lunes, 16 de julio de 2007

Primeira semana do Tour 2007

Primeira xornada de descanso do Tour e momento de facer as primeiras valoracións da carreira.
Está claro que este Tour, o mesmo que o ano paso caracterízase polo grande número de corredores con opción de acadar o "podium" final en París, falta un dominador claro da carreira, un patrón con un equipo suficientemente sólido que sexa capaz de controlar a carreira. De antemán parecía que sería o Astana, cun gran Alexander Vinokourov e cun equipo moi potente, os encargados de controlar a carreira, pero parece claro que Alexander está predestinado a perder tempo para logo atacar e reventar a tódolos seus rivales. Non sabe correr doutra forma que non sexa atacando. Este ano, cando máis favorable parecía que o tiña para gañar o seu primeiro Tour, o pobre home cae nunha baixada as primeiras de cambio.


Outra cousa que está caracterizando este Tour, como pasa últimamente no ciclismo é o conservadurismo, a prudencia de tódolos corredores. Non sei moi ben a que se debe, quizáis a que realmente a xente colleu medo con todo o escándalo da Operación Puerto e xa non van tan "fortes", e por conseguinte teñen medo a pagar os esforzos. Ou o mellor simplemente é que queren facernos crer eso, quen sabe.

O máis importante é que xa estamos en plena competición, coas etapas alpina. A primeira delas, a do sábado auténticamente decepcionante. Subida a ritmo da Colombiere e chegan arriba ata os amateurs. E logo o señor Unzué empeñado en estropear ciclistas para conseguir gañar o Tour de Francia. Todos sabemos a tradición de esta estructura no Tour, con Perico e sobre todo Miguel. Pero Alejandro non é Induráin, non podes pretender que esté a roda todo o Tour, sen aproveitar a súa explosividade na montaña, por que logo pasarán cousas como en Monachil que faga que se queden con cara de tontos. Quizáis esté falando de máis e realmente non poida facer máis que aguantar a roda dos demais.

E onte unha etapa bonita, de alta montaña, cun espectacular Rasmussen, atacando desde lonxe e conseguindo chegar ao final con máis forza que todos os favoritos que tiveron unha etapa máis cómoda. Un escalador dos de antes, que perde unha minutada na contrareloxo e logo debe atacar desde lonxe. É unha pena que o ciclismo actual non premia a entrega destos corredores. A etapa de onte non era demasiado dura pero serviu para ver algunhas cousiñas; por exemplo que Carlos Sastre, Denis Menchov e Óscar Pereiro parecen un punto por debaixo de outros favoritos, por moito que se empeñen en decir que acabarán máis forte. Por outro lado, Mayo, Contador e Moreau parece os máis fortes na montaña pero para min é unha incógnita cal será a súa resposta nos Pirineos. E despois Alejandro parece que está bastante ben, o mesmo que Kashechkin e Schleck. O problema de estes corredores, que sí ofrecen garantías en voltas de 3 semanas é que non teñen demasiada experiencia no Tour e calquera día poden explotar e perder tódalas opción. E finalmente queda Vino e Kloden. Realmente sígome preguntando por que pararon a Kloden para que lle votara unha man. Andreas fixo dúas veces podium nos tres últimos anos e no outro Tour tívose que retirar. Foi segundo no 2004 por detrás de Lance e gañador moral do ano pasado (Recordemos que Landis probablemente sea desposeído da victoria e Pereiro gañouno realmente por medio de unha escapada). Trátase dun corredor sólido e parando para axudar a Vino estaste condenando a perder unha boa opción. Supoño que se Vino volve fallar reconsiderarán a estratexia.

De quen todavía non falei é do meu protexido, Cadel Evans. Onte como sempre. Estivo no momento decisivo da etapa cos mellores e ademáis parecía subir bastante cómodo. É un home que vai ben na montaña, vai ben en contrarreloxo e crécese na última semana que está claro que este ano decidirá a sorte da carreira. E recordar que nos dous últimos anos foi un corredor moi regular, sen acabar de explotar en ningunha etapa (xa chegou por todas a súa explosión no Giro, xD). Por iso creo que é un firme candidato a estar no podium de París, se ben será díficil que realmente sexa o gañador.


Ante todo este panorama, vou anticipar cal creo que será o podium definitivo en París, xa que últimamente estou acertando os gañadores das etapas, xD: 1º Andreas Kloden 2ºCadel Evans 3º Alejandro Valverde. O martes gañará un home de segunda fila, Yaroslav Popovich ou Paolo Salvodelli. E para a semana que ben, nova valoración na segunda xornada de descanso.

No hay comentarios: