martes, 24 de julio de 2007

Enorme decepción

Acabo de ler unha nova noticia de dopaxe no ciclismo e creo que esta sí merece ser comentada, polo nome e o que representa no ciclismo este grandísimo corredor, Alexander Vinokourov.


Creo que tódolos amantes do ciclismo estamos de acordo, deixando a parte esta triste noticia, que Alexander Vinokourov é un deses iconos do ciclismo que fai vibrar a toda a afición a este deporte, pola súa calidade e especialmente pola súa actitude agresiva, independientemente da súa condición física sempre gasta o seu último gramo de forza en atacar, como os grandes corredores de antaño. Por esto e sobre todo polo danada que se atopa a imaxe do ciclismo, esta noticia supón unha terrible estocada a un deporte xa de por sí ferido de morte. Esta noticia volve poñer en tela de xuízo a limpeza dos corredores. Volve deixarnos na situación de partida, con rumores e desconfianzas, que parecían haberse esfumado gracias o atractivo Tour de Francia, cheo de alternativas, que nos estaban ofrecendo este ano os ciclistas participantes. Sen embargo aparece este anuncio e todo se derrumba de novo.

O que sí está claro é que non existen os milagres; un corredor que está co xeonllo lastimado non está en condicións de aguantar todos os esforzos que require o Tour. E resulta moi díficil de crer que un ciclista que nunha etapa está prácticamente desfondado, saca nunha contrarreloxo "a súa clase" e consegue darlles unha paliza aos restantes corredores. E logo chega o seguinte día e de novo aparece a súa debilidade. Pero os amantes deste deporte, os seus máis aférrimos defensores, preferimos mirar para outro lado e crer na grandeza do ciclista, na heroicidade dos corredores e negámonos que sexa producto de axudas non lícitas.

E aquí non acaba todo, por agora deu positivo Vinokourov, pero hai moitos corredores que están facendo oposición para sembrar a duda sobre o seu rendimento neste Tour e outros que xa están en tela de xuízo dende fai tempo. Cando existen corredores tan superiores sobre o resto, un certa duda aparece ainda que prefiramos mirar para outro lado. Precedentes existen.


De todas formas, ogallá todo sexan imaxinacións miñas e se poida erradicar dunha vez esta lacra do deporte en xeral. Díficil se plantexa o futuro para este deporte, cun enorme nubarrón ceñido sobre el.

2 comentarios:

Iago Porto dijo...

>> "pero hai moitos corredores que están facendo oposición para sembrar a duda sobre o seu rendimento neste Tour e outros que xa están en tela de xuízo dende fai tempo"

Móllate! Queremos nomes! xD

Bo traballo co blog. Vou empezar a seguilo habitualmente. Un saúdo!

Anarky dijo...

Se queres nomes aquí os tes: Michael Rasmussen, Alberto Contador, Levi Leipheimer, Alejandro Valverde, ...