miércoles, 10 de octubre de 2007

O número áureo

Dende os albores do razoamento humano, os continuos anhelos do home por atopar a proporción exacta que determina a perfección das cousas, por descubrir as regras matemáticas que rixen a beleza e a armonía no universo, sempre rematan tropezando cun mesmo número, paradóxicamente irracional, coñecido como número áureo, proporción áurea ou número de ouro:

Ao longo da nosa historia, unha gran cantidade de filósofos, matemáticos e artistas atribuiron propiedades singulares, máxicas e ata divinas a este curioso número. A fascinación de todos eles ante as infinitas manifestacións desta proporción na natureza ou en calquera aspecto da vida cotiá, fixo que empregaran repetitivamente este valor nas súas principais obras como medio para acadar a beleza e a perfección.

Quero imaxinar que todos coñecedes as propiedades que definen o número áureo pero, para quen non as coñeza ou para quen as teña un pouco esquecidas como eu, achégovos este video que explica perfectamente todo o relacionado con tan enigmático número.




Este outro video explica, de maneira tremendamente sinxela, como podemos obter a proporción áurea a partir de dous segmentos calquera dunha determinada recta.




PD: Youtube serve para máis cousas que para ofrecernos as derradeiras creaccións da xente máis friki do planeta.

No hay comentarios: