jueves, 22 de noviembre de 2007

Publicidade enganosa

Vamos a ilustrar un pequeno exemplo deste tipo de práctica fraudulenta.

Supoñamos unha empresa ficticia galega no ámbito das telecomunicacións, que chamaremos, por exemplo, R. Esta empresa ofrece unha serie de servizos básicos e avanzados de televisión, internet e telefonía fixa. Co obxeto de facilitar a labor de contratación para os clientes, agrupa estos servizos nunha serie de "combos", que inclúen diferentes paquetes de servizos cada un deles, e cun prezo acorde aos servizos que agrupa. Agora vamos a supoñer que esta empresa oferta catro tipos de "combos" que, por comodidade, denominaremos Combo1, Combo2, Combo3 e ComboR. Os servizos que se ofrecen en cada un deles é irrelevante nesta anécdota.

Vamos a imaxinar tamén que un cliente, por suposto ficticio, desta empresa, que chamaremos, por exemplo Óscar, ten contratado dende fai máis dun ano o denominado "comboR". Como bo cliente, a este individuo gústalle estar ao día das ofertas que ofrece calquera das empresas coas que ten establecida unha relación contractual, en concreto da denominada R. Por sorte e para maior comodidade, R pon a disposición dos seus clientes unha páxina web onde se poden realizar todo tipo de consultas, incluídas as novidades e ofertas. Imaxinemos tamén, para dotar de maior realismo a historia, que o diseño da páxina web é horripilante a par que desconcertante e criptográfico.

Por outro lado, o traballo do noso protagonista permítelle consultar en calquera momento esta páxina (posto que goza de acceso libre a internet) e nos interminables ratos de arrumimento que ten que soportar durante a súa xornada laboral, aproveita para levar a cabo este tipo de actividades. Nunha desas consultas atopouse cunha oferta que resultou ser do seu interese. Volvamos votarlle imaxinación e pensemos nunha oferta como a que segue:


O noso protagonista, entusiasmado pola idea de pagar só a metade do prezo total durante 3 meses, chama primeiro para informarse sobre a veracidade da oferta. Ante a súa sorpresa, ademais de confirmar tan suculenta proposta, a persoa que atende a chamada, engade unha bonificación adicional, supoñamos que 100 minutos gratis a teléfonos móbiles. Matizando que a seguridade R costa, por exemplo uns 3 euros, non cabe dúbida que, se en realidade existira unha oferta deste tipo, sería "estúpido" non aproveitala.

Seguindo coa sucesión de feitos da nosa historia, o protagonista, pobre incrédulo, contrata ese novo servizo, cunha enorme sensación de felicidade polo aforro duns 30 euros ao mes (unhas 6 copas extras, xD). Sen embargo, a sorpresa chega ao día seguinte. Chamada da típica operadora de atención ao cliente de calquera empresa real:

(Extracto dunha conversa ficticia)

-"Mira, que nos equivocamos cando che demos a información sobre a oferta o outro día, que en realidade vas pagar o mesmo, bueno, non, vas pagar tres euros máis pola merda de seguridade que che damos nas túas conexións a internet".
- "Pero que me estás contando. Se na vosa páxina poñedes que a oferta consiste en 3 meses de factura a metade de prezo".
- "Sí, pero iso é para clientes que actualizan o seu combo, que pasan de combo1 a combo2 ou de combo3 a comboR".
- "Pero na páxina di que a oferta é para clientes de comboR claramente".
-"Non teño a man a páxina, pero supoño que malinterpretarías a oferta".
- "¡Qué malinterpretar!, se o di literalmente. Pero, entón o dos 100 minutos a móbiles tamén é mentira".
- "Sí".

............ (discusión)

- "Quitádeme entón a seguridade R, e espero que non mo cobredes nin tan sequera este mes. E, como estades facendo publicidade enganosa, espero que modifiquedes a oferta na vosa páxina, por que senón van acabar por denunciarvos á oficina do consumidor".
- "Grazas". (A súa normalizaçon).

E así remata esta fermosa historia de como os ficticios publicistas ou ben os ficticios informáticos que manteñen a ficticia páxina web da ficticia empresa R, non saben redactar correctamente as "ficticias" ofertas (por que pensar outra cousa sería ter mala fé).

PD: Está historia está baseada en feitos reais, pero o nome do cliente e da empresa foron cambiados a propósito co obxetivo de non ofender a ninguén.

2 comentarios:

Iago Porto dijo...

Non o deixes quedar aí. ¡Pon unha reclamación por ese tema a ver se che fan un descuento na próxima factura!

Peque dijo...

Que si Oscar!
Insiste!
Sabes que se eu estivera no teu lugar o faria!