Será Fernando Alonso un Deus?
Cada vez que me levanto un luns, despois dun domingo de Formula1, e miro a prensa escrita e online española, me pregunto se realmente os grandes "literatos" da prensa española se cren o que están dicindo ou só pretenden facernolo crer a nos.
Está claro que nunca tivemos a oportunidade de ver un piloto español, ata Fernando Alonso, que pelexara por gañar carreiras na fórmula 1 e obtará ao campionato do mundo de pilotos. É por tanto lóxico que exista certa euforia entorno a este piloto e as súas "hazañas". Incluso é normal que todo aquel que se sinta español aficionado á Formula 1 crea que Fernando Alonso é o mellor piloto da historia (se me vedes estou escachando da risa). Pero o que está pasando nestos últimos anos, e especialmente este ano coa irrupción de Lewis Hamilton, roza o esperpento: a prensa falando de carreiras históricas, de Fernando como un grande heroe capaz de realizar hazañas fóra do alcance de calquera outro piloto, os aficionado falando de que Fernando é Deus, o calvo de Telecinco corréndose coas carreiras e desgañitándose en alabanzas, ... Todo esto me parece excesivo.
Nesta última semana discutín bastante de Fernando Alonso e do seu lugar na historia do automovilismo. Dúas cousas saquei en claro:
1. Non ten sentido comparar pilotos (deportistas) de distintas épocas históricas salvo en resultados meramente cuantitativos. Atendendo a estos, Fernando nin se acerca aos primeiros lugares no ranking.
2. Existe un sentimento xeralizado de rechazo a personalidade arrogante de Alonso (incluso aqueles que din que é o novo Deus) e unhas gañas incribles de que cambien aos cometaristas de Telecinco.
Cambiando o enfoque do post, vou comentar o que me pareceu a carreira de onte. ¿Gran actuación de Alonso? Eu creo realmente que esa gran actuación se resume nunha serie de casualidades que fixeron que Fernando gañara a carreira: accidente de Hamilton, rotura de Raikkonen cando o estaba a alcanzar, inutilidade de Felipe Massa e moita, moita, moita sorte na súa enésima acción arriscada para gañar dous puntos no mundial e perder ata oito. ¿Fernando Alonso é o rei da choiva? Fernando Alonso é un bo piloto sobre choiva que comete como todos errores nunha pista de díficil conducción, simplemente. Se lle dan 20 segundos de vantaxe a calquera piloto, menos Massa, en choiva e igualdade de coche, Fernando non gaña a carreira (bueno, como Fernando resulta que é o novo Deus, pode recurrir a facer algún milagro). Non se pode falar de que se Alonso non gaña é pola súa mala sorte e se gaña Hamilton por qué é un "jaichangas", e se sucede a situación inversa é por que Alonso é un Deus e Hamilton un inútil. Hai que ser coherente nas críticas.
E creo que o peor foi o bochornoso espectáculo que nos ofreceron o señor Fernandito e o señor Felipito. Pilotos que cobran auténticas millonadas, modelos de moitas persoas que os ven por televisión, comportándose como nenos de 5 anos. Só lles faltou acabar a pelexa dialéctica nun enfrontamento físico. Tamén é certo que xa en moitas ocasión no deporte vivimos situación similares e máis concretamente na Formula 1, pero eso non é xustificación de tan baixo proceder, especialmente de Fernando Alonso. Estaba tan exaltado pola victoria que decidiu descargar a adrenalina nun intento de "humillación" a Felipe Massa, que como é lóxico non se deixou asoballar, eso sí, tamén de moi malas formas. En definitiva, o comportanto dos dous pilotos non debe xustificarse, independientemente de quen leve a razón (ahí sí que non entro) e debe ser sancionado. Se queren solucionar os seus problemas, que o fagan en privado e lonxe das cámaras.
Neso Alonso sí se parece a Deus, que na biblia, cando non se cumple a súa vontade, parece que toma represalias contra todo aquel que ousa facerlle fronte, a pesar de que tanto Alonso como Deus teñen un corazón bondadoso, xD. Ben Alonso pedindo disculpas na roda de prensa e mal Felipe pola súa actitude de neno caprichoso. Neste caso Felipe sería a viva rencarnación do ánxel caído.
P.D: Espero que non se tome a mal o tono distendido co que falo de Deus no post.
P.D II : Olvidábase comentar o detalle de sacar o coche de Hamilton da gravilla logo da súa salida de pista. Carreira antolóxica polos momento subrealistas que se viron. Como diría un pavo que conocín este fin de semana: "esto es una feira".
3 comentarios:
Grande Hamilton. Es ese si que fixo un carreirón. Se ata subiu o tractor. Ningún piloto de F1 pode dicir eso aínda.
Grande Alonso. Gracias a el e a Massa o final da carreira representou un bo espectáculo.
Massa inútil!!!
Por outro lado dicir que Alonso non ten a culpa do que se di cando gaña ni cando perde. Son cousas dos medios de comunicación e penso que moita xente as ve como si fosen palabras súas.
Unha reflexión:
Si flipades coa prensa española o día que haxa un francés en F1 con posibilidades vades flipar coa prensa francesa.
Estou en total acordo contigo Oscar. Algo asi deixei reflejado no blog de David.
En canto a última reflexión de j@ich@chu, tamen compartimos opinión, salvo que non creo que nunca chegue a nacer algun francés que saiba pilotar. Ademáis, a quen lle importa o que digan os franceses ou a sua prensa? Xa se sabe de antemán que eles son sempre os mellores. O que me da pena é que a española faga o mesmo con Alonso e outros, e non teñamos capacidade de autocrítica.
Saudos
Peque
Vamos a ver jaichachu; primeiro pomes a parir por que felicito a Alonso por unha grande carreira e logo vas ti é fas o mesmo. E por riba case te me pos a xustificar o espectáculo do final, podían organizar unha pelexa e así seguro que ainda era máis divertido.
Eu non sei moi ben como é a prensa francesa, pero o pouco que coñezo, referente ao ciclismo, son bastante provocadores, buscando sempre crear polémica, sacando noticias de falsos positivos co obxetivo de desestabilizar aos corredores españoles e italianos que lle dan mil voltas aos franceses. Pero polo que está pasando con Hamilton e Alonso, a británica tamén me parece bastante sensacionalista.
Publicar un comentario