miércoles, 18 de julio de 2007

Radler

Este post vai dedicado a todos aqueles que sempre me preguntades como se pode estar vendo durante 4, 5 ou 6 horas unha etapa de ciclismo. Aparte do interés que me desperta a propia carreira, na maioría de ocasión máis que unha retransmisión deportiva, aquelo se convirte nun show protagonizado pola parella cómica do momento: Carlos de Andrés e Perico Delgado. Gracias a ambos por amenizar as carreiras.

O outro día, nunha desas etapas sen demasiada historia, Carlos de Andrés contou a historia da "clara". Supoño que todos coñeceredes este término, que normalmente identifica a mezcla entre cerveza e gaseosa aínda que tamén pode ser mezclada, e de feito é preferible, con limón. Como supoño que a maioría de vos non disfrutasteis desta anécdota, aquí reproduzo como comezou a historia dunha das bebidas máis refrescante do verán.

Franz Xaver Kugle era propietario dunha especie de restaurante denominado Kugler Alm na comarca de Oberhaching ao sur de Munich. Este lugar era moi frecuentado por ciclistas (Fah rad fahrern, de forma coloquial no dialecto alemán desa zona : Radler), moi aficionados a cervexa alemana. Un día de Xunio de 1922, debido a unha gran afluencia de ciclistas coa que Franz non contaba, comezou a acabarselle a provisíon de cervexa. Entón, desesperado, decidiu mezclar a cervexa que ainda lle quedaba con limón para que durará unha maior cantidade de tempo. Esta mezcla agradou aos asistentes e comezou a gañar popularidade co tempo, pasándose a denominar Radler en Alemaña.


PD: Teño que investigar por que se chama clara en España.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Interesante o da clara. A verdade é que algunha vez mo preguntara, pero o meu interese non foi máis alá e non o busquei.

En canto o do ciclismo como xa che dixen xa vin uns cuantos tours de Fracia e agora xa non me engancha tanto coma antes. Quizáis algunha estapa de montaña nos últimos kilómetros. Aínda tendo como aliciente esta parella de comentaristas (que penso que tampouco aportan tanto dado o número de horas de retransmisión).

Anarky dijo...

Comprendo que é moi complicado para a maioría de xente tragarse 5 horas de retransmisón dunha etapa de ciclismo, pero unha vez aprecias a fermosura dese deporte podes disfrutar dela aderezada cos comentarios culturales, frikis e graciosos dos dous comentaristas.

Seguro que a xente tampouco pode entender como nos podemos pasar un día xogando ao pro, pero sen embargo nos disfrutamos. Pois co ciclismo é unha sensación similar.