teu paso e restituir a pulcritude na súa propiedade. Cada vez que un dependente me persigue ordenado as prendas que descoloco danme ganas de devolverlle a xogada e redescolocar a roupa novamente, simulando a repetición cíclica das estacións climáticas. Obviamente, por respecto, non o fago.
Pero, sen dúbida, o que máis me molesta é a súa actitude arrogante, mirándote por riba do hombro e transmitíndoche a sensación de que non mereces pasear entre tanto luxo por ir vestido con un chandal e unha sudadera, que non tes dereito a estropear o panorama elitista que tentan impoñer e por suposto, á hora de pagar, que non es digno dunha prenda de tanta xentileza. Por desgracia, esta discriminación pola apariencia ocorre en moitos sitios de diversa índole, comezando polas facultades de dereito e acabado na maioría de pubs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario