jueves, 26 de julio de 2007

Rasmussen dopado. Crónica dun abandono anunciado.

Onte pola noite acosteime coa noticia de que o equipo Rabobank decidía expulsar definitivamente ao corredor Michael Rasmussen do Tour de Francia, cando este era o líder da carreira e tiña prácticamente atada a victoria nesta edición. Alegaban que incumplía o réxime interno do equipo e que lles mentira, pero eu pregunto, ¿Alguén se cree esto?

Analicemos os acontecementos detidamente. Michael Rassmusen, un corredor de segundo nivel, bo escalador pero co que nunca se contaría como favorito para gañar o Tour, realiza unha gran exhibición no seu terreno na primeira etapa de montaña realmente dura. Ata aquí todo normal, de feito trátase dunha hazaña bastante común no corredor danés, que desta forma xa gañara sendas etapas nas dúas edicións anteriores do Tour. Colócase como líder e vése cunha opción inesperada, seguramente única (recordemos que xa ten 33 anos), de ser o gañador final da ronda gala.

Despois de aguntar na seguinte etapa alpina, plántase na contrareloxo de Albi, donde todos esperaban que lle caera unha boa minutada debido as innatas cualidades do danés como escalador, que fan que teña grandes problemas na loita contra o crono (e da súa inutilidade). Sen embargo acaba mantendo o maillot amarelo e apenas perde tempo respecto a contrareloxistas de nivel mundial, como Kloden ou Evans. Certo é que perdeu 3 minutos cun corredor como Vinokourov, supostamente dopado. E neste punto eu pregúntome de novo, ¿Alexander Vinokourov con "gas" só lle mete 3 minutos a Michael Rasmussen sen ningún tipo de axuda? Outra cousa que non se cree ninguén.

Despois de este desmesurado rendimento do corredor danés comezan a aparecer as primeiras sospeitas, avivadas cando a federación danesa de ciclismo decide expulsar ao corredor, impedindo a súa participación nos campeonatos do mundo, por que supostamente o corredor non estaba localizable para realizarlle dous controles antidopaxe en datas próximas ao Tour. Unha estratexia para desastabilizar ao corredor pero con certo trasfondo que alimenta as dúbidas entorno a Rasmussen. E ante estas acusacións o danés só se lle ocorre dicir que andaba entrenando por Mexico e olvidouselle avisar a UCI da súa localización. E por riba resulta que parece ser que fai pouco tempo que se federou en Mexico, donde apenas existe control ao longo do ano en materia de dopaxe. Vamos, que o home xa non sabía donde meterse, ante o acoso da prensa e da opinión pública ante tan extraños acontecementos, que poñían en entredito ao líder do Tour.

Se seguimos avanzando cronolóxicamente, chegamos as etapas pirenaicas, cun bonito duelo entre o español Alberto Contador e Michael Rasmussen. Ante a defensa a ultranza que facía o danés do maillot fronte os ataques de Contador e a medida que avanzaba inexorablemente a carreira cara a súa fin e Michael se acercaba ao seu primeiro Tour, acrecentábase a presión do público e sobre todo da prensa francesa e internacional.

E o martes e mércores saltou todo polo aires. Vinokourov da positivo nun control antidopaxe realizado logo da contrareloxo de Albi e o equipo Astana retírase. Moreni da positivo e o equipo Cofidis retírase. O público abuchea a Rasmussen ante o medo dun novo escándalo no Tour, similar ao acontecido o ano pasado con Landis. Todo este pánico desembocou na retirada do líder do Tour ata ese momento, por segunda vez na historia. Quizáis o Rabobank pensara que era mellor eso que non que un novo escándalo de dopaxe salpicara ao gañador final do Tour e por conseguinte ao equipo, xa que nese caso a trancendencia sería moito maior como se viu no caso Landis, coa desaparición do Phonak. Eles saberán os motivos reales para ter que tomar unha decisión tan drástica, pero por moito que se esforcen en ocultalo sempre estará ligado a un posible caso de dopaxe de Michael Rasmussen.

E só nos queda unha cousa por comentar, ¿cómo afecta esto a Alberto Contador? Primeiro dicir que, ainda que moita xente da por segura a victoria do corredor español tras a retirada de Rasmussen, eu non estaría tan seguro. Certo é que ten vantaxe suficiente para manter o maillot na contrareloxo, tampouco para relaxarse, pero a inexperiencia do español neste tipo de situacións de tanta responsabilidade pode xogarlle unha mala pasada. Esperemos que me equivoque. Por outro lado, en caso de ser o gañador final, esta retirada a tempo de Rasmussen darálle a oportunidade a Contador de saborear a súa victoria no podium de París. A Óscar Pereiro arrebatáronlle tal privilexio e sempre lle quedara unha sensación amarga. No caso de que o Rabobank non tomará a decisión, eu estou convencido de que se repetiría a historia do ano pasado e sería unha pena que de novo se privara a un corredor do placer de disfrutar fronte os Campos Elíseos da victoria no Tour.

De todas formas, arma de dobre fío ser o gañador do Tour de Francia nos tempos que corren. Dende Indurain, por agora, tódolos gañadores do Tour, dunha ou doutra forma, están salpicados pola dopaxe. Esperemos que esto non estropea a prometedora carreira deste corredor de 24 anos.

No hay comentarios: