24 nos anos 90
Algunha vez vos parasteis a pensar como sería salvar o mundo en 24 horas nos anos 90, coa precaria tecnoloxía que existía daquela (lóxicamente comaparándoa coa dos últimos anos). Seguro que Jack Bauer non o tería tan sinxelo sen móvil, PDA, GPS, satélites específicos, ... Pois non é preciso que vos esforcedes en pensalo porque, como sempre, a alguén xa se lle ocurreu facer un video no que se parodia 24 a mediados dos anos 90. Aquí podedes disfrutar dunha nova perspectiva das aventuras de Jack Bauer na prehistoria tecnolóxica por cortesía de CollageHumor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario