Resident Evil
Ainda que semelle mentira, unha das películas da carteleira que máis me apetecía ver era Resident Evil 3 (ou Resident Able): Extinction, posto que non quedara escarmentado coas dúas anteriores.
Debido a algunhas críticas de certos sectores da poboación polos meus interminables comentarios de cine, esta vez vou ser moi concreto. Únicamente dous apartados da miña experiencia coa película:
Cousas boas:
- As palomitas do cine estaban moi ricas.
- Puiden ver por enésima vez o trailer de Rec, que por fin se estrea mañá.
- Milla Jovovich e demais cachondas (como Nikki de Heroes). Máis que unha película de zombies parecía unha competición de macizas.
- É extremadamente divertida (non sei se esa era a súa pretensión).
- Ausencia completa de guión. A película, por chamala dalgunha maneira, consiste nunha sucesión de imaxes sen ningún sentido. Parece que a folga de guionistas se adiantou nesta película e ante a ausencia deste colectivo tan importante para o cine, decidiron contratar monos de feira.
- Duración excesiva. Está moi ben ver durante 10 minutos a Milla Jovovich repartindo leches a zombies, pero máis de hora e media de incoherencias acaba por cansar.
2 comentarios:
Macho, me parece fatal, te has olvidado en puntos positivos de una escena que puede hacer pasar a esta peli a los anales de la historia. O sino, en qué otra peli puedes ver a un maromo inmolándose, matando zombis y fumándose un petardo, todo a la vez? Esque me decepcionas tio...
"Qué cabrón, le quedaba uno..."
¿Qué podo dicir, anarky? 100% dacordo co teu comentario... Aínda que Dani leva razón... (¡qué grande esa escena!). En todo caso, a peli é tan mala que asusta...
Publicar un comentario