martes, 17 de julio de 2007

11 mellores películas dos últimos 20 anos

Unha das cousas máis divertidas que un pode facer no seu blog e que ademais máis controversia xenera son os rankings. Como ven sabedes son un apaixoado do cine, moito menos do que me gustaría, pero aínda así decanteime por escoller cales son as 11 mellores películas dos últimos 20 anos para min. Restrínxome a esta época histórica por dúas razón moi sinxelas: en primeiro lugar, pola miña incultura do cine máis antigo, o que me provoca bastante pena, e logo porque, ademais de ser o cine que máis puiden disfrutar debido a miña "xuventude", é máis sinxelo escoller dentro dun rango de películas máis limitado, seguramente con maior cantidade pero de menor calidade; vamos que non hai tanto onde escoller.

Como comprenderedes só poño aqueles películas que vin, seguramente queden no tinteiro películas moito mellores pero que non tiven a sorte de disfrutar. Así que pido a vosa colaboración para completar a lista (así ademais xa teño novas pelis que ver). Comecemos xa coa lista das 11 mellores películas e coas razón que as fixeron dignas de entrar na lista:


11. Gladiator

Extraordinaria película dirixida por Ridley Scott e protagonizada por Russell Crowe que recupera o xénero dos romanos e que cautiva e engancha ao espectador. Impecable dirección e estética visual pero quizáis falta de consistencia no guión que conta unha historia excesivamente simple.


10. Los otros

Obra mestra de Alejandro Amenábar que conta coa mellor interpretación de Nicole Kidman. Maltratada por Hollywood e reconocida internacionalmente, trátase dunha película impecable dende o punto de vista artístico, montaxe, interpretación e dirección cun final impresionante que certos "individuos" comparan co forzado final de Sexto Sentido, cando realmente supera a este en tódolos aspectos técnicos e só se asemellan na intención de sorprender ao espectador.

9. Dogville

Ácida crítica da sociedade americana en particular (realemente é extensible a toda a sociedade en xeral) de Lars Von Trier que elimina todo artificio artístico externo para centrarse únicamente na realidade dos feitos que se narran. Película especialmente orixinal que retrata perfectamente as miserias e actitudes máis malévolas da condición humana.

8. Memento

Excepcional película dirixida por Christopher Nolan que rompe co concepto de linealidade que ata daquela perseguía ao cine. Revoluciona a forma de narrar unha historia no cine, comezando polo final e recorrendo cara atrás e de xeito ordenado os acontecementos que desembocan na escea final, ou mellor dito na inicial. Sendo este toque de orixinalidade o que caracteriza a película, non debemos olvidar que sen este recurso a peli rebaixaría un certo grao o seu impacto no espectador, pero mantendo sempre un aceptable nivel global.

7. Matrix

Revoluciona por completo o cine de acción dende o punto de vista estético. A partir de ese momento a maioría de películas deste xénero imitan a estética e as continuas alteracións na velocidade das escenas de acción. Guión relativamente orixinal que permite aos irmáns Wachowski contruír un universo donde a fantasía e a realidade se entremezclan. Ademais dispón de unha excepcional banda sonora que acompaña perfectamente os momentos máis intensos da película. Foi seguido de dúas novas entregas que acabaron por desencatar a maioría de adeptos que gañou esta primeira parte da triloxía.

6. American History X

Escalofriante relato sobre un neonazi que tras saír do cárcere busca recompoñer a súa vida abandoando esos ideais que o afundiron na profundidade. Trátase dunha historia moi cruda con enormes toques de realismo que fan desta película unha obra maestra moi díficil de esquecer. Impresionante interpretación de Edward Norton que impregna a película dun doloroso realismo que conmociona ao espectador. Destaca tamén visualmente cunha fantástica fotografía de contrastes.

E chegamos ao top 5.

5. 21 gramos

Excepcional película de tintes enormemente dramáticos diseñada por un arquitecto na arte de transmitir o sufrimento humano a través de imaxes, Alejandro González Iñarritu. Conta unha serie de historias entrelazadas cunha enorme intensidade e ritmo, ofrecéndonos un desgarrador relato sobre o sufrimento das persoas presentes nestas historias, marcados polas súas maltreitas vidas. Todo elo narrado cun estilo propio de Iñarritu, que enche a pantalla de simbolismo e racha coa liña temporal para facer máis deconcertante e intensas as historias e vidas dos protagonistas. Maxistral interpretación de Naomi Watts, moi ben secundada por Benicio del Toro e Sean Penn.



4. Seven

O expoñente indiscutible dun dos meus xéneros favoritos, a intriga psicolóxica, e especialmente se aborda a complexa mente dos asesinos en serie. Chea de intriga, tensión , desemboca nun final memorable que rezuma calidade e inxenio. Magnífica interpretación do sempre impecable Brad Pitt, ben acompañado nesta ocasión por Morgan Freeman.



3. Lord of the Rings: The return of the king

Apaixoante adaptación da terceira entrega do señor dos aneis de J.R.R. Tolkien. Sen dúbida a mellor das tres películas da triloxía que ademais de contar coa maxia que transmite Tolkien en calquera dos seus libros, da fermosura dos paixases novazelandeses presenta uns efectos especias que adornan as espectaculares batallas polo retorno da paz na Terra Media. Un soño de tódolos fans de Tolkien feito realidade na gran pantalla que transmite perfectamente a heroicidade, a épica, a grandeza debuxada a partir do libro de Tolkien. Gañadora de 11 oscars, forma parte da élite xunto con Titanic e Ben-Hur, gañadores do mesmo número de estatuillas. Fántastica banda sonora que complementa perfectamente o espectáculo visual que nos ofrece Peter Jackson.


2. El padrino III

Que se pode dicir de unha obra de arte do cine. Un perfecto guión diseñado por Coppola que retrata sen articifios as emocións, sentimentos e relacións da familia mafiosa Corleone. Impecable no aspecto técnico, con escenas memorables grabadas na mente dos espectadoras, destaca especialente polas fántasticas interpretacións coas que conta, especialmente Robert de Niro.

1. La lista de Schindler

Crudísimo relato do nazismo que marcou a unha xeración que descoñecía o terror infrinxido por éste. Fantástico relato dende o punto de vista nazi, sen adornos, que amosa con absoluto realismo o infernal sufrimento que se infrinxía nos campos de concentración. Perfecta no aspecto técnico, cunha espectacular fotografía en branco e negro, e todo elo consegue transmitir ao espectador as máis básicas sensacións vividas polos protagonistas desta horrenda masacre. Impresionante interpretación de Liam Neeson. Seguramente a película que mellor retrata a abominación nazi, aínda que moitos digan El pianista.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Por mucho que te excuses al principio, tu lista está llena de flagrantes omisiones ;) como por ejemplo Pulp Fiction, Cadena Perpetua, Uno De Los Nuestros, Braveheart, Sin Perdón, Sospechosos Habituales, Reservoir Dogs, Tesis, Drácula, Desafío Total, Casino, Titanic...y eso que me acuerde ahora...

¡No me digas que no has visto ninguna de estas! :D

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Completamente de acuerdo con melkor.

Además de eso, que carajo pinta American History X en esa lista?
¿No lo entiendo? Las demás, aunque no estoy complatamente de acuerdo pueden tener un pase, pero esta...

Algunas que no he meditado si incluiría en las 11 mejores pero que si son dignas de tener en cuenta:

- La vida es bella
- Todo sobre mi madre
- Abre los ojos
- El viaje de Chihiro
- Pulp Fiction
- BraveHearth
- El club de la lucha
- Memento
- American Beauty
- Trainspotting
- Kill Bill
- Hable con ella

Ahora no me acuerdo de más.

Además señalar Blade Runner, que aunque no soporto y para mi resulta somnífera tengo constancia de que a mucha gente le encanta.

Anarky dijo...

Está claro que hai colores para tódolos gustos e estou dacordo con que hai películas na miña lista que poden ser cuestionar. Pero de ahí a que se deba incluír na miña lista ou en calquera feita por outra persoa, Drácula, Desafío Total, Titanic ...

E con respecto as películas de jaichachu estou de acordo con todas as que me pos e vin, quizáis con excepción de Abre los ojos, que seguramente sexa a menos completa de Amenábar. Por certo Memento xa a teño de oitava e American History X é mellor que El club de la lucha. E comenta en galego ou cando falas conmigo falo en castelán.