viernes, 6 de julio de 2007

Transformers -> Megan Fox

Acabo de saír do cine despois de ver ese tipo de películas coas que tanto disfruto, especialmente por que dan moito xogo para logo criticalas neste blog. Por suposto, trátase de Transformers do grandísmo Michael Bay.


No vou soltar unha "parrafada" infinita explicando tódolos detalles da película, primeiro por que é moi tarde e estou canso e logo por que non quero desvelar contidos da trama. O primeiro que teño que dicir desta película é que me deixou totalmente indiferente, é dicir, trátase dunha nova patraña patética do señor Bay, que a medida que aumenta o nivel de tecnloxía no cine se converten en maiores fantasmadas. Como é lóxico non tiña pensado ver unha gran obra mestra, polo tema da película e polo director, que xa o vamos coñecendo. Non se podía esperar gran cousa duns robots alieníxenas que se transforman en coches para pasar desapercibidos e logo se retransforman en androides xigantes capaces de destruír todo o que atopen por diante. Pero unha cousa é que teñas compricado facer unha película medianamente decente con este argumento e outra cousa é que ademais te cargues tódolos posibildades que che otorga unha historia tan propensa a acción.

Ademais de ter un guión pésimo combinado cunha pésima dirección e actuacións lamentables, como xa era de agardar, a película sigue a mesma estructura que o señor Bay debe considerar a clave do seu éxito: contar unha historia de amor entre disparos, explosión e todo tipo de artiluxios, vehículos, ... grabados de forma maxistral coa cámara xiratoria de Bay e todo aderezado con efectos "estrambóticos" demasiado subrealistas para ser considerados serios (a maior parte da peli pásala rindote das tremendas fantasmadas que se van sucedendo). E por riba os efectos están demasiado concentrados no treito final do film, resultando especialmente aburrido o resto da trama, especialmente cando se centra na historia de amor excesivamente presente para o meu gusto como sempre (se quere que se poña a dirixir 24 en plan anatomía de gray a ver que lle sae). E xa para rematar unha cousa coa que case nunca me meto nas películas deste gran director, a banda sonora. Neste caso a selección das canción para determinadas escenas presenta bastantes carencias aínda que non pode faltar a música épica cando todo parece perdido e os protagonistas recurren ao seu amor para sacar forzas e loitar frente o mal.

En resumo, mal tódolos aspectos técnicos, de dirección, de actuación, de guión,...Os efectos especiais relativamente ben logrados pero excesivamente levados ao límite e demasiado pasteleo en xeral. Por tanto, claro suspenso, pero non tan escandaloso como Pearl Harbor. Sálvase gracias a aparición de dúas preciosidades, Rachael Taylor e especialmente Megan Fox. Gran casting, xD.


Impresionante me imaxino. Aquí vos deixo dous links para que vexades unha completa selección de fotos desta atractiva actriz, portada de fhm e maxim nos últimos meses. Non creo que teñamos problema en atopar máis fotos súas.

No hay comentarios: