lunes, 9 de julio de 2007

Gran actuación de Alonso

Todos sabedes que non son, nin moito menos, un gran fan de Alonso, mais ben o contrario. Sempre critquei a súa prepotencia e aires de superioridade que se dá desque se converteu no primeiro español en gañar un mundial de Fórmula 1, sendo por riba o máis novo en acadalo ata o momento. Pero creo que chegou o momento de romper unha lanza a favor deste asturiano internacional e recoñecerlle o grandísimo mérito que ten. E quero facelo nun momento donde se está cuestionando a súa calidade no resto do mundo (non en España como é lóxico) e está a vivir unha situación díficil no seno do seu propio equipo. Eu creo que a súa calidade como piloto está fóra de toda dúbida e non hai máis que repasar a súa traxectoria.

Chegou a un equipo como Renault que daquela navegaba sen rumbo fixo polo "paddock" da Formula 1. Fernando Alonso foi capaz de reconducir o seu rumbo e convertilo nun equipo gañador, capaz de competir man a man con equipos moito máis punteiros como Mclaren ou Ferrari e afianzarse neste mundo tan compricado. Incluso él só, por que vaia compañeiros tiña, levouno a ser campión do mundial de constructores. Só hai que ver este ano donde está Renault despois da marcha do campión.

Logo este ano chega a un equipo como Mclaren, que parecía deshauciado logo do último ano sen lograr unha soa victoria, con pelexas internas entre os seu pilotos titulares (como sempre neste equipo, non aprenderán) e cun coche que parecía que ía ter algún problema inverósimil en calquera momento. Pois don Alonso foi capaz de convertir de novo ao MP4-22 en un coche gañador e especialmente fiable (tan só un problema co cambio no que vai de ano). Por tanto negar o mérito deste, todavía novo, piloto é negar a mesma realidade.

E logo como piloto a súa valía tamén queda bastante patente coas súas actuacións, se ben este ano estáse a mostrar máis irregular que en anos anteriores donde cometía menos erros ou ben eran menos decisivos. A pesar delo estános a ofrecer momentos especialmente fermosos e intentando sacar da monotonía á Formula 1, especialmente dende que Hamilton nos aburre coas súas actuación tan lineais. Alonso demostrou en Francia que ten sangue de campión, adelantando en puntos case imposibles e facendo vibrar a tódolos seu fans. Pouco recompensa, merecía mellor resultado. E pareceme especialmente importante o que pasou en Silverstone este fin de semana. Todo o equipo Mclaren volcado con Hamilton (senón menudo "follón" monta a prensa inglesa) e Alonso, por libre, soubo configurar perfectamente o seu coche, mentres Hamilton, cun coche probablemente máis competitivo, recoñecía explícitamente que non sabe "reglar" o seu coche senón copia milímetro a milímetro a configuración de Alonso. Polo tanto creo que a Hamilton aínda lle queda bastante para convertirse nun gran piloto como é Alonso e noutrora foron Michael Schumacher ou Ayrton Senna. Ademais vimos un erro infantil por parte de Lewis, incomprensible nun piloto profesional e que lle puido costar a carreira. Realmente parece que a tendencia se invirte. Esperemos que así sexa.

E xa para rematar alabar a actitude de respecto e bo facer que transmite Alonso, sumerxido nun ambiente enrarecido e con enormes presións por parte da prensa inglesa sobre o equipo Mclaren para encumbrar a cima case pola forza a un falso campión a costa de destronar ao auténtico número un. Confío en que este ano sexa campión Fernando ou algún dos Ferrari e para o ano se Alonso non pode asaltar o asento dos Ferrari que se vaia a BMW e volva sacar a un equipo do anonimato para facelo campión. E Mclaren de novo ao pozo, ahí sera cando vexamos a grandeza de cada un.

PD: Que conste que non pasei a ser fan de Alonso, só que odio todavía máis a Hamilton, xD.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Se você quiser linkar meu blog no seu eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. (If you speak English can see the version in English of the Camiseta Personalizada. If he will be possible add my blog in your blogroll I thankful, bye friend).