viernes, 28 de septiembre de 2007

Breve crítica de ¡Cásate Conmigo!

Debo comezar aclarando que ¡Cásate Conmigo! trátase dunha película que, sen pretender caer no machismo, pero sen poder ignorar a verdade, só as tías ou os tíos cun lado femenino moi desenrolado acaban vendo. Outros, como eu, facémolo polo simpre feito de acompañar a aguén que pertence a un dos grupos anteriores.

Esta "comedia romanticona" resúmese en 90 minutos de delirantes situacións subrealistas, incluso absurdas por momentos, que despertan a risa doada do espectador, que ante tal desplegue de situacións disparatadas (e as certas evidencias de falta de inxenio do guionista) non pode evitar esbozar unha carcaxada. Dende un comezo inverosímil, onde un rapaz, disfrazado de Cupido nun restaurante, provoca un infarto na súa moza cando lle pido que se case con él, ata o curioso desenlace... (que non vou desvelar), sucédense de forma frenética todo tipo de secuencias cómicas. Resulta un intento infructuoso de achegarse a outras comedias que fan da extravagancia e as situacións absurdas a súa identidade como a esperpéntica pero divertida "El gran lío" ou a fantástica "Airbag".

Sen ningunha outra pretensión que facer pasar un bo rato ao espectador, menosprecia os aspectos técnicos e presenta un guión simplón que a fai máis soportables que outras comedias románticas que buscando a trascendia acaban por resultar empalagosas e ata estridentes. A duración, 90 min, a falta de profundidade argumental e a intepretación dos excéntricos persoaxes nas subrealistas situacións propostas polo guión é, sen dúbida, o máis destacado do film.

Para finalizar, ensalzar a labor dun reducido, pero suficiente, reparto que da vida aos extravagantes persoaxes da película. Este grupo de actores pouco coñecidos, excepto Jason Biggs (American Pie), ao que acompañan Isla Fisher, Joanna Gleason, Edward Herrmann, Joe Pantoliano, Chris Diamantopoulos, Margo Martindale, ... ofrécennos unha interesante interpretación que logra transmitir as excentricidades dos estrafalarios persoaxes plantexadas inicialmente sobre o papel. Destacan especialmente Edward Herrmann e Margo Martindale, como proxenitores pervertidos.

miércoles, 26 de septiembre de 2007

Como as gasta Kiefer Sutherland

Os seguidores de 24 coñecemos a faceta máis artística de Kiefer, como actor encargado de dar vida nesta serie a Jack Bauer, o auténtico heroe americano, enfermizamente patriótico, valeroso, suicida, violento e outros moitos calificativos que fan desta personaxe un home respectado e admirado (case mellor dito, temido). Gañador de varios premios Emmy pola súa interpretación en 24, Kiefer tamén é coñecido polos seus devaneos coa policía e a súa afición a exhaltar públicamente a súa "alegría".


Menos coñecida nos resulta esta outra faceta do gran actor, que dista bastante da imaxe que nos pretende ofrecer a través dos valores que evoca Jack Bauer. Como moitos outros compañeiros de profesión (e outros que non son actores), Kiefer saiu aficionado á movida nocturna e a un dos seus compañeiros inseparables, o alcohol . E cando un persoaxe público intima con estos perigosos, pero excitantes, compañeiros sempre acaba sendo noticia.

Segundo informacións publicadas por diferentes periódicos, Kiefer Sutherland foi detido pola policía de Los Angeles na madrugada do 25 por conducir supostamente ebrio. Os feitos tiveron lugar sobre a 1.00 a.m. no oeste da cidade, cando a policía interceptou o coche conducido por Kiefer, logo de que éste realizará un cambio de dirección prohibido. Unha vez realizado o pertinente control de alcolemia, puido observarse que Kiefer conducía baixo os efectos do alcohol, rebasando en máis do dobre a tasa permitida. De forma inmediata foi arrestado e conducido a comisaría. Finalmente foi posto en liberdade sobre as 4.00 a.m. tras pagar unha fianza duns 25.000 dólares.

Este suceso quedaría nunha mera anécdota si se tratara dun feito aislado. Pero, como na maioría destos casos, esa suposición dista moito da realidade. Inspirado polo persoaxe que interpreta, a vida deste actor americano semella bastante axetreada, pero noutro senso. En 2004 foi arrestado en similares circunstancias polo que, segundo a lei de California, pode ser condeado ata 5 días en prisión por reincidencia. Por esta razón debe comparecer ante o xuíz o próximo 16 de outubro. Para colmo de males, actualmente está cumprindo unha pena en liberdade condicional de 5 anos pero, co comportamento da pasada madrugada, ésta foi violada . Se o xuíz ten en conta este detalle, a sentencia podería ser de 60 días ou incluso máis, considerando agravantes. Confío en que acabe de rodar antes a séptima tempada de 24, xD.

O historial delictivo de Kiefer comprétase cun arresto en 1989, cando foi acusado de conducir en estado de ebriedade e levar consigo un arma cargada. Durante o proceso legal, o actor non admitiu cargos de estar baixo a influencia de outras sustancias prohíbidas e os demais cargos fóronlle retirados. En 1993, de novo, foi procesado por conducir alcoholizado. O xuíz deulle a opción de pasar 12 días na prisión ou realizar 211 horas de servicio comunitario e o actor decantouse pola segunda alternativa.

Outra afición pola que resulta bastante coñecido o valedor da figura do incorruptible Jack Bauer é pola súa paixón por organizar festas cos seus amigos en diversos locales de Los Angeles, donde non escasean bebidas que dan forza ao espíritu e enaltecen o corazón. Nestas festas, Kiefer móstranos o seu mellor repertorio artístico, deixando imaxes para o recordo como esta foto de arquivo. Como se pode apreciar, en pleno desmadrarse non duda en ofrecernos un streaptess en canto se lle presenta a máis mínima oportunidade, que para eso cultivou ese corpo serrano que luce en 24.

Sinceramente, creo que esta cara oculta de Kiefer se asemella máis a verdadeira imaxe dos membros da autoridade americana, no canto do leal, infalible e sempre moralmente correcto, Jack Bauer, a pesar de mostrarse nalgunha tempada como un drogadicto (necesario para salvaguardar o seu país).

martes, 25 de septiembre de 2007

Banda sonora II

Nun día tan musical como hoxe non podía faltar a segunda entrega da banda sonora coa que me gustaría acompañar algún dos meus recordos. Neste caso, lonxe de extravagantes improvisacións, decidín recuperar tres das mellores cancións dance que se poden atopar no panorama musical dos 90. En concreto trátase de tres cancións do ano 1997, tremendamente coñecidas por toda esta xeración e que reviven o traballo de dúas figuras imprescindible do fenómeno eurodance, Sash! e Gala.





PD: Rápidos acordes para acompasar un frenético primeiro ano de instituto.

Cancións da Vuelta Ciclista a España

Desgraciadamente para a Vuelta Ciclista a España, para os seus patrocinadores e, en xeral, para o mundo do ciclismo, o máis interesante que se pode comentar este ano da Vuelta é a súa canción, "Como la vida", interpretada por Hanna.


Sen embargo, este fenómeno non é demasiado recente, xa que, en contra do que se podía pensar, existe unha longa tradición de poñer música as pedaladas do pelotón por toda a xeografía española. Dende o ano 1977, cada edición da Vuelta sempre conta cunha banda sonora que, ano tras ano, recolle as novas tendencias do panorama musical, apostando especialmente por novas promesas. A lista de cancións vinculadas á Vuelta é longa e conta con artistas de renome nacional e internacional. Esta sonora costume é anterior á emisión da carreira en TVE (que comezou en 1983), é dicir, a Vuelta conta con son propio dende incluso antes de poder disfrutar das súas primeiras imaxes.

Aquí podedes apreciar esta extensa lista de cancións que xa pasaron a formar parte da historia do ciclismo e a través das cales podemos viaxar no tempo:
  • 1977 Johann Strauss - Tristsch Tratsch Polka
  • 1978 Sheila B. Devotion - Singin' In The Rain
  • 1979 Wings - Goognight Tonight / Gary's Gang - Keep on Dancin' / Patrick Hernandez - Born To Be Alive / Earth, Wind & Fire - September
  • 1980 Lipps, Inc. - Funkytown

  • 1981 Yarbrough & Peoples - Don't Stop The Music / Stars on 45 - Stars on 45
  • 1982 Azul y Negro - Me Estoy Volviendo Loco
  • 1983 Azul y Negro - No tengo tiempo

  • 1984 Tino Casal - Pánico En El Edén
  • 1985 Ivan - Baila

  • 1986 Miami Sound Machine - Conga
  • 1987 Magic Mix - Tic Tac Tic Tac
  • 1988 Serafín - Pedaleando
  • 1989 La Unión - Más y Más (Remix)
  • 1990 Man Jumping - The Perils Of Tourism
  • 1991 La Unión - Dámelo Ya
  • 1992 Havana - No Smoking
  • 1993 Azul y Negro - Two Pa Ka
  • 1994 Uakti - Earth
  • 1995 Victor Coyote - Jaguarundi
  • 1996 Ana y Ramón - Morena
  • 1997 Malou - Kandela
  • 1998 Vengaboys - Up & Down
  • 1999 Hevia - Busindre Reel

  • 2000 OBK- El Cielo No Entiende
  • 2001 Pastora Soler - Corazón Congelado
  • 2002 Patricia Manterola - Que El Ritmo No Pare

  • 2003 Hevia - Tirador
  • 2004 Melendi - Con La Luna Llena
  • 2005 Xucro - Mi Primera Vez
  • 2006 Nena Daconte - En Qué Estrella Estará

Vantage Point

Atrapado no halo de fantasía e misterio do universo Lost, onde todo ten un significado, onde existe unha conexión entre os elementos que o compoñen e que presentan un destino rexido por unha única ecuación que desafía a máis poderosa fé, esta mañá comecei a sumerxirme de novo neste apaixoante universo a través doutro sistema enormente intrincado, o seguimento de links en internet. Deste xeito atopei algo que despertou a miña curiosidade.

Recurrindo a un recurso literario moi figurativo, da mesma maneira que en Lost, por arbitarias que parezan, existen relacións entre todo, tamén existe un conexión entre este parafraseo inútil e o título da entrada. E neste caso resulta tan sinxela como que un dos protagonista da película "Vantage Point" é o noso amigo Matthew Fox, actor encargado de interpretar o persoaxe de Jack Shepard en Lost. Semella deste xeito que Matthew decidiu dar o salto a gran pantalla con esta película, aroveitando o parón entre a rodaxe da terceira e a cuarta tempada de Lost.

En canto a película, observando o argumento e vendo o trailer, semella que vai a convertirse noutro thriller máis de acción, tan fácil de dixerir polos espectadores como de olvidar por éstos mesmos en poucas horas. A acción desenrólase en Salamanca, onde o presidente dos EEUU (¿de visita?) sufre un atentado que será narrado dende diferentes puntos de vista. O reparto está encabezado por Dennis Quaid, ven secundado por Matthew Fox, Forest Whitaker, gañador este ano do Oscar á mellor interpretación, e Sigourney Weaver. Tamén aparece no reparto Eduardo Noriega, encargado de dar o toque español á película. Aquí podedes ver o trailer do film que se estreará en EEUU o día 15 de Febreiro.



Como supoño que apreciaredes polo trailer, esta película non parece ofrecer máis reclamo que ver a Matthew Fox que, a pesar da posible falta experiencia, destaca pola súa máis que loable interpretación en Lost, a pesar das limitacións que ofrece un persoaxe como Jack. E por suposto o atractivo de ver volar polos aires a Plaza Mayor de Salamanca e as persecucións, tiroteos e explosións por toda a cidade, recreada a gran escala para a rodaxe do film.

PD: Sinceramente, unha das cousas que máis me chama da película é ver como cometen algunha "garrulada", estilo Mision Imposible II.

lunes, 24 de septiembre de 2007

Popurrí de 24

Neste novo milenio, 24 convetiuse seguramente na mellor serie de acción e nun referente para as demais series deste xénero. Un dos aspectos máis esquecido desta serie, pero que non por eso deixa de ser igual de importante e meritorio, é a súa banda sonora. Creada por Sean Callery, as cancións incorporadas na BSO de 24, son unha mezcla de temas electrónicos, que sirven de perfecto complemento para as escenas de acción e suspense, con temas máis pausados e incluso con temas próximos ao sonido techno que dotan dunha maior intensidade a acción.


Gañadora do Emmy no 2003 á Mellor Composición para Serie Drámatica, conta con 19 temas orixinais, entre os que destaca a primeira canción, 24 Theme, que se inicia co característico sonido do reloxo co que comeza cada capítulo de 24. Aquí podedes disfrutar deste espectacular tema.



E aquí podedes escoitar o remix desa mesma canción realizado polo holandés Armin Van Buuren, compositor e DJ de música trance. Deste xeito podemos disfrutar da combinación da mellor música trance con unha das mellores bandas sonoras de acción e suspense dos últimos anos.



Cambiando de tema, son moitos os rumores que se están filtrando en torno a rodaxe da séptima tempada de 24. Se non queredes coñecer detalles relevantes sería preferible que non continuedes lendo.

Entre estos rumores destaca o "retorno" dun dos persoaxes máis carismáticos da serie, Tony Almeida. Efectivamente, ese personaxe que semellaba morrer na enfermería da CTU durante a quinta temporada, a única persoa na que confía realmente Jack; ¿Cómo será a reacción de Jack cando volva atoparse co seu mellor amigo supostamente asesinado, especialmente cando descubra que Tony xa non é a persoa que él coñecía?


Outras novas de menor alcance referentes ao séptimo día, pero que tamén merecen ser destacadas son:
  1. A figura de presidente dos EEUU recae nunha muller, Allison Taylor, interpretada por Cherry Jones.
  2. A CTU desaparece como organismo oficial do Goberno e a acción trasládase a Washington.
  3. Moi probablemente Jack será xuzgado polos seus delitos ante un gran tribunal federal.
  4. Novas incorparacións ao reparto de actores consagrados coma John Billingsley, Jeffrey Nordling, Colm Feore ou Janeane Garofalo.

De esta forma, os productores pretenden dar un xiro argumental á serie, moi necesario, profundizando en aspectos máis personais e renovando por completo a monótona temática das seis tempadas anteriores: ameaza de ataque terrorista que finalmente é evitado gracias a intervención de Jack Bauer. Con este lavado de cara, pretenden volver enganchar a unha audiencia un tanto farta tras seis tempadas con mínimas variacións da trama. Sen embargo, a ameaza de reducir as dosis de acción e a posibilidade de perder algunha das señas de identidade que definen 24 (rezo para que non sexa así), pode convertirse nunha arma de dobre fío para unha serie que ten como principales pilares do seu éxito a intriga e a acción.

Despois de todos os problemas que motivaron que fora necesario retrasar varias veces o inicio da rodaxe, ata o punto de ser necesario remodelar o guión orixinal, semella que éstos foron subsanados totalmente. De feito, esta séptima tempada xa ten data de estrea confirmada en EEUU. Será o día 13 de Xaneiro de 2008, día no que, como soe ser habitual na serie, emitiráse un dobre episodio de estreo, ao día siguiente, que será luns, día habitual de emisión de 24, poderáse ver outro episodio e, a partir de ese momento, un cada semana.

E xa para rematar con 24, comentar que o próximo 4 de Decembro ponse a venda en EEUU a sexta tempada. Trátase dun pack formado por 7 dvds, que inclue os 24 capítulos, o trailer da séptima tempada e outros extras. Destaca especialmente o diseño da portada, onde se exhalta a faceta máis patriótica de Jack Bauer que, cada vez máis, se mostra como a fiel representación do heroe americano.

jueves, 20 de septiembre de 2007

Anuncio de Gas Natural

Fai uns días vin por televisión o novo anuncio de Gas Natural. Cando comezou a soar a música, tremendamente pegadiza, tiven a sensación de que xa escoitara esa canción moito antes nalgún outro lado, pero sen darme conta de onde nin cando, e moito menos de que canción se trataba. Simplemente o deixei correr.

Pero hoxe, por casualidade, atopeime con esa canción nunha das carpetas de música que teño no ordenador. Resulta que se trataba da canción Narcotic do grupo alemán Liquido. Supoño que vos sonara, xa que a finais do século pasado soaba con gran forza. Por se non a lembrades aquí tendes o videoclip.


LETRA

So you face it with a smile
There is no need to cry
For a trifle's more than this

Will you still recall my name
And the month it all began
Will you release me with a kiss

Have I tried to draw the veil
If I have - how could I fail?
Did I fear the consequence

... dazed by carelss words
Cosy in my mind

Chorus: I don't mind
I think so
I will let you go

Now you shaped that liquid wax
Fit it out with crater cracks
Sweet devotion- my delight

Oh, you're such a pretty one
And the naked thrills of flesh and skin
Would tease me through the night
"Now i hate to leave you bare
If you need me I'll be there
Don't you ever let me down"

..dazed by careless words
Cosy in my mind

Chorus

And I touched your face
Narcotic mind from lazed Mary-Jane

And I called your name
Like an addicted to cocaine calls for the stuff he'd rather blame

And I touched your face
Narcotic mind from lazed Mary-Jane

And I called your name
My cocain

Chorus


PD: Encántame o ritmo animoso desta canción.

A nova excentricidade de Chávez

Hugo Chávez, presidente de Venezuela, na súa eterna cruzada contra o "imperialismo" americano, decidiu desafiar o esquema de división horaria disposto (ou imposto según Chávez) en todo o mundo dende o século XIX.

Este esquema baséase na división do globo terrestre en 24 franxas horarias delimitadas polos coñecidos meridianos. Non semella tratarse dun esquema arbitrario, e de feito foi plantexado en 1870 por Sandford Fleming, un enxeñeiro de ferrocarris canadiense, co obxetivo de estandarizar os diferentes sistemas horarios. Consensuado durante anos por diferentes países foi finalmente aprobado na Conferencia do Meridiano en 1884 en Washington por representantes de 27 países. Non se trata dunha división estricta, senón dunhas pautas para a regulación horaria en todo o mundo, xa que existen numerosas excepcións coa intención de non provocar desaxustes entre a población. Por exemplo, España, que é atravesada por un meridiano que a divide en dúas zonas horarias distintas, establece o mesmo esquema horario para todas as súas comunidades, excepto as illas Canarias. Algo similar ocurre con China, que emprega a mesma hora para todo o seu territorio.

Pois Hugo Chávez, empeñado en cambiar as regras que regulan o mundo, impostas por EEUU claro, decidiu dar un paso máis e rebelarse contra o sistema horario. Pretende que en Venezuela os reloxos se retrasen media hora respecto ao actual horario. Para xustificar esta medida alega que lle gustaría que os nenos venezolanos se levantaran coa luz do día para ir a clase e, como non, que se trata dunha división arbitraria dictada por EEUU.

Respecto a curiosa proposta a min hai dúas cousas que me fan moita gracia:

  1. Non sería máis sinxelo que en lugar de "cargarse" os fundamentos do sistema horario, se atrasara o inicio das clases en media hora para que os nenos se levantaran coa luz do día.
  2. ¿Por qué se ten que retrasar media hora e non un múltiplo exacto da hora? Polo menos os nacionalistas galegos reclamaban algo, absurdo, pero alomenos tiña base "científica".
Eu creo que a resposta a ambas preguntas está moi clara: Saír nas noticias de todo o mundo como o excéntrico que emprendeu unha cruzada contra o imperialismo americano.

PD: A verdade é que a min este presidente caeme ben, mentres non faga dano a ninguén.

miércoles, 19 de septiembre de 2007

Selección española de baloncesto

Durante as dúas últimas semanas disputouse en Madrid, do día 3 ao día 16 de Setembro, o Campionato de Europa de baloncesto. Gracias a canles que apostan plenamente polo deporte, como a Sexta, puidemos disfrutar dun fermoso espectáculo e de apaixoantes partidos con finais vibrantes entre as mellores seleccións do vello continente. A única mala nova foi que a selección española non puido completar o dobrete tan ansiado e que durante semanas semellou tan preto, xa que perdeu na final do domingo fronte a Rusia por un apretado 60-59.

É evidente que a conquista da prata supoxo un importante revés nas esperanzas que todos os aficionados tiñan depositados na consecución do ouro. Sen embargo, esto non motiva crítica algunha para xogadores ou equipo técnico, senón todo o contrario; é obrigado recoñecer a súa valía e o seu esforzo por encumbrar a España a un lugar, no mundo do baloncesto, co que fai uns anos non se atrevían a soñar; é preciso loar o traballo deste conxunto de persoas que conseguiron, encontro tras encontro, unir, emocionar e facer soñar a unha afición tan acostumada ao fracaso no deporte rei.

A pesar da derrota na final, a afición española, lonxe de darlle a espalda ao equipo (non como algúns medios), seguiu a brindarlle o seu cariño e a demostrarlle o orgullo que sinte por poder disfrutar dunha selección coa que, por fin, se sinten totalmente identificados e que, espero, seguirá a brindarnos moitos éxitos durante bastantes anos.


Analizando o Eurobasket, podemos sacar varias conclusións. Por un lado, o equipo español ofreceu unha sensación de enorme superioridade fronte aos restantes rivais. Nunha primeira parte do campionato pecou de exceso confianza e, case se podería dicir, de exceso de "chulería". A partir da inesperada derrota coa sempre impredecible Croacia, o equipo asentouse e pareceu ofrecer a súa mellor cara contra os equipos, en teoría, máis potentes en Europa, coma Grecia ou Rusia. E dunha maneira case imperceptible xa estaba clasificada como primeira de grupo para cuartos de final.

E dese xeito chegou o partido decisivo, aquel que determina se vas a loitar polas medallas ou caes no olvido, independentemente de todo o que acadeses previamente. No mellor partido da selección no campionato, humillamos á Alemania de Nowitzki e volveu a crecer o noso ego e a sensación de que non era preciso xogar, que o codicioso metal xa estaba asignado. Grave erro que nos puido costar moi caro nas semifinais, pero unha desafortunada Grecia non puido aproveitar a desfachatez que a selección española demostraba, en certos momentos dos partidos, co rival, e que se veu convertindo na tónica xeral cando o noso ego pasaba por riba da confianza. Momento difícil salvado e España na gra final.

Chegou o domingo e logo da "inquietante" carreira de fórmula 1, España enteira comezou a prepararse para celebrar o título de campiona de Europa, moito antes de xogar, namentres pasaba olímpicamente da histórica conquista dese mesmo título en voleibol. Sen embargo, as victorias hai que certificalas na area do Coliseo, pero Espartaco Reyes e o resto de gladiadores españois non foron capaces de impoñer o seu xogo rápido, vistoso e eficaz, quizais moi atenazados pola presión. Aínda que pareza íncrible, os xogadores son seres humanos e teñen que facer fronta a presión das grandes citas. E por máis íncrible que pareza, este conxunto de 12 xogadores non está demasiado acostumado a afrontar esas grandes citas, e moito menos partindo como grandes favoritos con todo un país festexando por anticipado o seu éxito, e aínda menos sendo os afitrións cunha afición hambrenta de títulos. Non había máis que mirar para Pau Gasol, "a gran estrela", como lle tembraban as súas mans cando tiña que tirar os tiros libres decisivos. En toda esta mar de dúbidas españolas, unha "resacosa" Rusia pescou unha victoria con moita sorte e cun halo de intriga.

Polo tanto, resumindo, España subcampiona de Europa. Como nova positiva, que esta selección posúe un enorme talento e ano tras ano segue a madurar e a asentarse. Como nova negativa, ademais do evidente inconveniente de non conquistar o ouro, que estas cousas marcan aos deportistas, perduran no seu recordo e aparecen cando o xogador ten que volver enfrontarse a unha situación onde antes fracasou. Ogallá cheguemos á final dos xogos e non teña que acordarme desta frase.

Non me gustaría rematar o comentario sen meterme un pouco coa afición española de baloncesto, esa afición que se multiplicou desque España conquistou o ouro o ano pasado en Xapón, e que antes non sabía que se podía xogar unha pelota coas mans. Ante tanto fracaso futbolístico e indiferencia por outros deportes nos que España tamén triunfa como selección (ou sexa, en todos menos fútbol: balonmano, fútbol sala, hockey, waterpolo e agora voleibol), decidiu volcar as súas ilusións no deporte da euforia.

Sen embargo, resulta que, ante calquera revés, surxe a vea futbolera do aficionado español e deixa de animar, e súmese na certeza do fracaso (demasiados anos de fútbol). Cando España máis necesitaba do apoio da súa afición, ésta enmudeceu para agravar a agonía na que estaba sumerxida a nosa selección, alí polo terceiro cuarto da final. En lugar de encher o pavillón cos seus cánticos de ánimo cando atacaba España e enxordar cos seus silbidos aos rusos, o silencio apoderouse da final e acompañounos ata a derrota. En lugar de presionar aos árbitros para conseguir, nos momentos decisivos, favoritismos, decidiu dar o beneplácito ao "pésimo" arbitraxe realizado por éstos. Con esto non quero dicir que nos pitaran en contra, senón que non nos pitaron "escandalosamente" a favor, como ocorrería en outros países como Grecia ou Turquía, onde unha afición apaixoada é capaz de desmoralizar ao rival, levar en volandas aos seus e, se todo eso non chega, acobardar (ou case mellor "acojonar") aos colexiados, quenes saben que, como non piten tirando para casa, non saen do pavillón, (se non se poñen a tirarlles de todo antes). Ogallá aprendamos un pouco, tampouco sen chegar a certos extremos, xD.

martes, 18 de septiembre de 2007

A envexa dos veciños europeos

Resulta evidente, é máis, insultantemente evidente, que a nivel europeo, España e os seus deportistas ocupan un nivel privilexiado nos deportes que se consideran máis mediáticos. Esta nova configuración que está tomando o modelo deportivo europeo, parece non gustarlle demasiado a outras nacións que, tradicionalmente, viñan ocupando estas posicións de previlexio. Falo de Inglaterra, Alemaña e Francia. Ámbalas nacións, a través do poderoso mecanismo da prensa, tremendamente sensacionalista, parecen haber comezado unha cruzada por desprestixar o deporte e os deportistas españois. Comecemos cos feitos, especialmente en dous deportes: Ciclismo e Fórmula 1.

En ciclismo a alarmante superioridade española a nivel internacional, xunto con Italia e, en menor medida, Estados Unidos, supón unha daga cravada no mesmo corazón de franceses e alemáns, que lles causa unha enorme dor e que tentan mitigar coas inxurias e acusacións que saen das súas endemoniadas bocas. Ante a imposibilidade de que un corredor destos países gañe algo máis que o Criterio dos Paletos, deciden eliminar a tódolos rivais dos outros países, especialmente España, superiores a eles, mediante acusacións, na maioría de casos infundadas, que namais buscan destruír a credibilidade destos corredores. Este é o caso que se está a vivir con Alejandro Valverde de cara o mundial de Sttugart, e que antes se viviu con Contador ou Di Luca. Se en lugar de poñer tanto empeño en ensuciar o nome destos corredores, se dedicaran a entrenar quizais acadarían algo de renome. ¿Non vos resulta íncrible que un corredor alemán, que admitiu a súa relación co dopaxe, poida correr o mundial e outro español, do que nunca se verificou a súa relación, non poida?

E o outro caso que ten convulso o mundo do deporte está a acontecer con Fernando Alonso. De sobra sabedes que Fernandito non é para nada santo da miña devoción, pero só lles falta coller o afroamericano (p... n.... de m.....) de Lewis e poñerlle un mísil nu cuíño para que sexa campión do mundo. A desesperación inglesa (nos últimos anos as súas esperanzas estaban postas nun tal Button) e o temor alemán (non vaia ser que Alonso se achegue ao récord de Michael), fan que a prensa destes dous países intente sacar do media a Alonso, empregando calquera artimaña, por sucia, antideportiva e manipuladora que resulte. ¿Se é verdade todo o que escriben por qué Alonso non foi inmediatamente expulsado de McLaren?

Sinceramente sinto pena de ambos países, non tanto polos seus continuos fracasos deportivos, senón pola triste imaxe que está a ofrecer a súa prensa, sensacionalista, ambiciosa e sen ningún tipo de escrúpulos. Pero tamén debe ser moi triste que, cada fin de semana, che teñan que recordar a crúa realidade, os éxitos dos outros países, namentres os "teus" navegan irremediablemente cara a decepción da derrota. Un país como Inglaterra, que creou o fútbol, que teña que recurrir a "españolización" dunha plantilla, o Liverpool, para volver a conquistar Europa; ou un país como Francia, desaparecida como selección a nivel internacional, salvo en fútbol donde precisaron recurrir a figura dun xogador arxelino; ou Alemaña, dominadora continental antaño, que se afoga no recordo de tempos mellores. Países gañadores que non saben encaixar a derrota.

Premios Emmy 2007

Un dos galardóns máis importantes que se conceden no mundo da pequena pantalla en Estados Unidos, son os premios Emmy, entregados anualmente pola Academy of Television Arts & Sciences, en recoñecemento as mellores produccións televisivas norteamericanas.

A gala que conmemora a 59º edición destos premios foi celebrada na madrugada do domingo 15 de Setembro no Leonard H. Goldenson Theatre, en North Hollywood, levantando unha gran polémica. A continuación podedes apreciar a lista de candidatos nas principais categorías e os gañadores finais nesta edición de 2007. Xuzgade vós mesmos... ¿A academia non saberá que hai unha serie fantástica, chamada Prison Break?

MELLOR SERIE (DRAMA)
Boston Legal (Fox)
Anatomía de Grey (ABC)
Héroes (NBC)
House (Fox)
Los Soprano (HBO)

MELLOR SERIE (COMEDIA)
El séquito (HBO)
The Office (NBC)
30 Rock (NBC)
Dos hombres y medio (CBS)
Ugly Betty (ABC)

MELLOR ACTOR (DRAMA)
Hugh Laurie (House)
Dennis Leary (Rescue me)
James Spader (Boston Legal)
James Gandolfini (Los Soprano)
Kiefer Sutherland (24)

MELLOR ACTRIZ (DRAMA)
Kyra Sedgwick (The Closer)
Mariska Hargitay (Ley y orden: Unidad de Víctimas Especiales)
Patricia Arquette (Medium)
Minnie Driver (The Riches)
Sally Field (Cinco hermanos)
Edie Falco (Los Soprano)

MELLOR ACTOR (COMEDIA)
Tony Shalhoub (Monk)
Steve Carell (The Office)
Alec Baldwin (30 Rock)
Ricky Gervais (Extras)
Charlie Sheen (Dos hombres y medio)

MELLOR ACTRIZ (COMEDIA)
Felicity Huffman (Mujeres desesperadas)
America Ferrera (Ugly Betty)
Julia Louis-Dreyfus (Las nuevas aventuras de Christine)
Tina Fey (30 Rock)
Mary-Louise Parker (Weeds)

MELLOR ACTOR SECUNDARIO (DRAMA)
William Shatner (Boston Legal)
T.R. Knight (Anatomía de Grey)
Masi Oka (Héroes)
Michael Emerson (Perdidos)
Terry O’Quinn (Perdidos)

Michael Imperioli (Los Soprano)


MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA (DRAMA)

Rachel Griffiths (Cinco hermanos)
Katherine Heigl (Anatomía de Grey)
Chandra Wilson (Anatomía de Grey)
Sandra Oh (Anatomía de Grey)
Aida Turturro (Los Soprano)
Lorraine Bracco (Los Soprano)

MELLOR ACTOR SECUNDARIO (COMEDIA)
Kevin Dillon (El séquito)
Jeremy Piven (El séquito)
Neil Patricl Harris (Cómo conocí a vuestra madre)
Rainn Wilson (The Office)
Jon Cryer (Dos hombres y medio)

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA (COMEDIA)
Jenna Fischer (The Office)
Holland Taylor (Dos hombres y medio)
Jaime Pressly (Me llamo Earl)

Conchata Ferrell (Dos hombres y medio)
Vanessa Williams (Ugly Betty)
Elizabeth Perkins (Weeds)

MELLOR GUIÓN DRAMÁTICO
Battlestar Galactica (Occupation/Precipice)
Perdidos
(Through the looking glass)
Los Soprano (Kennedy and Heidi)
Los Soprano (The second coming)
Los Soprano (Made in America)

MELLOR GUIÓN DE COMEDIA
The Office (The negotiation)
The Office (Gay witch hunt)
30 Rock (Jack-Tor)
30 Rock (Tracy does Conan)
Extras (Daniel Radcliffe)

MELLOR DIRECCIÓN DRAMÁTICA
Battlestar Galactica (Exodus, Part 2)
Boston Legal (Son of the defender)
Friday Night Lights (Piloto)
Héroes (Génesis)
Perdidos (Through the looking glass)
Studio 60 on the Sunset Strip (Piloto)
Los Soprano (Kennedy and Heidi)

MELLOR DIRECCIÓN DE COMEDIA
30 Rock (The breakup)
El séquito (One day in the valley)
Extras (Orlando Bloom)
Scrubs (My musical)
The Office (Gay witch hunt)
Ugly Betty (piloto)

viernes, 14 de septiembre de 2007

Banda sonora I

Unha cualidade moi importante do ser humano é a súa capacidade para recordar aqueles momentos importantes que definen a súa vida como unha película dende a infancia ata o momento actual. Da mesma maneira que no cine, cada un destes momentos ten asociada unha banda sonora que axuda a precisar esos instantes.

Desta maneira tan cursi dou entrada a unha serie de post nos que tratarei de recopilar, o máis fiel posible, a banda sonora coa que me gustaría acompasar os meus recordos. Aquí tendes a primeira entraga (non existe ningún tipo de orde, nin temporal, nin por preferencias).







PD: Espero que disfrutedes tanto como eu ao escoitalas e vos traian moi bos recordos.

jueves, 13 de septiembre de 2007

As sete maravillas de Coruña

Como se pode ler no título desta entrada, quero deixar constancia neste post de cales son os sete puntos fortes desta cidade, A Coruña, para un servidor.

1. Un clima bondadoso
2. Unha ampla oferta cultural e de ocio
3. A riqueza monumental e o patrimonio histórico
4. O ambiente nocturno
5. A sinxelez da xente
6. A oferta gastronómica (e o asequible dos seus prezos)
7. A facilidade de acceso e desprazamento pola cidade

PD: E por suposto as súas grandes festas.

24: asignatura universitaria

Todos coñecemos aos americanos e a súa afición por resolver calquer tipo de problema ou conflicto facendo uso da violencia e das armas. Unha das series que mellor reflexa este espíritu é, sen dúbida, 24 con Jack Bauer á fronte, quen primeiro dispara e logo pregunta. Tendo en conta esto, non é de extrañar que na Universidade de Dereito de Georgetown, decidiran incluír o estudio de 24 como unha asignatura máis do programa de Dereito Internacional.

Entendo que esto soe a "pitorreo", pero é tan certo como sorprendente (realmente ocórrenseme outros calificativos). Na páxina web da universidade pódese ler a xustificación para esta medida: “24 explora a resposta ficticia da sociedade americana ante unha ameaza terrorista internacional a través dos ollos de Jack Bauer, axente federal antiterrorista. O axente Bauer está disposto a facer todo o que sexa necesario para acabar con secuestros, asesinatos, detonacións nucleares ou bioterrorismo en chan americano, a pesar de traidores, topos ou corruptos”.

Ante tal iniciativa eu pregúntome: ¿Realmente os americanos perderon totalmente o xuízo? Non conformes con crear un clima de permanente violencia na sociedade americana, agora deciden que a mellor maneira de preparar aos universitarios fronte a unha crise terrorista é visionando capítulos de 24 e estudiando os métodos pouco ortodoxos e, na maioría de ocasións, desesperados de Jack Bauer. Pois nada, en caso de situación hóstil, que repartan armas e manuais de tortura entre os civís e seguro que se acaba toda ameaza terrorista (tanto "terroristas" como americanos).

Outra pregunta que me fago é, ¿Cómo se pode calificar unha universidade onde da clase sobre cidadanía e liderazgo José María Aznar e teñen unha asignatura que se basa no estudio dunha serie de televisión? Creo que están perdendo todo contacto coa realidade, ten que resultarlles realmente confuso distinguir entre realidade e ficción.

E xa para rematar, ¿qué vai ser o seguinte que se lles ocurra? Distribuír capítulos de Prison Break entre os reclusos, de Ally McBeal para formar abogados, de Anatomia de Grey na facultade de medicina ou CSI para investigación criminal . Eu opino que en España deberíamos seguir este exemplo e aproveitar grandes series como Manos a la obra, para aprender a profesión, Menudo es mi padre, ou El comisario.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

Os números de Lost

Para os fans de Lost que seguiron a serie dende o principio este post non apotará ningunha información nova, sen embargo, para aqueles como eu, que acabamos de engancharnos ao universo lost, representa toda unha revelación. Se aínda non acabastes de ver a segunda tempada, recoméndovos que abandonedes a lectura e continuedes dándolle caña aos capítulos que vos quedan para rematar.

É un feito que os números de Lost, cando apararecen por primeira vez, impactan no espectador , ata o punto de quedar grabados como lume na súa cabeza. A medida que volven aparecer, a incertidume entorno a estes números aumenta, ata que xa resulta imposible non intentar buscar algunha explicación lóxica a cerca da secuencia 4,8,15,16,23,42.

Buscando un pouco pola rede encontreime todo tipo de explicacións para este secuencia. Dende intentos de xustificala como unha secuencia lóxica que se repite segundo algún patrón matemático, ata outras que representan auténticas idas de olla, moi no estilo de Lost. Pero aquí tedes a explicación "oficial".

Durante o verán do ano pasado, no intervalo de tempo que transcurriu entre o final da segunda tempada e o inicio da terceira, os creadores de Lost, ante o tirón da serie, decidiron crear un xogo online para o entretemento dos fans da serie. Este xogo, denominado "The Lost Experience", consistía nun conxunto de probas que se debían ir superando. Cada vez que se superaba algunha desas probas, podía verse un pequeno vídeo onde se explicaba algún detalle sobre a serie. En total existían 70 videos que foron recopilados e editados nun só, que podedes ver máis abaixo. Nel ofrécese a tan anhelada explicación sobre a secuencia de números e dase algunha pincelada máis referente a iniciativa Dharma.



A explicación paréceume un tanto forzada e demasiado trivial para o que nos teñen acostumados os creadores de Lost. O certo é que encaixa perfectamente no contexto da serie e representa un razoamente totalmente válido na liña, iniciada moito antes, de intentar xustificar de forma científica, a través de procedementos matemáticos, conceptos abstratos como a vida (e todo o referente a ela) e o destino. Sen embargo, voto de menos unha xustificación de por qué se lle ocurriron esos números aos guionistas (ou a quen fora). Penso que ten que haber algo no transfondo de todo esto (algún tipo de mensaxe), pero teremos que seguir a espera.

PD: ¿Que pasa se agrupamos os número de dous en dous? Entre 8 e 15 hai a mesma diferencia que entre 16 e 23, 7, un número bastante místico, xD.

martes, 11 de septiembre de 2007

Tradicións nas vodas

Este fin de semana tiven a oportunidade de asistir a unha voda en Portugal. Ante esta nova experiencia, comezou a aflorar un sentimento de curiosidade por ver se a ceremonia e as tradicións propias das vodas galegas se mantiñan noutros países. Puiden comprobar que ambos eventos comparten a maioría de tradicións, se ben a ceremonia varía un pouco (son moi cantaríns os portugueses).

Unha das tradicións que máis me chamou sempre a atención foi a de tirar arroz aos noivos cando saen da igrexa. Sempre me preguntei cal sería a súa orixe e se ten algún significado particular. Se tedes as mesmas inquedanzas, aquí vos ofrezo as respostas.

Está tradición ten a súa orixe en Oriente, onde abundan os cultivos de arroz, converténdose este cereal no alimento base da súa dieta. Por iso, o arroz é considerado como un símbolo de prosperidade e fertilidade. A costume de tirar arroz aos noivos foi introducida en Europa na Idade Media, expresando desa forma o desexo de prosperidade e fertilidade para os recén casados. Na actualidade, ademais de arroz é común tirar tamén pétalos de rosa, que simbolizan o anhelo dun futuro doce e pleno.

Buscando información referente a esto atopeime con outro dato curioso. ¿Por qué se chama lúa de mel? Neste caso a orixe atópase en centroeuropa. Antigamente, os teutóns só celebraban vodas durante a lúa chea e ademais os noivos tiñan que beber licor de mel (unha bebida fermentada de mel coñecida como augamel) nos 30 días que seguían a la boda. Esta tradición perdeuse co tempo pero, sen embargo, perdurou o nome para referirse o intervalo de tempo posterior a voda, na que os noivos disfrutan do seu recente matrimonio. O único que varía é a forma na que disfrutan, aínda que non vexo inconveniente en que se poidan combinar ambos deleites: descansar 15 días nun lugar paradisíaco, entregándose aos placeres físicos, e bebendo licor de mel.

jueves, 6 de septiembre de 2007

Antena 3 e a súa manía de maltratar series americanas

Sempre me preguntei quen sería o encargado/s de diseñar a programación deste canle de televisión. Sigo sen ter a máis mínima idea, pero quero aproveitar este post para felicitalo/s. Ante o continuo aumento dos canles de televisión, sempre está ben poder descartar un de antemán.

Unha das cousas que máis me fascina é a facilidade que ten antena 3 para maltratar as serie americanas das que posúe os dereitos, entre as que destacan especialmente "24" e "Boston Legal", dúas series que se emiten en "prime time" en E.E.U.U e son recoñecidadas internacionalmente, tanto polo público como pola crítica. Sen embargo, nun desafortunado intento de menosprecio cara estas series, antena 3 decide emitilar 3 ou 4 capítulos dunha tacada nun horario nocturno, co único obxetivo de desfacerse o antes posible destas series. A ver cando dura o repecto por "Sin rastro".

No canto de aproveitar o tirón destas series, deciden emitir películas absurdas, de baixa calidade e repetidas ata a saciedade, para cubrir a franxa de máxima audiencia. Ou como ocorre hoxe, emiten un programa de gran interés para as persoas cun coeficiente intelectual inferior a 0, que se chama algo así como Irrita2, presentado por un extriunfito que non coñece ni cristo e que na páxina oficial de antena 3 definen da seguinte forma: "Una selección de los momentos más tensos y embarazosos que se han vivido en la pequeña pantalla en los últimos años. El programa ofrece 95 minutos de broncas con las discusiones más sonadas protagonizadas por los personajes de televisión, algunos de ellos tan habituales que ya han convertido sus intervenciones en un nuevo género televisivo". O dito, para retrasados mentales.

Eso sí, persisten na nefasta idea de desperdiciar o diñeiro no intento de crear series de éxito. Parece que sufren o síndrome post "Aquí no hay quien viva" e seguen sen aprender do fracaso de "Ana Obregón y no sé que más", "Divinos", "A tortas con la vida", ... y agora emiten unha versión cutre de "Hospital Central", que a súa vez é unha versión cutre de "Anatomía de Grey" e que ten pinta de durar o que queda de verán, sendo optimistas.

Polo tanto, gracias a esta acertada estratexia de antena 3, seguiremos sen poder disfrutar, en horario normal, de boas series para tragarnos incríbles bazofias creadas pola propia antena 3 (eso quen todavía non a desintonizara). Logo virán dicindo a final de cada mes que son a canle máis vista (o que din todas).

miércoles, 5 de septiembre de 2007

Acerca de Lost

Resulta incuestionable o éxito acadado pola serie de televisión Lost, da cadena estadounidense ABC (como Anatomía de Grey), en tódolos países nos que se emite, chegando a convertirse en escaso tempo en prácticamente unha serie de culto. Ante esta avalancha, foime imposible resistir a tentación de comprobar cos meus propios ollos se estaba xustificada tal devoción. É teño que afirmar con placer que quedei gratísimamente sorprendido, maravillado e totalmente enganchado ao universo creado por JJ Abrams e Damon Lindelof (e polos guionistas).

Trátase dunha serie fresca, innovadora, orixinal na que, a pesar de manter unha estructura idéntica para cada un dos capítulos que conforman as 3 tempadas xa emitidas, supón un reto constante apartar os ollos da pantalla. Cada capítulo é, se cabe, máis interesante, máis intenso e presenta maior intriga que o anterior, rodeando todo dun ambiente de misterio e dunha incertidume que por momentos resulta maxistral. Todo esto fai que Lost se convirta nunha serie adictiva, por intres desconcertante e definitivamente apaixoante de inicio a fin.

Como sabedes, a trama inicial da serie relata a historia dun grupo de superviventes dun accidente de avión que, tras o accidente, comviven nunha isla que agocha un incontable número de segredos que, pouco a pouco, se irán revelando segundo avanzan os capítulos e as tempadas. A simpre vista, o argumento parece sinxelo e non excesivamente orixinal pero, sen embargo, o posterior desenrolo da acción proporciónanos unha trama repleta de todas esas cualidades que enunciaba anteriormente.

A estructura de cada capítulo é fixa. Preséntase un flashback dalgún dos individuos que pululan pola isla máxica na que acabaron os supervivente do accidente aéreo e, dunha ou doutra forma, enlázase coas diversas experiencia as que ten que facer fronte ese personaxe na isla. Estos flashback permítenos coñecer detalles relevantes ou non (en Lost é imposible saber nada) sobre a súa vida antes de sufrir o accidente. Todos e cada un dos personaxes, atormentados na súa vida fóra da isla, teñen así a oportunidade de comezar unha "nova vida" na isla máxica, onde hai osos polares nun clima tropical, mostruos "invisibles", enerxías ocultas rexeneradoras, cabalos negros, persoas reales mortas, vivas, persoas imaxinarias e seguramente a filla de Albano y Romina, Elvis, Luck Skywalker, Goku, ...

Como podedes apreciar é importante distinguir entre orixinalidade e sucesión de "fumadas". Ata o de agora Lost pende dun fío moi fino, xa que, cada nova idea "extravagante", ven normalmente sucedida por unha explicación, en ocasións pouco convincente, e logo por unha nova "fumada" e así sucesivamente. Confío en que chegue un certo punto de inflexión, a partir do cal se resolvan de xeito coherente as arriscadas apostas plantexadas e se retome unha liña argumental máis próxima a realidade que coñecemos, ou senón que se abandone por completo toda lóxica e todos quedemos coa boca aberta.

Un dos aspectos máis forte de Lost é a consistencia dos personaxes da serie, se ben aquí habería que facer unha aclaración. Non se trata, para nada, dunha serie coral, senón, máis ben, dun protagonismo repartido entre uns poucos principais. E logo os secundarios que, en moitas ocasións, parecen ser máis un recheo para completar a trama que ter un importante peso na historia. No caso dos protagonistas absolutos, destacan as interpretacións de Josh Holloway como Sawyer e Terry O'Quinn como John Locke, sen quedarse atrás, Evangeline Lilly como Kate e Matthew Fox como Jack, se ben os personaxes destes dous últimos semellan máis convencionais. E no caso dos secundarios destacar a interpretación de Naveen Andrews como Sayid.

Recoméndovos "encarecidamente" que comecedes a ver Lost, dende o primeiro capítulo. Na primeira tempada quedaredes totalmente desconcertados segundo avance a súa estadía na isla e necesitaredes, sen remedio algún, devorar capítulo tras capítulo ata alcanzar o espectacular desenlance. Debedes saber que, chegados a este punto, atoparédesvos xa nun punto de non retorno e sen vontade para abandonar a serie. Disfrutaredes do xenial comezo da segunda tempada coa aparición de novos persoaxes (impresionante Henry Ian Cusick como Desmond), e desta forma chegaredes a un certo estancamento da serie que rápidamente é olvidado gracias ao apaixoante deselance da segunda tempada e inicio da terceira. É aínda queda o mellor por ver.


PD: Preferiblemente en inglés subtitulada.

Premio Príncipe de Asturias

Sen dúbida, un dos galardóns máis importantes a nivel internacional son os Premios Príncipe de Asturias que cada ano, dende 1981, se conceden na capital asturiana nas seguintes categorías:

  1. Premio Príncipe de Asturias das Artes
  2. Premio Príncipe de Asturias das Ciencias Sociais
  3. Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
  4. Premio Príncipe de Asturias da Concordia
  5. Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica
  6. Premio Príncipe de Asturias das Letras
  7. Premio Príncipe de Asturias dos Deportes
Nesta última categoría foi premiado, neste ano 2007, o sete veces campión mundial de fórmula 1 e, seguramente, recoñecido pola maioría de aficionados como o mellor piloto da historia, Michael Schumacher. Segundo o xurado encargado de determinar quen é merecedor de recibir tan prestixioso gaalrdón, as razóns que decantaron a balanza a favor de Schumacher son entre outras e expoño literalmente, "la trayectoria de este deportista refleja los mayores éxitos alcanzados en todas las categorías y, desde 1991, en que debutó en Fórmula Uno y consiguió su primera victoria oficial en el Gran Premio de Bélgica, fue ganador en 91 grandes premios".


E continúa: "en 1994 se proclamó campeón del mundo, en 2002 igualó el récord del argentino Juan Manuel Gangio al sumar su quinto campeonato mundial y posteriormente, con las victorias obtenidas en 2003 y 2004, estableció el récord de siete títulos en los mundiales de Fórmula 1", "fue proclamado mejor deportista europeo por la Asociación de Periodistas Deportivos del continente en 1994, 2001 y 2002, y es desde 1995 enviado especial de la UNESCO para la Educación y los Deportes".

Ademais destaca a súa labor humanitaria:"en 2004 donó a este organismo 1,5 millones de euros y en 2005 destinó 10 millones de dólares para los damnificados por el tsunami que arrasó el sureste asiático", "en la actualidad promueve actos deportivos con el fin de recaudar fondos para instituciones benéficas y la formación de los deportistas menos favorecidos".

Lendo todo este discurso tedioso, e as verbas que aparecen na introducción da páxina da Fundación Príncipe de Asturias, onde se pode ler: "han sido creados los Premios Príncipe de Asturias, destinados a galardonar la labor científica, cultural y social realizada en el ámbito internacional, especialmente en la comunidad iberoamericana de naciones, por personas, equipos de trabajo o instituciones cuyos logros constituyan un ejemplo para la Humanidad", eu pregúntome unha cousa:

¿Cómo é posible que un piloto que, nin tan sequera, é campión do mundo sexa merecedor do Príncipe de Asturias dos Deportes antes que un piloto daquela xa sete veces campión mundial? De feito, ¿por qué Fernando Alonso é merecedor do Príncipe de Asturias segundo os criterios expostos anteriormente?

Espero que estas respostas ofrezan algo de luz:
  1. Por ser o quinto, sexto, ... piloto con máis victorias
  2. Por ser o quinto, sexto, ... piloto con máis campionatos do mundo
  3. Por fomentar a competición limpa (é o novo mesías do fair play)
  4. Polo seu carácter afable e humilde (e por suposto nada racista)
  5. Por rodar estúpidos anuncios con vikingos de cervexas sin alcohol
  6. Por aguantar ao calvo de telecinco
  7. Por estar casado con Raquel del Rosario
As tres primeiras demostran que se trata do mellor piloto con creces na súa disciplina e as catro seguintes falan da súa intensa labor humanitaria, por que non me digades que promover a cervexa sen alcohol, aguantar a un inútil repelente e facerlle un favor a alguén pouco favorecida, non son motivos de sobra para que Fernando sexa digno de ser recoñecido con galardóns que premian aqueles logros que constitúen un exemplo para a humanidade. Ou quizáis tamén inflúa a súa condición de asturiano, quen sabe.

martes, 4 de septiembre de 2007

Inicio da Liga 2007/2008

Despois de case tres meses sen poder disfrutar do espéctaculo da Liga, xa está en marcha unha nova edición da liga española que se presenta, un ano máis, como unha loita entre David e Goliat, a eterna loita dos modestos por desbancar aos dous grandes favoritos para facerse co título ligueiro, Real Madrid e Barcelona.

Logo dun verán repleto de contratacións, na que Real Madrid e F.C. Barcelona reforzaron considerablemente as súas plantillas, aínda que cunha inversión sensiblemente distinta. Tampouco se quedaron atrás os eternos aspirantes, Valencia, Atlético de Madrid, Sevilla, Villarreal, Zaragoza, ... Namentres os demais clubes, con menor poder adquisitivo, tiveron que conformarse cos "restos" do mercado e descartes destes equipos. Polo tanto, moitos cambios de cromos, fichaxes de nome para reforzar aos grandes, pero, dende o meu punto de vista, todo segue máis ou menos igual que o final da tempada pasada.
Real Madrid e Barcelona adoecen dos mesmo defectos que a tempada pasada os converteron en equipos mediocres. O primeiro, a pesar do cambio no estilo de xogo, do cambio de prácticamente toda a liña de defensa e centro do campo, de novo necesita recurrir a inspiración de Van Nistelrooy ou Guti para afrontar con garantías un partido. Despois dunha pretemporada desastrosa, parece que o inicio de liga resultou prometedor e ilusionante para a afición merengue, pero será mellor que non se confíen, xa que este conxunto de resultados positivos parece máis ben un espexismo que a confirmación do estilo de xogo de Schuster. Non sempre van xogar cun Villareal que de infinitas facilidades defensivas e se olvide que no Madrid xogan un tal Guti e Wesley Sneijder (menudo nome de pila). E o F.C. Barcelona repite a fórmula que o levou a facer unha desastrosa campaña o ano pasado: demasiado crack arriba (agora un ou dous máis) que en lugar de complementarse para crear a fantasía na área, parecen estorbarse e buscar gloria pola súa propia conta. Algo deberá cambiar se non queren tropezar dúas veces na mesma pedra.

É como é loxico non podía faltar a polémica arbitral (e eso que levamos dúas xornadas de liga), especialmente entorno ao Barcelona. É incuestionable que as decisións sempre favorecen a éste, e cada vez de xeito máis descarado. O peor de todo é que, como esto siga así, vamos ter que aguantar as lamentacións blancas todo o ano. Vamos, que todo segue igual a volta de vacacións. Palop parando penalties, o Atlético de Madrid naufragando en Manzanares, na eterna esperanza de que este ano será o definitivo e loitando contra a súa propia historia e os seus temores, o Deportivo maltratando o concepto de fútbol incapaz de crear ocasións, o Valencia como eterno aspirante que nunca remata e o Sevilla demostrando por que está considerado o mellor clube dos últimos dous anos.

Pero por desgracia, algo sí cambiou, xa nunca máis poderemos disfrutar do fútbol de Antonio Puerta, tristemente falecido fai unha semana. Que esta entrada sirva de recordo para este excelente futbolista e para todos aqueles que desgraciadamente faleceron en situacións similares nos últimos días, que parecen quedar eclipsados ante o "shock" que supoxo a morte de Puerta en España, pero que merecen igualmente ser recordados.

Volta ciclista a España en Galicia

Despois duns anos nos que parecía que a organización da Volta ciclista a España esquivaba a comunidade galega, deixando unha sensación de indiferencia pola atractiva orografía de Galicia, pareceu retomar o gusto polas carreteras galegas e de novo decidiuse a realizar unha incursión nesta comunide nas súas dúas últimas edicións, o cal agradecemos enormemente tódolos amantes do ciclismo.

O ano pasado puídose disfrutar dun final de etapa en Lugo. Ante este acontecemento a cidade engalanouse como nas súas mellores ocasións e todos os que acudimos a este evento poidemos apreciar unha cidade completamente volcada co ciclismo, que se votou a rúa para apoiar aos ciclistas. Tamén é ben certo que existía unha certa euforia contida en Galicia relacionado co ciclismo ante o posible triunfo no Tour de Francia dun corredor galego, Óscar Pereiro (aínda seguimos esperando a confirmación oficial). Ademais, a pesar de que a imaxe do ciclismo estaba enturbiada por todo o relacionado coa Operación Puerto, non estaba completamente ferida de morte co ocorre actualmente como consecuencia dos importantes casos de dopaxe ou relacionados con él que se viviron nos últimos tempos.

Neste clima de certa tensión e recelo contra o ciclismo, viviuse o inicio da Volta por terras galegas. Unha primeira estapa con inicio e final en Vigo e logo unha etapa con final en Santiago de Compostela. Ante esta nova oportunidade que me brindaba o destino (case mellor dito a organización da Volta), decidín acudir de novo a presenciar tan interesante acontecemento. De novo atopeime cun recorrido atractivo, xa que de forma semellante ao que ocorreu o ano pasado en Lugo, o final non era puramente prano, senón que presentaba certas encerronas que dotaban dun certo interés engadido ao final de etapa. Sen embargo, e por moito que me pese decilo, atopei unha enorme indiferencia na cidade ante o ciclismo, con escasa afluencia salvo nos metros finais onde se concentraba unha pequena cantidade de xente. E por riba o apoio que se brindaba aos profesionais da bicicleta resultaba cuantiosamente menor que o vivido en Lugo fai case un ano (e eso que acabou gañando Óscar Freire, un español).


Quizáis as razóns que motivaron tal comportamento hai que enfocalas cara o comentario que citaba antes, relacionado co baixón na euforia entorno a Pereiro ou coa maltreita imaxe deste deporte. Ou simplemente existe menos paixón polo ciclismo. Espero que esto non se entenda como unha crítica, simplemente como unha reflexión entorno a un feito verificado pola miña persoa.

Aparte de todo, gardarei fermosos momentos na memoria, xa que, aínda que o ciclismo, como outros moitos deportes é preferible seguilo por televisión, a emoción de vivir unha etapa en vivo resulta unha experiencia tremendamente atractiva.


E aquí tedes ao "tío do mazo" versión galega, xD. E a continuación a un dos meus mellores comentarista deportivos do panaroma actual, foi unha pena que non coincidira co seu compañeiro cómico, Perico Delgado.


P.D. : Esperemos que non teñan que pasar de novo tantos anos para poder disfrutar do ciclismo de alto nivel en Galicia.