martes, 24 de julio de 2007

Retirada de portada de El Jueves

Este país non deixa de sorprenderme. Parece incrible que no século XXI, despois de 30 anos de democracia, se retire unha publicación dunha revista por burlarse, eso sí, de forma pouco elegante, da familia real española. Como xa saberedes, estou falando da retirada da última publicación da revista El Jueves, donde se cachondeaban da medida do goberno para fomentar a natalidade, cunha portada donde aparecía o Príncipe de Asturias en postura comprometida con Letizia. Aquí tedes a portada para quen ainda non a puidestes ver.

Supoño que todos temos claro que a retirada desta publicación supón un claro atentado contra un dos dereitos fundamentais (ese Peru), que se presupoñen en toda democracia, a liberdade de expresión. Ante este suceso eu plantéxome dúas preguntas de sinxela resposta. ¿Ata onde pode chegar a liberdade de expresión? E por outro lado, ¿En España existe plena liberdade de expresión?

Ante a primeira pregunta, a resposta é inmediata; legalmente debe existir plena liberdade de expresión mentres non supoña un atentado contra calquera outro dereito fundamental da persoa implicada, como por exemplo, a dignidade ou se supón unha vexación ou humillación da persoa. Moralmente é moi distinto, os comentarios deben respectar un código moral ou ético que é bastante dependente da sociedade ou cultura que consideremos. Dende este punto de vista, legalmente non é xustificable o secuestro da publicación (por favor, non me digades que é humillante para don Felipe), pero moralmente pode ser censurada a portada por presentar a un membro da familia real nunha postura íntima, e ser tachada de mal gusto. E quero deixar constancia que non son nin monárquico, nin antimonárquico (pélama bastante), pero debe existir un certo respecto para calquera persoa, indepependientemente da súa posición social.

Personalmente, creo que o xoves pasou a fronteira da moralidade, pero tampouco é normal que se produza un secuestro dunha publicación nunha sociedade democrática. Realmente creo que esta revista fixo esta portada coa única intención de crear polémica, como unha forma de provocación como medio de publicidade. Sabían de antemán que ían ser moi críticados e existía certo risgo de que se adoptaran estas medidas, sobre todo despois do lío que se montou coas caricaturas islámicas.

E con respecto a segunda pregunta, a resposta é máis inmediata, está visto que non. Pero esto non é máis que un claro exemplo do lonxe que estamos de separar o moral do legal, e senón acordádemos do que lle pasou a Pepe Navarro ou ao Gran Wyoming. Estes sucesos son máis propios de sociedades precarias donde se utilizaba todo ese rollo do moral como mecanismo de control da sociedade, que dunha sociedade moderna, donde debe ser o dereito quen exerza esta función.

De todas formas o mellor é a nova portada que publicaron para sustituir a polémica portada de arriba. Vendo todo o que pasou, todavía me fai máis gracia que a orixinal. ¡Qué grandes son!



P.D. : Un agradecemente ao profesor Seoane e ao "puto" peruano polas nocións que me aportaron as súas clases sobre dereito e moral. Pido perdón polo de "puto" peruano que non quero que me secuestren este post.

No hay comentarios: