jueves, 26 de julio de 2007

HAL 9000

Tódolos amantes do cine de ciencia ficción recordamos unha das grandes películas deste xénero, 2001: Una odisea en el espacio dirixida polo sempre desconcertante Stanley Kubrick. Pois o outro día, non sei moi ben a conto de qué, un compañeiro acabou por contarme unha anécdota moi interesante respecto desta película que, seguramente, moitos de vós xa a teredes escoitada, pero para o resto da xente deixo constancia dela neste post.

Un dos elementos máis novedosos e chamativos desta película, era o supercomputador HAL 9000, que se encargaba de controlar tódolos aspectos técnicos da nave e interactuaba cos humanos que viaxaban a bordo do Discovery. Dende un primeiro momento, as siglas HAL foron identificadas coa expresión "Heuristic ALgorithmic Computer", o cal ten perfecto sentido tendo en conta a natureza do supercomputador. Sen embargo, resulta cando menos curioso que estas letras sexan as inmediatamente anteriores de IBM. De ahí a controversia que surxiu entorno ao nome da máquina.

Para non desvelar ningún detalle do argumento da película só dicirvos que xa avanzada a trama sucédense unha serie de acontecementos que desembocan en certos comportamentos non recomendables do sistema. Kubrick quería que este supercomputador da película fora na ficción un ordenador da empresa IBM, pero tras falar con responsables de ésta, IBM negouse a ofrecer a súa marca a un supercomputadora que presentaba os comportamentos que antes citaba, xa que constituía unha nefasta publicidade para a empresa. Ante esta negativa, decidiuse nomealo como HAL, que mantén unha curiosa dualidade coa siglas IBM.

P.D. : Resulta que HAL 9000 ten un xemelgo chamado SAL 9000. ¿Terán algún significado oculto tamén estas siglas? Haberá que investigalo.

1 comentario:

Peque dijo...

Interesante anecdota