Cassandra's dream
Como ocorre a maioría de venres pola noite, para disimular o aburrimento que impregna constantemente esta cidade, decidimos probar a sensación de disfrutar dunha boa película, cada vez máis difícil de conseguir. Sen embargo, esta posibilidade evidencíabase compricada, posto que a oferta cinematográfica coruñesa era bastante mediocre, plagada de absurdas películas americanas sobre adolescentes saídos ou grandes produccións fantasiosas con argumentos ominosos. Ante tanta desfachatez na carteleira, decidimos outorgarlle unha oportunidade a un film con título de "club de alterne". Cassandra's dream é a enésima película na dilata carreira do director norteamericano Woody Allen, e serve, ademais, para completar a triloxía do neurótico director sobre a súa peculiar visión de Londres, logo de Match Point e Scoop.
O reparto da película está encabezado (eu diría monopolizado) por dous actores de moito renome, Colin Farrell e Ewan McGregor, que dan vida a dous irmáns londinense moi unidos, pero con personalidades e metas completamente distintas. Colin Farrell interpreta a un home de clase baixa, mediocre, sen expectativas de futuro, que consume a súa agonía nun whisky barato, e con certos problemas de ludopatía que só lle serven para acumular máis e máis débedas. O papel de alcóholico e lúdopata adáptase perfectamente as cualidades de Collin, polo que probablemente estemos ante a súa mellor "actuación".
Namentres, Ewan McGregor interpreta ao outro irmán, coas mesmas limitacións económicas, pero brillante e soñador, que anhela profundamente convertirse en alguén que non é, alguén respetado e admirado. Na súa pretensión de fuxir das súas raíces humildes ás que semella estar condeado de por vida, intenta aparentar ser unha persoa distinta cunhas posibilidades monetarias que distan moito da desgarradora realidade. Estes ahelos de grandeza acabarán por convertirse na súa perdición, xunto coa súa devoción por satisfacer os caros caprichos da muller que ama, unha actriz de teatro que reflexa perfectamente a figura de femme fatale, interpretada por Hayley Atwell.
Sen embargo, estas sustanciais diferencias na personalidade dos irmáns, no canto de distancialos, favorece a súa unidade e a necesidade de apoiarse un no outro para resolver as situacións críticas que se ven obrigados a afrontar. Partindo deste plantexamento e coñecendo as excentricidades que caracterizan ao director, podédesvos facer unha lixeira idea sobre o discurrir da película. A partir dun guión elaborado, pero sen demasiadas pretensións existenciais, sinxelo por momentos e sen alardes narrativos, Woody Allen utiliza a súa habilidade natural para trasladarnos unha historia corrente que, imaxinada pola súa retorcida mente, acabase por convertir nunha disparatada ficción abarrotada dese humor subrealista que caracteriza a obra de Allen.
Eliminados tódolos artificios extrínsecos da historia (efectos especiais), Woody Allen tenta seducir ao espectador cunha trama sinceira e dinámica, plagada de situacións absurdas, divertidas e ata disparatadas, con diálogos frescos e directos, pero que finalmente deixan unha certa sensación de insustancialidade, de superficialidade e sobre todo de reincidencia, polo que, sobre todo por estas razóns, non me acaba de convencer demasiado. En definitiva, a película alterna momentos entretidos aderezadas coa xeniliadade e irreverencia de Woody Allen, con momentos moi divertidos e díficiles de esquecer (durante unha semana, xD), pero tamén con fases aburridas e frívolas, desembocando todo elo nun final cantado, marcado polo drama ao máis puro estilo da traxedia shakespeariana.
Nas súas últimas produccións, Woody Allen continua na súa eterna cruzada de indagar na complexidade das interaccións humanas aportando a súa pincelada neurótica, pero menospreciando, con respecto a films anteriores, a historia que usa como fío conductor que, en ocasións, parece sacada dalgunha novela barata de bolsillo. Aínda con todo esto, a miña humilde opinión é que a súa nova película, Cassandra's dream, pasa a encabezar a lista de decepcionantes e ata repugnantes películas, con apariencia de telefilm, que fun ver nestos últimos meses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario